1. En todas as actividades escritas (exame, traballos,
exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da
lingua española, especialmente para fins académicos. Penalizaranse as
faltas de ortografía, as de puntuación e a redacción deficiente.
2. Non será admitida a entrega de traballos fóra de prazo.
3.
Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou
ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en tarefas,
traballos ou outras variábeis destas características) penalizarase de
acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado
dispón de ferramentas para a detección do plaxio, como Turnitin.
4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña realizado as restantes actividades.
5. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) na proba
mixta, así como en cada unha das metodoloxías de avaliación, para poder superar a materia.
6. O alumnado que teña que superar a materia en segunda oportunidade
recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o
profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das
características do traballo ou entrega de exercicios por medio do Campus
Virtual, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o
alumnado poida organizar con tempo suficiente as tarefas para a segunda
oportunidade.
7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade
consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/),
coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade.
Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade
(pat.filoloxia@udc.gal).
8. O nivel mínimo de competencia
lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado
Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo
para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.
Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia
Os
procedementos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o
restante alumnado. Porén, o traballo tutelado terá carácter individual
(coa conseguinte adaptación de materiais, procedimentos e prazos de
entrega).
O profesorado porá ao dispor deste
estudantado tanto as instruccións para a realización como os
procedementos e datas de entrega a través do Campus Virtual.
As
titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario
axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado.
Oportunidade extraordinaria de decembro
O
alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na
convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da
realización dun exame que suporá o 100 % da calificación.