Os estudantes serán avaliados ao longo do curso cun máximo de 4 actividades así como co exame final.
Para aprobar, os estudantes deben ter unha cualificación de alomenos 4 (de 10) no exame final. Tamén deben ter realizado e aprobado (cun 5) alomenos a metade das actividades necesarias.
Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo sen causa xustificada.
A falta de honradez académica penalizarase consonte ao establecido nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" (art. 14).
Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":
Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Para os traballos con evidencia de plaxio poderá usarse a aplicación Turnitin, que recoñece traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso do mesmo estudante.
Tamén se baixará a nota no caso de non ter un uso da lingua inglesa adecuado ao nivel de 4º de grao segundo a memoria de verificación do Título (C1).
Os alumnos/as que non se presenten o día das probas obxectivas de xaneiro ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% das actividades durante o curso.
Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de de cembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
Avaliación xullo:
Os estudantes que non superen a materia en xaneiro terán outra oportunidade en xullo na que se terá en conta o exame final (60%) así como unha actividade (40%). Os estudantes que teñan superado as actividades de avaliación continua previamente non terán que facela.
Aqueles alumnos que oficialmente teñan sido matriculados a tempo parcial e teñan concedida unha dispensa académica como establece a Normativa de Permanencia desta Universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo. Os estudantes a tempo parcial que teñan concedida unha "dispensa académica" deben contactar cola profesora ao comezo do cuatrimestre para facer os axustes precisos nas distintas actividades.
Diversidade:
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas).
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.