Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A13 |
Coñecer a lingua, a literatura e a cultura latina. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as técnicas de análise lingüística e literaria aplicables ao campo da Filoloxía Latina, así como a terminoloxía propia desta disciplina |
A1
|
|
|
Aplicar as técnicas de análise lingüística e literaria a textos literarios latinos |
A2
|
B1
|
|
Coñecer aspectos relevantes da cultura latina e da súa perviviencia na civilización occidental |
A13
|
B5
|
|
Sintetizar e valorar críticamente información especializada relativa ao campo dos estudos latinos |
A2
|
B7
|
|
Utilizar recursos bibliográficos, bases de datos e ferramentas de procura de información, adquirindo capacidade de autoformación no campo dos estudos latinos |
|
B1 B2
|
|
Relacionar os contidos específicos desta materia cos de outras áreas e disciplinas, principalmente a historia da literatura inglesa |
|
B5
|
|
Organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
|
B3 B6
|
|
Apreciar a diversidade |
|
B8
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Aspectos de historia da lingua latina |
1.1 O latín, lingua indoeuropea
1.2 Etapas da historia da lingua latina
1.3 Linguas en contacto co latín
4. O paso do latín ás linguas romances
|
2. Sistema fonético do latín e a súa evolución ás linguas romances |
2.1 Vocalismo e acentuación
2.2 Consonantismo
2.3 Principais liñas de evolución fonética ás linguas romances
|
3. Sistema morfolóxico do latín e a súa evolución ás linguas romances |
3.1. O sistema verbal e a súa evolución
3.2 O sistema nominal e a súa evolución
3.3 Os pronomes: do latín ás linguas romances
|
4. Procedementos de organización sintáctica |
4.1 Funcións e usos dos casos; a súa evolución e perda
4.2 As preposicións; a súa evolución
4.3 Principais procedementos de coordinación e subordinación
|
5. O contexto social e cultural da literatura romana antiga |
5.1. Relacións entre a literatura romana e a grega
5.2 Funcións e usos da literatura
5.3. Oa autores e o público
5.4. As etapas da historia da literatura latina antiga
|
6. Caracterización xeral dos xéneros poéticos non teatrais |
6.1 poesía narrativa e didáctica
6.2 elexía
6.3 lírica
6.4 epigrama
6.5 bucólica
6.6 sátira
6.7 epístola poética
|
7. Caracterización xeral dos xéneros teatrais |
7.1 Orixes e evolución do teatro en Roma
7.2. A comedia: palliata e togata
7.3. A traxedia; cothurnata e praetexta
7.4. O teatro popular: satura, fabula atellana, mimo
|
8. Transmisión e recepción dos textos |
8.1. Transmisión manuscrita: volumes, códices, epigrafía
8.2. Transmisión impresa
8.3. Marcos da recepción literaria: lecturas públicas, espectáculos, escola, bibliotecas etc
|
Practicum: as Metamorfoses de Ovidio |
1. Contextualización: autor e época
2 A cuestión do xénero poético
3 O contido: materia mitográfica, sentido da composición
4 A recepción das Metamorfoses na literatura e nas artes
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
B3 B6 B8 |
0 |
25 |
25 |
Proba obxectiva |
A13 B1 B7 |
5 |
0 |
5 |
Solución de problemas |
A1 A2 B2 |
30 |
60 |
90 |
Sesión maxistral |
A13 B5 B7 |
30 |
0 |
30 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Lectura por conta do/a estudante dun dossier de textos de carácter literario e/ou académico que lle será proporcionado polo profesor. Estes textos serán o material sobre o que se programarán actividades prácticas avaliábeis que consistirán en recensións e/ou controis de lectura de carácter individual, presentados por escrito |
Proba obxectiva |
Proba 1 de carácter teórico-práctico, sobre cuestións de fonética, gramática e historia da lingua latina
Proba 2, sobre cuestións de literatura latina (en forma de test)
|
Solución de problemas |
Exercicios prácticos de análise lingüística (fonética, morfosintáctica etc) ou ben de comentario literario de textos, que se elaborarán durante as sesións interactivas. O alumnado que goce de dispensa académica traballará de xeito autónomo e presentará os exercicios a través do campus virtual |
Sesión maxistral |
Exposición por parte do profesor de contidos relativos a cada un dos temas e subtemas co apoio de documentación adicional en formato impreso ou dixital. |
Atención personalizada |
|
Descrición |
Todos os estudantes poderán asistir, por iniciativa propia, a titorías individuais coa finalidade de resolver dúbidas e planificar estratexias de resolución de problemas.
O profesor tamén poderá convocar a calquera estudante a titorías individuais en caso de consideralo oportuno.
Os estudantes con dispensa académica ou matrícula a tempo parial terán as mesmas condicións de avaliación que os restantes. Únicamente se recomenda para eles unha maior frecuencia de sesións de titoría individual a través de Teams.
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A1 A2 B2 |
O alumnado resolverá tres exercicios prácticos de análise lingüística (fonética, morfolóxica e sintáctica) durante as sesións interactivas. Os/as estudantes con dispensa académica presentarán estes exercicios a través do campus virtual.
O valor total desta metodoloxía a efectos de avaliación será o 25% da cualificación global, á que se sumará un 10% reservado para a asistencia e participación activas nas aulas expositivas e interactivas (ponderada por medio dun control de asistencia diario). |
35 |
Lecturas |
B3 B6 B8 |
O/a estudante dará conta das lecturas obrigatorias que consten no programa, tanto as realizadas durante as sesións interactivas como as efectuadas por conta propia, mediante un control de lectura que se efectuará a final de curso. |
15 |
Proba obxectiva |
A13 B1 B7 |
O estudante efectuará dúas probas de carácter teórico práctico a final de curso, unha sobre cuestións de lingua, e outra sobre cuestións de literatura. |
50 |
|
Observacións avaliación |
a) De non realizar as probas obxectivas previstas o/a estudante será cualificado como Non Presentado. b) Para superar a materia en calquera das dúas oportunidades, o/a estudante deberá obter unha cualificación mínima de 4 na media das probas obxectivas. c) A asistencia e participación nas aulas, tanto expositivas como interactivas, suporá un 10% da cualificación total. A tal efecto, levarase un control de asistencia diario. d) As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. e) Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir: utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, copiar en exames ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. f) Os/as estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xunio farán en xullo unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre cuestións de lingua e de literatura, cuxo contido se limitará a aquelas partes que non tivesen superado previamente g) Na oportunidade adiantada de novembro/decembro, os/as estudantes farán unha única proba obxectiva de carácter teórico-práctico sobre cuestións de lingua e de literatura. h) Aos/ás estudantes con dispensa académica non se lles aplicará o 10% da porcentaxe da cualificación reservado para asistencia e participación. Ese 10% acumularase coa porcentaxe prevista para as probas obxectivas. i) A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise de adaptación de medidas encamiladas ao apoio á diversidade consonte as indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie(ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filologia@udc.gal)
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|