Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A3 |
Coñecer as correntes teóricas da lingüística e da ciencia literaria. |
A4 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua galega. |
A5 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua española. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A14 |
Ser capaz para identificar problemas e temas de investigación no ámbito dos estudos lingüísticos e literarios e interrelacionar os distintos aspectos destes estudos. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquirir e organizar novos coñecementos (integrándoos nos xa posuídos) sobre o funcionamento da linguaxe e das linguas, tanto no que atingue á súa estrutura interna como nas súas dimensións cognitiva, social, aplicada, ... |
A3 A11 A14 A15
|
B1 B3 B5 B7
|
C6 C7 C8
|
Interpretar os textos científicos e divulgativos da lingüística, e relacionar os diferentes contidos tratados. Adquirir novo coñecemento a partir da súa lectura, integrándoo de maneira crítica. |
A1 A2 A3
|
B3 B7
|
C6
|
Buscar e seleccionar información sobre a linguaxe e as linguas. |
A3
|
B1 B3 B5 B7
|
C6
|
Utilizar diferentes metodoloxías e técnicas habituais no estudo da linguaxe. |
A1 A3 A11 A15
|
B5
|
C3 C6 C8
|
Analizar a estrutura das linguas nos seus diferentes niveis. |
A1 A15
|
B2 B6 B7
|
C3
|
Analizar a linguaxe nas súas dimensións cognitiva, social, psicolóxica, ... |
A1 A3 A11
|
B2 B3 B5 B7 B9
|
C3 C6 C8
|
Sintetizar, relacionar e elaborar xeneralizacións a partir dos datos dispoñibles, de forma selectiva, para a resolución de problemas lingüísticos. |
A1 A3
|
B2 B5 B7 B9
|
C3 C6 C8
|
Organizar e expor contidos relativos á linguaxe, as linguas e a comunicación de forma organizada e argumentada, seguindo as pautas aceptadas no campo. |
A4 A5 A6 A9 A10 A11
|
B1 B2 B4 B9 B10
|
C1 C2 C6
|
Utilizar modos argumentativos e formas de traballo característicos da ciencia lingüística. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A10 A11
|
B2 B7 B10
|
C1 C2 C4 C7
|
Analizar e comentar textos e discursos utilizando apropiadamente as técnicas de análise. |
A1 A2 A10 A11 A15
|
B4
|
C1
|
Traballar cooperativamente na resolución de problemas de carácter lingüístico. |
A10 A14 A15
|
B3 B4 B6 B7
|
C3 C6
|
Afrontar sen prexuízos os novos coñecementos sobre a linguaxe, as linguas e a diversidade lingüística, así como as novas perspectivas e métodos. |
A1 A11
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10
|
C7 C8
|
Seguir e integrar sen prexuízos os avances doutras disciplinas que axuden ao progreso da lingüística, tanto na súa dimensión teórica como na aplicada. |
|
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contribuír ao desenvolvemento científico e social aplicando as competencias adquiridas. |
A15
|
B9 B10
|
C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A natureza da linguaxe e a lingüística. |
