Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) A Literatura Inglesa e a súa Crítica Código 613G03032
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 4.5
Idioma
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Profesorado
Simal Gonzalez, Begoña
Correo electrónico
begona.simal@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo das escolas de crítica literaria máis relevantes aplicadas á literatura en lingua inglesa.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer corrientes principales da teoría da literatura A1
A2
A3
B8
C6
Comportarse con ética e responsabilidade. B8
B9
B10
C6
C7
C8
Dominar a expresión oral e escrita do idioma inglés. A6
Valorar a importancia de investigación na sociedade e o uso das tecnoloxías da información. C6
C7
C8
Saber relacionar coñecementos de diferentes áreas. A1
A2
A3
A10
A11
Saber autoinformarse de maneira crítica. A15
B3
Apreciar a diversidade reflectida na literatura. A15
Ter sentido crítico e aptitude crítica ante a literatura. A2
A10
A11
A15
A16
Saber utilizar as ferramentas tecnolóxicas de análise e investigación para a procura de información. B1
B2
B3
B7
Coñecer ben as literaturas en lingua inglesa. A16
B5
B8
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. A1
A2
A15
B7
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. A1
A2
A15
Comportarse con ética e responsabilidade. B10
Utilización correcta das TICs nesta materia. A14
B1
B3
B7
B9

Contidos
Temas Subtemas
1. A teoría antes da teoría.
1.1. Introducción á teoría literaria
1.2. A teoría literaria no século XX
1.3. Practical criticism
1.4. The New Critics
2. Do significado á forma. 2.1. Formalismo
2.2. Estructuralismo
3. Primeiras escolas de interpretación sociopolítica 3.1. “Raza”
3.2. Clase
3.3. Xénero
4. A revolución postestructuralista 4.1. Derrida
4.2. Foucault
4.3. Lacan
5. Escolas postestructuralistas de interpretación sociopolítica 5.1. Critical Race Theory
5.2. Xénero e sexualidade
5.3. Interseccionalidade
5.4. Ecocrítica
6. Teoría e crítica poscoloniais 6.1. Said
6.2. Bhabha
6.3. Spivak
6.4. Globalization Studies
7. Novas tendencias nos estudios literarios e culturais 7.1. Novas tendencias nos estudios literarios
7.2. Novas tendencias nos estudios fílmicos e culturais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A3 A15 A1 A2 A3 A10 A11 A14 A15 A16 B8 B9 B10 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C6 C8 12 12 24
Lecturas A1 A2 A3 B3 B7 C6 C7 C8 0 36 36
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A15 A1 A2 A3 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C6 C7 C8 3 6 9
Presentación oral A1 A2 A3 A6 A15 B1 B2 B3 B7 B8 B9 B10 4 10 14
Proba mixta A1 A2 A3 A6 0 5 5
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A6 A7 A15 10 7 17
Discusión dirixida A1 A2 A3 A6 A7 A15 B5 B7 2.5 3 5.5
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións para a explicación de temas teóricos: escolas críticas e a sua aplicabilidade á textos literarios en lingua inglesa.
Lecturas Lecturas das fontes primarias e unha selección de fontes secundarias que o alumnado debe realizar pola súa conta e ter feitas para participar nas clases prácticas da materia.
Traballos tutelados Traballo individual breve (presentation) sobre algunha das unidades da materia. Os temas/textos posibles se indicarán ao inicio do curso.
Presentación oral Exposición oral individual de: A) unha lectura/interpretación dun texto literario desde unha perspectiva crítica concreta; ou B) un resumo e analise explicativo dunha fonte teórica breve. Ante todo, os/as estudantes tentarán abrir un debate para continualo con toda a clase, que deberá facer preguntas ou propor alternativas á interpretación presentada.
Proba mixta Proba evaluadora con preguntas de diferentes tipos que será deseñada para avaliar o 50 por cento da materia. A proba mixta pode incluir aspectos como preguntas para desenvolver, preguntas breves ou obxectivas, análise práctica de textos, etc.
Análise de fontes documentais Actividade na que os alumnos traballan sobre fontes documentais relevantes para a asignatura, xa sexan fontes primarias ou secundarias.
Discusión dirixida Discusións sobre aspectos da materia e intercambio de opinións nos grupos prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Traballos tutelados
Descrición
O alumno recibirá atención personalizada para a elaboración da presentación oral. Os alumnos poderán estar en contacto co profesor da través da plataforma Campus Virtual da UDC (Moodle).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A6 Nesta proba final o alumnado terá que amosar o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Finalmente se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estas probas poden combinar preguntas de resposta breve con outras preguntas a desenvolver. 50
Análise de fontes documentais A1 A2 A3 A6 A7 A15 Exercicios e comentarios de texto feitos na clase (se recollerán tres, catro ou cinco durante o cuadrimestre). Nestes exercicios se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se terá en conta a capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á práctica de análise textual. Como no resto de actividades desta materia, avaliaranse ademais as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa. 30
Traballos tutelados A1 A2 A3 A6 A15 A1 A2 A3 B1 B2 B3 B7 B8 B9 C6 C7 C8 Realizacion dun traballo individual breve (presentation) sobre algunha das unidades do temario. Os temas/textos posibles indicaranse ao inicio (primeiras semanas) da materia e o traballo (presentation) final será subido a Moodle. 20
 
