Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A17 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas. |
A18 |
Dominar a gramática da lingua inglesa. |
A19 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa. |
A20 |
Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa. |
A21 |
Coñecer a evolución histórica externa e interna da lingua inglesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Os alumnos apreciarán a importancia da historia e cultura no desenvolvemento da literatura, lingua e sociedade en países de fala inglesa.
Examinarán fontes primarias e secundarias, aprendendo a comparar, contrastar e analizar criticamente.
Coñecerán as causas detrás das diferenzas, o comportamento e a mentalidade culturais.
Saberán relacionar os seus coñecementos nesta materia con outras materias do Grao en Inglés.
Serán capaces de redactar textos /resumos correctamente.
Serán capaces de expoñer os seus achados oralmente en beneficio dos seus compañeiros.
Apreciarán que a cultura e a historia teñen moito que ver coa literatura e o desenvolvemento da lingua. |
A2 A6 A11 A15 A17 A18 A19 A20 A21
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución |
1.1. Explicación xeral (datas de entrega, sistema de avaliación, etc.) |
2. Breve historia das Illas Británicas e a súa influencia no desenvolvemento da lingua |
2.1. Romanos, anglosaxones e viquingos |
|
2.2. A conquista normanda de 1066 e as súas consecuencias culturais e lingüísticas |
|
2.3. Gales e o dominio da coroa inglesa |
|
2.4. A independencia de Escocia; Bannockburn 1314 |
|
2.5. A dinastía Tudor e a súa chegada ao trono: os restos dun rei debaixo dun parquin; a Armada Invencible |
|
2.6. O xuízo de Carlos I; a República; o retorno da monarquía |
|
2.7. A Revolución Industrial; a época vitoriana; o imperio. Irlanda e a Great Famine |
|
2.8. A Primeira Guerra Mundial; a Segunda Guerra Mundial |
3. Breve historia dos Estados Unidos |
3.1. Os primeiros tempos. A época colonial |
|
3.2. Cara á independencia |
4. A Xeografía humana e física das Illas Británicas |
4.1. Clima. Trazos xeográficos; a mentalidade de unas illas |
5. A Xeografía humana e física dos Estados Unidos |
5.1. Clima. Trazos xeográficos |
6. A constitución do Reino Unido |
6.1. Goberno |
|
6.2. Elección de representantes; o papel da monarquía. A crise da Abdicación 1936 |
7. A constitución dos Estados Unidos |
7.1. Goberno |
|
7.2. Elección de representantes; o papel do presidente |
8. As relacións exteriores |
8.1. O Reino Unido e a UE; Brexit
8.2. A relación especial cos EE.UU.
|
9. Mulleres destacadas nos países de fala inglesa |
9.1 Papel e influencia cultural.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A11 B5 B8 |
13 |
20 |
33 |
Lecturas |
A2 A11 A15 A19 A20 A21 |
0 |
34 |
34 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A6 A18 B1 B6 C3 |
5 |
0 |
5 |
Proba mixta |
A2 A11 B7 |
2 |
20 |
22 |
Sesión maxistral |
A17 |
21 |
15 |
36 |
Prácticas a través de TIC |
B3 C3 |
8 |
9 |
17 |
Discusión dirixida |
B4 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Análise dunha gran variedade de fontes primarias e secundarias |
Lecturas |
Textos variados como apoio ao coñecemento. Fontes en formato físico e virtual. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Consistirá nunha análise crítica e unha avaliación da contribución positiva e/ou negativa dun acontecemento ou unha persoa (non viva) á sociedade e ás culturas de fala inglesa. |
Proba mixta |
Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos |
Sesión maxistral |
Explicacións, orientacións, recomendacións para o estudo individual; traballo en equipo, resolución de problemas, aprendizaxe basada en retos. Empregarase a metodoloxía da aula invertida. |
Prácticas a través de TIC |
Acceso a materiais e fontes a través de Internet. Estudo e avaliación crítica. Creación de videoclips, presentacións, podcasts, mapas mentales,etc. |
Discusión dirixida |
Temáticas variadas para razonar, comparar, etc. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
|
Descrición |
Os alumnos consultarán acerca do mellor xeito de abordar a realización deste tipo de tarefa. Ofreceranse consellos prácticos.
A profesora está dispoñible durante as horas de titoría para resolver problemas ou ofrecer suxestións, previo contacto por correo electrónico.
Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na dirección de email adi@udc.es. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
A6 A18 B1 B6 C3 |
-Os alumnos realizarán un proxecto colaborativo (só en casos excepcionais e coa autorización do profesorado podería realizarse individualmente).
-O proxecto consistirá nunha análise crítica e unha avaliación da contribución positiva e/ou negativa dun acontecemento ou unha persoa (non viva) á sociedade e ás culturas de fala inglesa. Non se trata dunha mini-biografía, listaxe de logros, folleto de tipo turístico/histórico, etc. (como en Wikpedia),
-O proxecto consistirá en (i) unha presentación oral (en clase) en datas que se anunciarán en Moodle; (ii) un resumo de 500 palabras, con 5 palabras crave, bibliografía e recursos dixitais consultados. Instrucións específicas en clase e en Moodle.
-O alumnado queda avisado de que a facultade dispón dunha ferramenta informática (Turnitin) para detectar plaxio (é dicir, copiar o traballo doutros en parte, ou enteiramente), ademais de detectar se un traballo xa foi entregado como parte doutra materia polo mesmo estudante. O plaxio implicará un 0 nesta parte da avaliación.
|
30 |
Proba mixta |
A2 A11 B7 |
Proba escrita: respostas breves; redacción de pequenos comentarios; identificación de elementos significativos, obxectos, documentos históricos e culturais, cadros, trazos xeográficos. |
50 |
Prácticas a través de TIC |
B3 C3 |
Nas sesións interactivas, o alumnado traballará na análise e avaliación crítica de fontes primarias e secundarias procedentes de Internet.
Entregaranse dous traballos. Os temas e as datas en Moodle. A entrega tardía penalizarase.
O plaxio, que inclúe cortar e pegar, implicará un 0 nesta parte da avaliación. |
20 |
|
Observacións avaliación |
- Probamixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2023-24 (primeira oportunidade en xaneiro 2024). As datas para a entrega de tarefas e a presentación deben respectarse; calquera incidencia que impida cumprir cos requisitos debe xustificarse documentalmente.
- Para aprobar a materia é necesario conseguir un 5 sobre 10 en cada apartado da avaliación.
- A oportunidade de xullo basearase na repetición da(s)parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando os mesmos porcentaxes(30% + 50% +20%).
- Os temas para a repetiticón de xullo (tareas escritas) anunciaranse en Moodle. Aplicarase unha penalización pola entrega tardía.
- Obterá unha cualificación de “Non Presentado” aquel/a estudante que non se presente á proba escrita (a mixta), e que tampouco entregase polo menos un 50% das tarefas prácticas.
- Os alumnos/as que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.
- Os alumnos/as que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Estes estudantes deben poñerse en contacto co profesorado ao comezo do cuadrimestre para informarlles desta circunstancia.
- Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e/ou que posúan unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade (primeira ou segunda)seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.
- É OBRIGATORIO DEMOSTRAR UN NIVEL B2 DE inglés para aprobar a asignatura. O non demostrares este nivel de lingua pode ser, exclusivamente, motivo de SUSPENSO.
- Diversidade: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
- Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
- -#De acordo coas distintas normativas que regulan a docencia universitaria, é necesario incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Isto inclúe, entre outras medidas, o uso dunha linguaxe non sexista, bibliografías inclusivas desde unha perspectiva de xénero e o fomento da participación de todos os alumnos en clase, independentemente do seu sexo.
-Prestaremos especial atención á identificación e tratamento de prexuízos e actitudes sexistas. Traballaremos activamente na modificación desta contorna e na promoción de valores de respecto e igualdade. -Os nosos esforzos centraranse en detectar casos de discriminación por razón de sexo e poñer en marcha as accións oportunas para emendalos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
McDowall, David (1989). An Illustrated History of Britain. London: Longman
O'Driscoll, James (2009). Britain for Learners of English. Oxford: O.U.P.
Storry, Mike; & Peter Childs (1997). British Cultural Identities. London: Routledge
Crowther, J. (1999). Oxford Guide to British and American Culture. Oxford: O.U.P.
Egerton, Judy (1998). The British School. London: National Gallery Publications
CORBISHLEY, MIKE, et al. (1998). THE YOUNG OXFORD HISTORY OF BRITAIN AND IRELAND. OXFORD: O.U.P. |
|
Bibliografía complementaria
|
National Gallery, London (). http://www.nationalgallery.org.uk/ . |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Lingua Inglesa 1/613G03003 | Lingua Inglesa 2/613G03008 | Lingua Inglesa 3/613G03015 | Lingua Inglesa 4/613G03019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A asistencia habitual é
fundamental para o estudo desta materia. Dado que algunhas tarefas se
entregarán durante as clases prácticas, non asistir implica renunciar a
estas cualificacións. |
|