1.1. Características xerais da linguaxe.
1.2. Linguaxe, lingua, fala.
1.3. Competencia(s) e actuación.
1.4. As dimensións estrutural, social e cognitiva da linguaxe e as linguas.
1.5. Como estudar a linguaxe. |
2. A comunicación. |
2.1. Definición, elementos e procesos da comunicación.
2.2. Sistemas de comunicación: linguaxe humana e linguaxes dos animais.
2.3. As orixes da linguaxe e das linguas.
2.4. Modos de comunicarse/canais de comunicación: a oralidade, a escrita, a dactilografía; linguas xestuais e tactis. |
3. Linguaxe, mente e cerebro. |
3.1. Conceptos básicos. A psicolingüística e a neurolingüística.
3.2. Lateralización e localización da linguaxe.
3.3. Patoloxías lingüísticas.
3.4. Adquisición da linguaxe e aprendizaxe das linguas. |
4. Os sons das linguas. |
4.1. Son lingüístico, fonema e alófono. A fonética e a fonoloxía.
4.2. Fonación, articulación e acústica dos sons lingüísticos.
4.3. Representación gráfica e clasificación dos sons lingüísticos.
4.4. Métodos de análise e estudo do son lingüístico.
4.5. Trazos suprasegmentais: melodía, ton e entoación.
4.6. Os sistemas fonolóxicos. |
5. Da palabra ao discurso. |
5.1. A forma das palabras. A morfoloxía.
5.2. A estrutura da oración. A sintaxe. |
6. O significado. |
6.1. O significado lingüístico. A semántica.
6.2. Significado, intención e contexto; a interpretación. A pragmática. |
7. Unidade e diversidade das linguas. |
7.1. Lingua e sociedade. A sociolingüística.
7.2. Universais e tipoloxía lingüística. |
8. Aplicacións da lingüística. |
8.1. Para que serve a lingüística?
8.2. A lingüística noutros campos científicos: o desenvolvemento científico e tecnolóxico.
8.3. Lingüística e desenvolvemento social. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 A2 A3 A9 A10 A11 A14 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
0 |
30 |
30 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
32 |
16 |
48 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 |
0 |
8 |
8 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A10 A11 A14 A15 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
28 |
28 |
56 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
0 |
7 |
7 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
As lecturas proporcionaranlle ao estudante a maior parte dos contidos do curso, e deberá facer unha ou varias por cada tema. O/a estudante deberá presentar na aula as dúbidas que lle xurdan: o profesor/a tentará resolvelas ben directamente, ben utilizándoas como base para actividades de estudo de caso, seminario, discusión dirixida, solución de problemas... que leven á súa aclaración.
Ademais, o profesor/a poderá entregarlles aos alumnos/as (individual ou colectivamente) lecturas complementarias de extensión variable, así como suxestións para a ampliación voluntaria de contidos. |
Obradoiro |
Denominamos así a combinación coordinada de varias metodoloxías das aquí recollidas cun obxectivo común a respecto dun tema ou cuestión: minidebates; textos complementarios; actividades prácticas en grupo; análise contrastiva de propostas de diferentes autores ou momentos históricos; traballo individualizado ou grupal sobre un tema proposto polo profesor/a ou polos/as estudantes; ou outros tipos de actividades formativas que poidan verse oportunas. Isto farase de forma secuencial e combinada, co propósito único de adquirir determinados contidos e desenvolver certas competencias. |
Proba mixta |
O alumnado realizará unha proba mixta final de tipo teórico e aplicado nas datas oficiais establecidas (xaneiro e xullo). Durante o curso realizarase unha proba mixta parcial liberatoria de contido para a proba mixta final. Na proba mixta final o alumnado examinarase dos contidos non superados ou non examinados. |
Sesión maxistral |
Haberá unha sesión maxistral de 120 minutos cada semana. Dependendo do tema e/ou do docente, consistirá na exposición por parte deste dunha selección de contidos, ben por iniciativa propia ou a proposta dos estudantes, sexa para aclarar dúbidas sobre contidos recollidos nas lecturas, sexa para corrixilos ou para tratar outros novos. |
Traballos tutelados |
Os alumnos/as deberán realizar algunhas actividades prácticas ou de busca de información seguindo instrucións específicas do profesor/a e: cando este o determinar, controlarase o seu traballo en certas etapas (planificación inicial, estratexia de traballo...). O obxectivo é que o/a estudante desenvolva dinámicas e prácticas de traballo axeitadas e/ou propias do ámbito de coñecemento lingüístico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba mixta |
Obradoiro |
Lecturas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada desenvolverase fundamentalmente nas titorías individuais ou grupais. Estas realizaranse presencialmente ou por videoconferencia (segundo considere oportuno o/a docente), e poderán ser por iniciativa do profesor/a ou do/a estudante.