Observacións avaliación
  • Nesta materia valorarase especialmente o coñecemento dos principios básicos de cada escola crítica literaria, e máis a capacidade de analizar razoadamente, empregando eses coñecementos teóricos, distintos textos literarios en lingua inglesa.
  • A única lingua empregada en clase, traballos e exames será o inglés. As faltas de expresión graves (non de estilo) en lingua inglesa mermarán a nota en calquera actividade. Por tanto recoméndase que os alumnos/as se esmeren na redacción e no uso de inglés en xeral.
  • Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e máis outras actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos 3 apartados da avaliación. 
  • A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre á petición do profesorado, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. 

CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP.

AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: un exame final (50%) semellante ao da primeira oportunidade (proba mixta); exercicios de análise de fontes documentais (30%) en substitución dos realizados ao longo do curso; unha proba oral (20%), en substitución do traballo individual (presentation).

ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/es estudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade (xullo). 

CONVOCATORIA ADIANTADA: Os/as estudiantes que se presenten á convocatoria adiantada de novembro/decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. 

PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como o TURNITIN. Consecuencias da falta (normativa UDC): cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria vaise incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. De detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, se proporán accións e medidas para corrixilas.

DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención áDiversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa TitoraADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).


Fontes de información
Bibliografía básica

FONTES PRIMARIAS 

Poemas, relatos cortos e máis extractos de obras máis longas, entre elas: 

  1. Helena Maria VIRAMONTES: “The Cariboo Cafe”
  2. Margaret ATWOOD: selección de poemas e relatos; Oryx and Crake (extractos da novela) 
  3. George SAUNDERS: “The Semplika Girl Diaries”
  4. Merlinda BOBIS: “The Long Siesta as a Language Primer”
  5. William SANDERS: “The Undiscovered”
  6. Maxine Hong Kingston: China Men (extractos)
  7. Salman RUSHDIE: Midnight Children (extractos)
  8. Karen Tei YAMASHITA: selección de narrativa breve ou extractos de novelas 
  9. Toni MORRISON:  selección de narrativa ou extractos de novelas 
  10. Caryl CHURCHILL: Top Girls (extractos)
Bibliografía complementaria

  

FONTE SECUNDARIA RECOMENDADA:

  • Bertens, Hans (2014). Literary Theory: The Basics. London: Routledge. Third edition.

BIBLIOGRAFÍA ADICIONAL (FONTES SECUNDARIAS)


 Guerin, Wilfred L., et al. (1992). A Handbook of Critical Approaches to Literature. 3rd ed. New York: Oxford University Press
 Barry, Peter (2017). Beginning Theory: An Introduction to Literary and Cultural Theory. Manchester: Manchester University Press.
 Culler, Jonathan (2000). Breve introducción a la teoría literaria. Barcelona: Crítica. (Literary Theory: A Very Short Introduction).

Elam, Keir. The Semiotics of Theatre and Drama. London: Routledge.

 Tyson, Lois (2006). Critical Theory Today: A User-Friendly Guide. London: Routledge

 Ryan, Michael (2010). Cultural Studies: A Practical Introduction. UK: Wiley-Blackwell, 2010.
 Eagleton, Terry (1996). Literary Theory. Oxford: Blackwell
 Lodge David, ed. (2000). Modern Criticism and Theory: A Reader . London: Longman
 Belsey, Catherine (2002). Post-Structuralism: A Very Short Introduction.. Oxford: OUP, 2002.
 Peck, John, and Martin Coyle, eds (1995). Practical Criticism. (How to Study Literature series). Basingstoke: Macmillan
 Selden, Raman, Peter Brooker and Peter Widdowson (1997). Practising Theory and Reading Literature. Hempstead: Prentice Hall Europe
 Pearce, Lynne (1994). Reading Dialogics . London: Edward Arnold
 Eagleton, Terry (1998). The Eagleton Reader . Oxford: Blackwell
 Glotfelty, Cheryll and Harold Fromm (1996). The Ecocriticism Reader: Landmarks in Literary Ecology.. Athens: The U of Georgia P.
 Leich, Vincent B. ed., et al (). The Norton Anthology of Theory and Criticism. New York: Norton 
 Kermode, Frank & John Hollander eds. (1973). The Oxford Anthology of English Literature. London: OUP.
 Said, Edward W (1983). The World, the Text, and the Critic. Cambridge (MA): Harvard UP
 Gates, Henry Louis, ed. (1986). “Race,” Writing and Difference. Chicago: The U of Chicago P



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución aos Estudos Literarios/613G03005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Nivel C1 en inglés (Advanced).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías