Identifying Data 2023/24
Subject (*) Galician Language: Rules and Uses Code 613G02038
Study programme
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Obligatory 6
Language
Galician
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Letras
Coordinador
López Viñas, Xoán
E-mail
xoan.lopezv@udc.es
Lecturers
López Viñas, Xoán
E-mail
xoan.lopezv@udc.es
Web
General description Estudo das relacións entre lingua, norma e usos no nivel oral e escrito e a súa plasmación na lingua galega, con atención a aqueles aspectos máis singulares que se producen nos diferentes planos da lingua.

Study programme competencies
Code Study programme competences
A1 Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria.
A2 Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual.
A4 Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega.
A9 Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa.
A10 Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións.
A15 Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica.
A21 Dominar a gramática da lingua galega.
A23 Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega.
A25 Coñecer a variación lingüística da lingua galega.
A29 Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía.
B1 Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información.
B2 Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas.
B3 Adquirir capacidade de autoformación.
B4 Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno.
B5 Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas.
B7 Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico.
B8 Apreciar a diversidade.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
A10
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A2
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. A4
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. A9
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. A15
Dominar a gramática da lingua galega. A21
Coñecer a situación sociolingüística da lingua galega A23
Coñecer a variación lingüística da lingua galega A25
B8
Ter coñecementos de terminoloxía e neoloxía A29
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. B1
B3
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. B4
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. B2
B5
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. B7
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. C1
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. C4
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. C7

Contents
Topic Sub-topic
1. Norma, usos e variación 1.1. O concepto de norma e o seu valor simbólico
1.2. Usos lingüísticos
1.3. O proceso de estandarización da lingua galega
1.4. A variación lingüística no galego actual
1.5. A linguaxe técnica e especializada
2. Norma, modelos de lingua e desvíos 2.1. Modelos de lingua: oral/escrita, popular/culta, urbana/tradicional etc.
2.2. Arcaísmos, dialectalismos, vulgarismos
2.3. Españolismos e pseudogaleguismos
2.4. Empréstimos, neoloxía e terminologia
3. Norma e calidade lingüística 3.1. A necesidade dun uso modelar da lingua galega: a calidade lingüística
3.2. Aspectos ortográficos e fonéticos
3.3. Aspectos morfosintácticos
3.4. Aspectos léxico-semánticos
3.5. Aspectos pragmático-textuais

Planning
Methodologies / tests Competencies Ordinary class hours Student’s personal work hours Total hours
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A4 A15 21 10 31
Workshop A1 A29 B1 B7 29 10 39
Workbook A23 A25 B8 0 21 21
Supervised projects B1 B2 B3 C4 C7 0 30 30
Oral presentation A4 B4 C1 1 5 6
Mixed objective/subjective test A1 A9 A10 A21 B5 0 20 20
 
Personalized attention 3 0 3
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas na materia.
Workshop Nestas sesións presenciais, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Entre estas actividades contémplanse, alén doutras, a análise de fontes documentais, comentarios de textos, a resolución de problemas, exercicios varios etc.
Workbook Cada estudante deberá facer ao longo do curso unha serie de lecturas obrigatorias que serán seleccionadas polo profesor.
Supervised projects Cada estudante deberá elaborar un traballo dirixido polo profesor e escollido entre varios temas propostos no inicio do curso. Con este traballo, de que derivará unha presentación oral, preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e o manexo de fontes documentais de diverso tipo.
Oral presentation Exposición oral en que cada estudante explicará a metodoloxía, desenvolvemento e resultados da pesquisa realizada no "Traballo Tutelado".
Mixed objective/subjective test Proba escrita en que se deberán mostrar os coñecementos e as competencias adquiridas. Esta proba realizarase na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía.

Personalized attention
Methodologies
Oral presentation
Workshop
Supervised projects
Description
Ao lado do labor de titorización realizado no horario de atendemento marcado polo profesorado, presencial ou telematicamente a través de Teams ou e-mail, a atención personalizada estará dirixida especialmente para o apoio á realización do "Traballo Tutelado" e da "Presentación oral" e tamén para as sesións prácticas do "Obradoiro". De maneira xeral, cada estudante asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición do traballo.

Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A1 A9 A10 A21 B5 Na PROBA MIXTA ESCRITA avaliaranse os contidos e as competencias adquiridas na materia. Esta proba realizarase na data, hora e lugar estabelecidos no calendario oficial de exames da Facultade de Filoloxía. 60
Oral presentation A4 B4 C1 Na PRESENTACIÓN ORAL derivada do "Traballo Tutelado" avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais), a calidade da lingua e os recursos expositivos empregados polo alumnado. 10
Workshop A1 A29 B1 B7 Nas sesións de OBRADOIRO realizaranse actividades prácticas avaliábeis derivadas das SESIÓNS MAXISTRAIS (análise e corrección de textos, estudo de fontes documentais, comentarios de lecturas etc.) e tamén se avaliarán a asistencia e a participación. 20
Supervised projects B1 B2 B3 C4 C7 No TRABALLO TUTELADO porase en valor fundamentalmente a profundidade e o rigor da pesquisa, a clareza expositiva e a calidade expresiva. 10
 
Assessment comments

Cuestións xerais:
1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir globalmente unha cualificación igual ou superior a 5 puntos sobre 10. Na proba mixta terá de obter como mínimo 5 puntos sobre 10 para poder sumar os restantes elementos de avaliación.