Aconséllase que o/a estudante solicite sen dilación unha titoría co profesor/a cando queira abordar dúbidas ou cuestións que non poden tratarse na aula. Tamén se aconsella que acorde previamente a titoría por correo electrónico, para ter garantida a dispoñibilidade do docente. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B10 C1 C2 C4 C8 |
Proba escrita que o/a estudante realizará ao rematar o cuadrimestre, nas datas oficiais marcadas polo centro. |
50 |
Obradoiro |
A1 A2 A3 A4 A5 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Comprende toda a actividade ordinaria do estudante desenvolvida na aula e fóra dela. Porcentaxe non real: lea as observacións; avalíase no apartado de "Asistencia, participación e desempeño" do estudante ao longo do curso. |
5 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A4 A5 A6 A9 A10 A11 A14 A15 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Cada estudante deberá realizar dúas ou tres actividades avaliables ao longo do curso. |
40 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A10 A11 A14 A15 B3 B4 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 C6 C7 C8 |
Comprende a actividade ordinaria do estudante durante as sesións maxistrais e a actividade preparatoria previa. Porcentaxe non real: lea as observacións; avalíase no apartado de "Asistencia, participación e desempeño". |
5 |
|
Observacións avaliación |
1. A CUALIFICACIÓN FINAL DA 1.ª OPORTUNIDADE (xaneiro
2024) responderá ao seguinte reparto porcentual: 1.1. Un 50% obterase
pola PROBA MIXTA ESCRITA. Celebrarase unha proba mixta escrita (exame) no mes
de xaneiro, na data oficial de exame da materia: é imprescindible acadar unha
cualificación mínima de 4.00 puntos nesta proba para superar a materia. Durante o
curso celebrarase unha proba parcial eliminatoria de contido: está prevista entre
o 10 e o 30 de novembro, e quen obteña un mínimo de 4.00 puntos non deberá
examinarse deses contidos na proba final oficial do mes de xaneiro. 1.2. Un 40% obterase da
realización de DÚAS OU TRES ACTIVIDADES —individuais ou grupais, presenciais ou
non— ao longo do curso. As actividades deben entregarse no momento, na forma e
no soporte fixados polo profesor/a. 1.3. Un 10% responderá á
ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. 1.4.a. Os/as estudantes que teñen unha dispensa académica oficial (DAO) recibirán un 50% da súa cualificación pola realización
da PROBA MIXTA ESCRITA, e outro 50% pola realización das dúas ou tres
ACTIVIDADES avaliables. 1.4.b. Os/as estudantes repetidores/as recibirán por defecto un 50% da súa cualificación pola realización
da PROBA MIXTA ESCRITA, e outro 50% pola realización das dúas ou tres
ACTIVIDADES avaliables. Se desexan que se lles computen a asistencia
e a participación (asistirán regularmente ás aulas) e acollerse ao reparto do estudantado de primeira matrícula (50%+40%+10%),
deben comunicalo ao profesor/a coordinador da materia na primeira quincena do curso. Nese
inicio de curso quedará
tamén establecido en que grupo se encadra cada alumno/a
repetidor. 1.5. A materia
poderá ser adaptada ao alumnado que precise da adopción de medidas de
apoio á diversidade, consonte ás indicacións da Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/),
coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade.
Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal). En todo caso, quen solicitou que se lle recoñeza a
condición de estudante con adaptación e aínda non se lle comunicou a decisión,
debe informar ao coordinador da materia (manuel.fernandez.ferreiro@udc.gal). 1.6. Superará a materia quen obteña unha cualificación
media mínima global de 5.00, logre un mínimo de 4.00 puntos na parte da proba
mixta escrita, e entregue polo menos dúas actividades avaliables. 2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO (xullo 2024): 2.1. Consérvanse as
cualificacións das probas e actividades superadas na 1.ª oportunidade. 2.2. Quen deba realizar
o exame (proba mixta escrita), farao no día oficial (véxanse as datas
definitivas na web ou no taboleiro oficial da Facultade). Examinarase
obrigadamente dos contidos parciais nos que non acadara un 4.00. 2.3. Realizaranse a/s
actividade/s nas que non acadara un 5.00 (poden ser diferentes das realizadas
en xaneiro). Estarán dispoñibles en Moodle ao rematar o período de exames do
segundo cuadrimestre. 2.4. Aos estudantes que
non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5.00 puntos
no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte
reparto porcentual en xullo: (a) proba mixta escrita, 50%; (b) actividades ou
tarefas avaliables, 50%. 3. OPORTUNIDADE DE AVALIACIÓN ADIANTADA (decembro 2023) 3.1. Poden presentarse a
esta oportunidade só estudantes cuns poucos créditos pendentes para rematar a
titulación. Consúltese a documentación pertinente na web
da UDC. 3.2. Realizarase a avaliación
exclusivamente mediante unha PROBA MIXTA ESCRITA de carácter teórico-práctico,
pola que se outorgará o 100% da cualificación. 4. CUALIFICACIÓN DE NON
PRESENTADO. Recibirán
cualificación de Non Presentado (N.P.) aquelas persoas que: (a) non se
presenten a ningunha das probas mixtas escritas oficiais (ou os seus parciais)
e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables. ________________________________________ NOTA. A fraude académica é absolutamente inaceptable. O profesor/a poderá utilizar ferramentas de busca e
anticopia (entre elas Turnitin) para detectar plaxios nos materiais que
desenvolvan os/as estudantes durante o curso. De atopárense coincidencias que
exceden o razoable, terá consecuencias na súa cualificación: desde a minoración
da cualificación ou o suspenso no traballo específico, ata a cualificación global de
suspenso na materia. Lémbrase a este respecto que o Regulamento disciplinar do estudantado da UDC recolle que a fraude
académica é unha falta grave ou moi grave, e establece as sancións para estes
casos: véxanse, entre outros, os artigos 10.3.f e 11.4.b (https://sede.udc.gal/services/electronic_board/EXP2023/007335).
Lémbrase que o mesmo Regulamento prohibe
a gravación, uso e distribución indebidos dos materiais utilizados nas materias:
non se poderán gravar ou distribuír por medio algún os materiais escritos e audiovisuais
utilizados na materia, con propósitos alleos aos propios dela.
A expresión escrita e a oral serán sempre axeitadas. A falta de corrección
ortográfica, de estilo e/ou de adecuación expositiva reflectirase negativamente
nas cualificacións.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As
lecturas obrigatorias de curso recóllense en Moodle. Alí tamén se
atopan outros recursos (lecturas complementarias, materiais
audiovisuais e na internet etc.) para profundar na materia.
Manuais e obras
introdutorias Bernárdez,
Enrique (2018). ¿Qué son las lenguas? (2.ª edición).
Madrid: Alianza.
Bruhn
de Garavito, Joyce, & Schwieter, John W. (eds.) (2021).
Introducing Linguistics. Theoretical and Applied Approaches.
Cambridge / New York, NY: Cambridge University Press. (*)
Escandell
Vidal, María Victoria (2014). La comunicación. Lengua, cognición
y sociedad. Madrid: Akal.
Escandell
Vidal, María Victoria (coord.) et al. (2011). Invitación a la
lingüística. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces
/ UNED. [Esta obra é case idéntica a Escandell Vidal 2014].
Escandell
Vidal, M. Victoria (coord.) et al. (2014). Claves del lenguaje
humano. Madrid: Editorial Centro de Estudios Ramón Areces /
UNED. (***)
Fasold,
Ralph W., & Connor-Linton, Jeff (eds.) (2014). An Introduction
to Language and Linguistics (2.ª
edición). Cambridge: Cambridge University Press. (***)
Fromkin,
Victoria, Rodman, Robert, & Hyams, Nina (ed.) (2000). An
Introduction to Language (11.ª
edición). Boston, MA: Cengage. (*)
Genetti,
Carol (ed.) (2019). How Languages Work. An Introduction to
Language and Linguistics (2.ª
edición). Cambridge: Cambridge University Press. (***)
López
García, Ángel et al. (1994). Lingüística general y aplicada.
València: Universitat de València. (*)
O’Grady,
William, Dobrovolsky, Michael, & Katamba, Francis (1997).
Contemporary Linguistics. An Introduction. London / New York,
NY: Longman. (**)
Ramallo,
Fernando et al. (eds.)
(2000). Manual de ciencias da linguaxe. Vigo: Edicións
Xerais. (*)
Tusón
Valls, Jesús (2007). Introducción al lenguaje. Barcelona:
Universitat Oberta de Catalunya. [Orixinal en catalán: 2003.] (*)
Yule,
George (2020). The Study of Language (7.ª
edición). Cambridge: Cambridge University Press. [Existe
tradución ao castelán da 3.ª edición en inglés de 2006: El
lenguaje. Madrid: Akal, 2007]. (***)
Obras
de referencia (dicionarios, enciclopedias…)
Alcaraz
Varó, Enrique, & Martínez Linares, María Antonia (2004).
Diccionario de lingüística moderna (2.ª edición).
Barcelona: Ariel. (***)
Brown,
Keith (ed.) (2006). Encyclopedia of Language and Linguistics;
14 vols. Amsterdam / Boston, MA: Elsevier. (*)
Crystal,
David (2000). Diccionario de lingüística y fonética.
Barcelona: Octaedro. [Orixinal en inglés: A Dictionary of
Linguistics and Phonetics (4th
edition). Oxford: Blackwell, 1997. Hai unha 6.ª edición
revisada de 2008 en inglés]. (***)
Crystal,
David (1994). Enciclopedia del lenguaje de la Universidad de
Cambridge. Madrid: Taurus. [Orixinal en inglés: 1987]. (***)
Crystal,
David (2010). The Cambridge Encyclopedia of Language (3.ª
edición). Cambridge: Cambridge University Press. (***)
Moreno
Cabrera, Juan Carlos (1998). Diccionario de lingüística
neológico y multilingüe. Madrid: Síntesis.
