1. O formato establecido para os traballos é o seguinte:
- Terá unha extensión mínima de 9 000 e máxima de 11 000 palabras (para o cómputo non se terán en conta os apartados a), b), c), g) nin h)). Presentarase en PDF con formato A4, con marxes de 2,5 cm, interliñado dobre e letra de 12 puntos. A paxinación dos apartados b) e c) realizarase en numeración romana.
- O traballo incluirá:
a) Capa, na que figurará, obrigatoriamente, o logotipo e o nome da Universidade, o nome da Facultade, a denominación do grao, o título do traballo, o nome do autor ou da autora, o visto e prace do director ou da directora co seu nome e sinatura electrónica, e o ano de presentación. Non se numerará.
b) Índice do traballo con paxinación.
c) Resumo do traballo, que dará conta necesariamente de obxectivos, metodoloxía, unha síntese dos contidos e as conclusións e será aproximadamente de 500 palabras.
d) Introdución, que deberá incluír os obxectivos do traballo e a explicación e a xustificación da metodoloxía utilizada.
e) Traballo.
f) Conclusións.
g) Referencias bibliográficas
h) Anexos (se os houber)
2. A titorización do traballo por parte do director é obrigatoria. Este arbitrará os mecanismos necesarios para o seguimento das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non permitirá a presentación e defensa dun traballo que non fose supervisado ao longo da súa elaboración.
3. A cualificación final do traballo é emitida polo tribunal. É necesaria, polo tanto, a presentación oral.
4. Serán cualificados con "Non presentado" os alumnos que no realicen a presentación oral pública ante o tribunal.
5. Calquera falta de honradez académica (plaxio, á dicir, utilización de textos ou ideas de outros autores sen indicar a procedencia, copiar traballos, ou outras formas) penalizarase de acordo co establecido na normativa académica. Lémbrese que o profesorado dispón da ferramenta "Turnitin" e doutras aplicacións para a detección do plaxio e do uso da intelixencia artificial.
6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).