2. O alumnado terá de entregar os traballos e actividades no prazo fixado, os cales deberán seguir as pautas marcadas en cada caso, polo que se se entregaren fóra de prazo ou non cumpriren as pautas non serán obxecto de avaliación. Así mesmo, todos os traballos e actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal etc.); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento Exixencias mínimas de corrección lingüística (aprobado pola Sección Departamental de Galego-Portugués no día 06/07/2018 e pendurado no Campus Virtual no inicio do curso).

3. O alumnado con matrícula parcial e/ou dispensa académica oficial concedida deberá realizar e entregar as mesmas probas e exercicios que o restante estudantado, polo deberá contactar co profesorado da materia para adaptar as actividades presenciais.

4. Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na 1.ª oportunidade, salvo as actividades prácticas presenciais que pasarán a ser substituídas por outras similares e que se entregarán nos prazos marcados polo profesor. No caso da "Presentación oral", marcarase un día para a súa realización.

5. De haber convocatoria adiantada de decembro, serán aplicados idénticos principios de avaliación que na 2.ª oportunidade.

6. A cualificación de NON PRESENTADO/A será considerada cando o alumnado non se presentar á "Proba mixta" e non entregar ningunha das actividades contempladas na avaliación.

7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas de apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).

8. Calquera falta de honradez académica (copia, plaxio, utilización de material non orixinal ou ideas doutras autorías sen indicación expresa da súa procedencia etc.), tanto na realización de traballos como na proba mixta, será penalizada de acordo co estipulado nas “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” e no “Regulamento disciplinar do estudantando da Universidade da Coruña”. Así, o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se producir na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, modificarase a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se for necesario. Para detectar o plaxio ou o uso de intelixencia artificial nas actividades poderán empregarse aplicacións informáticas como Turnitin.

9. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia será incorporada a perspectiva de xénero: usarase linguaxe non sexista, utilizarase -na medida do posíbel- bibliografía de persoas de diferentes identidades de xénero, propiciarase a intervención de alumnos e de alumnas na aula... Alén disto, serán fomentados os valores do respecto e da igualdade, e non será aceptadas nin a reprodución de prexuízos nin as actitudes discriminatorias. Finalmente, se foren identificadas situacións de discriminación por razón de xénero, serán propostas accións e medidas concretas para corrixilas.


Sources of information
Basic Freixeiro Mato, X. R. (2013). Estilística da Lingua Galega. Vigo: Xerais
López Viñas, X. / Lourenzo Modia, C. / Moreda Leirado, M. (2010). Gramática práctica da lingua galega. Comunicación e expresión. A Cpruña: Baía Edicións
Freixeiro Mato, X. R. (2020). Idioma e sociedade. Sobre normalización e planificación da lingua galega. Santiago de Compostela: Laiovento
Freixeiro Mato, X. R. (2009). Lingua de calidade. Vigo: Xerais
Sánchez Rei, X. M. (2011). Lingua galega e variación dialectal. Santiago de Compostela: Laiovento
Sánchez Rei, X. M. (coord.) (2014). Modelos de lingua e compromiso. A Coruña: Baía Edicións
Mateus, M. H. Mira / Cerdeira, (2007). Norma e Variação. Lisboa: Caminho
Álvarez, R. / Monteagudo, H. (eds.) (2005). Norma lingüística e variación. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega / Instituto da Lingua Galega
RAG / ILG (2003). Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Coruña: RAG / ILG
Sanmartín Rei, G. (2009). Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación. Vigo: Xerais
Vidal, P. (2010). O debate normativo da lingua galega (1980-2000). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Alonso Pintos, S. (2006). O proceso de codificación do galego moderno (1950-1980). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza
Kabatek, J. (2000). Os falantes como lingüistas. Tradición e innovación no galego actual. Vigo: Xerais
Lagares, X. / Bagno, M. (orgs.) (2011). Políticas da norma e conflitos linguísticos. São Paulo: Parábola
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2012). Sobre a calidade da nosa lingua. A Coruña: UDC
Freixeiro Mato, X. R. (2018). Sobre historiografia gramatical e codificación lingüística (1955-1971). A Coruña: UDC / Grupo ILLA

Complementary Bagno, M. (2005). A norma oculta. Língua & poder na sociedade brasileira. São Paulo: Parábola
Sanmartín Rei, G. (coord.) (2012). Criterios para o uso da lingua. A Coruña: SNL da UDC
Bagno, M. (2001). Dramática da língua portuguesa. Tradição gramatical, mídia & exclusão social. São Paulo: Edições Loyola
Freixeiro Mato, X. R. (2006). Gramática da Lingua Galega (4 vols.). Vigo: A Nosa Terra

Proporcionarase máis bibliografía específica para cada tema.


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments


(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.