Moreno
Cabrera, Juan Carlos (2003). El universo de las lenguas:
clasificación, denominación, situación, tipología, historia y
bibliografía de las lenguas. Madrid: Castalia.
Moreno
Cabrera, Juan Carlos (2021). La clasificación de las lenguas
(= Claves de la Lingüística). Madrid: Editorial Síntesis.
Trask,
R. L. (1997). A Student’s Dictionary of Language and
Linguistics. London: Arnold. (*) |
Bibliografía complementaria
|
|
Outros manuais e obras introdutorias Alonso-Cortés,
Ángel (2002). Lingüística. Madrid: Cátedra. Alvar,
Manuel (ed.) (2001). Introducción a la lingüística española.
Barcelona: Ariel.
Aronoff,
M., & Rees-Miller, J. (eds.) (2018). The Handbook of
Linguistics (2nd edition). Hoboken, NJ:
Wiley-Blackwell.
Bernárdez,
Enrique (2008). El lenguaje como cultura. Una crítica del
discurso sobre el lenguaje. Madrid: Alianza Editorial. Bernárdez,
Enrique (2016). Viaje lingüístico por el mundo: iniciación a la
tipología de las lenguas. Madrid: Alianza Editorial. Cabeza
Pereiro, María del Carmen (2020). Fundamentos de las lenguas de
signos (= Claves de la Lingüística). Madrid: Editorial
Síntesis. Dorren,
Gaston (2017). Lingo. Guía de Europa para el turista lingüístico.
Madrid: Turner. [Orixinal en inglés: 2014]. Dorren,
Gaston (2019). Babel. La vuelta al mundo en 20 idiomas.
Madrid: Turner. [Orixinal en inglés: 2018]. Fischer,
Steven Roger (2003). Breve historia del lenguaje (=
Humanidades; 4750). Madrid: Alianza. [Orixinal en inglés: 1999]. Hudson,
Grover (2000). Essential Introductory Linguistics. Oxford:
Blackwell. Isac,
Daniela, & Reiss, Charles (2008). I-Language: An Introduction
to Linguistics as Cognitive Science (= Oxford Core Linguistics).
Oxford: Oxford University Press. López
García, Ángel, & Gallardo Paúls, Beatriz (eds.) (2005).
Conocimiento y lenguaje (= Educació. Materials; 80).
València: Universitat de València. Mariño,
Xurxo (2020a). Unha mente que voa: unha mirada á evolución da
linguaxe. Vigo: Edicións Xerais. Mariño,
Xurxo (2020b). La conquista del lenguaje: una mirada a la
evolución de la mente simbólica. Barcelona: Shackleton Books.
[Versión en castelán de Mariño 2020a]. Martín
Vide, Carlos (ed.) (1996). Elementos de Lingüística.
Barcelona: Octaedro. Martínez
Celdrán, Eugenio (1995). Bases para el estudio del lenguaje.
Barcelona: Octaedro. Martínez
Celdrán, Eugenio (1998). Lingüística. Teoría y aplicaciones.
Barcelona: Masson. McCabe,
Anne (2011). An Introduction to Linguistics and Language Studies.
London: Equinox Publishing. Moreno
Cabrera, Juan Carlos (2000a). Curso universitario de lingüística
general. Tomo I: Teoría de la gramática y sintaxis general;
Tomo II: Semántica, Pragmática, Morfología y Fonología
(2.ª edición). Madrid: Síntesis.
Moreno
Cabrera, Juan Carlos (2000b). La dignidad e igualdad de las
lenguas. Crítica de la discriminación lingüística. Madrid:
Alianza. Moreno
Cabrera, Juan Carlos (2017). Claves históricas de la lingüística
actual: 20 siglos de reflexiones sobre el lenguaje a través de 20
referencias fundamentales (= Claves de la Lingüística). Madrid:
Editorial Síntesis. Moreno
Cabrera, Juan Carlos (2018). Origen y evolución de la gramática
(= Claves de la Lingüística). Madrid: Editorial Síntesis. Radford,
Andrew et al. (2016). Introducción a la lingüística
(2.ª edición).
Madrid: Cambridge University Press. [Orixinal en inglés:
Linguistics: An Introduction (2nd
edition). Cambridge: Cambridge University Press, 2009]. Sandoval,
Jordan B., & Denham, Dristin E. (2021). Thinking Like a
Linguist. An Introduction to the Science of Language. Cambridge /
New York, NY: Cambridge University Press. Simone,
Raffaele (1993 [1990]). Fundamentos de lingüística.
Barcelona: Ariel. Trask,
R. L., & Mayblin, Bill (2010). Lingüística: una guía
gráfica (= Para todos; 14). Buenos Aires / Barcelona: Paidós.
[Orixinal en inglés: Introducing Linguistics. Royston, UK:
Icon Books Ltd, 2005].
Outras obras de referencia (dicionarios, enciclopedias…) Asher,
R. E., & Moseley, Christopher (eds.) (2006). Atlas of the
World's Languages (2nd
edition). London: Routledge.
Breton,
Roland (2003). Atlas des langues du monde: Une pluralité fragile
(= Collection Mini-Atlas). Paris: Éditons Autrement.
Bright,
William (ed.) (1992). International Encyclopedia of Linguistics.
Oxford, UK: Oxford University Press.
Cardona,
Giorgio Raimondo (1991 [1988]). Diccionario de lingüística.
Barcelona: Ariel.
Comrie,
Bernard, Matthews, Stephen, & Polinsky, Maria (eds.) (2010). The
Atlas of Languages: The Origin and Development of Languages
Throughout the World (= Facts on File Library of Language and
Literature Series). London: Quarto Publishing. [Hai versión en
portugués da edición inglesa de 1996: O Atlas das Línguas: A
Origem e a Evolução das Línguas no Mundo. Lisboa: Editorial
Estampa, 2001].
Ducrot,
O., & Todorov, T. (1998). Nuevo diccionario enciclopédico de
las ciencias del lenguaje. Pamplona: Arrecife.
Garry,
Jane, & Rubino, Carl (eds.) (2001). Facts About the World's
Languages: An Encyclopedia of the World’s Major Languages, Past and
Present. New York / Dublin: New England Publishing.
Junyent,
Carme, & Muncunill, Cristina (2010). El libro de las lenguas
(= Colección bolsillo). Barcelona: Octaedro.
Lázaro
Carreter, Fernando (1953). Diccionario de términos filológicos.
Madrid: Gredos.
Price,
Glanville (ed.) (2001). Enciclopedia de las lenguas de Europa.
Madrid: Gredos. [Orixinal en inglés: 1998].
Richards,
Jack C., Platt, John, & Platt, Heidi (1997). Diccionario de
lingüística aplicada y enseñanza de lenguas. Barcelona: Ariel.
[Orixinal en inglés: 1992, 2.ª edición].
Störig,
Hans Joachim (1990). A aventura das lïnguas: Uma viagem através
da História dos idiomas do mundo
(2.ª edición). São
Paulo: Melhoramentos. [Orixinal en alemán: 1987.]
Tusón,
Jesús (ed.) (2000). Diccionari de lingüística. Barcelona:
Biblograf.
Xavier,
M. F., & Mateus, M. H. (eds.) (1992). Dicionário de termos
lingüísticos. Lisboa: Cosmos. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Linguas do Mundo/613G01030 | Lingua e Sociedade/613G01048 | Linguas e Tecnoloxías/613G02045 | Linguaxe. Discurso e Comunicación/613G03034 |
|
Observacións |
Recoméndaselle ao estudante que lea atentamente esta guía docente. Nela
atopará resposta a case todas as preguntas que lle xurdan sobre a concepción,
organización e obxectivos do curso; pode acudir ao profesorado para aclarar
calquera cuestión ao respecto. Particulamente, debe prestar especial atención
ao seguinte: 1. Realice puntualmente as lecturas e actividades encomendadas; estas deben
entregarse no momento, forma e soporte establecidos. 2. O plaxio total ou parcial de actividades é inadmisible. Pode
conlevar a perda de máis puntuación có valor da actividade afectada, e mesmo o
suspenso na materia. A información debe ser recollida, procesada e ofrecida de
forma distinta á da fonte utilizada, sexa esta bibliográfica, audiovisual,
persoal, a internet ou calquera outra. Considérase moi grave a copia total ou
parcial de traballos elaborados por outros/as estudantes. 3. Nas
exposicións escritas débense coidar a corrección ortográfica, o
estilo e a adecuación expositiva; de igual forma, as exposicións orais
deben adecuarse ao contexto académico e aos obxectivos perseguidos. De
non ser así, reflectirase
negativamente nas cualificacións.
|
|