Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A8 |
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A18 |
Dominar a gramática da lingua inglesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Familiarizarse con algúns dos autores máis pertinentes e os seus textos correspondentes. |
A1 A7
|
|
|
Aprender a ler criticamente. Ser capaz de aplicar un enfoque social (xénero, raza, clase...) na analice dos textos presentados, así como de comparar e relacionar os devanditos textos cos de outras tradicións literarias. |
A6 A10 A15
|
B5 B7
|
|
Usar a bibliografía apropiada (libros, capítulos de libros, ou revistas literarias), así como realizar tarefas de investigación a través de Internet. |
|
B1 B2 B3 B9
|
|
Ter dominio da lingua inglesa (C1/C2) a nivel oral y escrito. Os exercicios escritos deben estar ben organizados, ser coherentes e comprensibles. |
A6 A8 A9 A18
|
B10
|
|
Ser capaz de traballar en grupos, organizar o uso do tempo asignado, analizar as prioridades, compartir información e coñecementos, distribuir tarefas y responsabilidades individuais, e aproveitar as distintas capacidades dos membros do equipo. |
|
B6
|
|
Esta asignatura anima á reflexión acerca da diferencia, da "otredade", e da nosa actitude cara a ese outro/a. O coñecemento dos antecedentes socio-históricos debería axudar aos/ás estudiantes a comprender mellor as diferenzas que existen na sociedade e a respetalas. |
|
B8
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. Contextos e conceptos chave. |
1.1. Conceptos de raza e etnicidade
1.2. Raza e etnicidade nos Estados Unidos: unha introducción socio-histórica
1.3. Raza e etnicidade: novas teorizacións
|
TEMA 2 - Literatura afroamericana |
2.1. Literatura de esclavitude e libertade: narrativas de esclavos.
2.2. A tradición vernácula
2.3. Da Reconstrucción ao Renacimiento de Harlem
2.4. A literatura de protesta social e o Black Arts Movement.
2.5. Womanismo e posmodernismo.
2.6. A literatura afroamericana no século XXI.
2.7. Estudo de casos: Langston Hugues, Ralph Ellison, Lorraine Hansberry e Toni Morrison.
|
TEMA 3 - Literatura asiático-americana |
3.1. A literatura chino-americana antes da 2ª Guerra Mundial: historias de inmigración.
3.2. A literatura xaponesa-americana: o “internamiento” e máis aló.
3.3. A literatura asiático-americana despois da 2ª Guerra Mundial: o nacionalismo cultural e os seus descontentos.
3.4. "Denationalization reconsidered": globalización e diásporas.
3.5. Novos inmigrantes e refuxiados: South Asian literature, Vietnamese American literature, etc.
3.6. A literatura asiático-americana no século XXI: máis aló das “master narratives.”
3.7. Estudo de casos: Maxine Hong Kingston, Gish Jen, Karen Tei Yamashita e Viet Thanh Nguyen. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 |
1 |
28 |
29 |
Sesión maxistral |
A7 |
8.5 |
0 |
8.5 |
Análise de fontes documentais |
A9 A15 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 |
18 |
18 |
36 |
Traballos tutelados |
A6 A8 A10 A15 B6 B10 C4 |
2 |
20 |
22 |
Proba mixta |
A6 A7 A9 A15 A18 B5 B7 |
2 |
14 |
16 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Espérase que cada estudiante lea todos e cada un dos textos polo miudo e de xeito crítico, intentando acadar as súas proprias conclusións. Tamén se espera que realicen as lecturas obrigatorias antes da clase. Grazas ao programa detallado que se lle entrega ao alumnado durante a primeira semana de clase, coñécense con antelación as datas nas que se analizará cada unha das lecturas obrigatorias. |
Sesión maxistral |
Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, exploraranse os conceptos teóricos máis relevantes e proporcionaranse pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderá organizarse algunha conferencia a cargo de expertas/os doutras universidades. |
Análise de fontes documentais |
Análise textual (close reading) e respostas razoadas sobre a leitura dos textos. Neste tipo de actividade, o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se terá en conta a capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á práctica de análise textual. Como no resto de actividades desta materia, avaliaranse ademais as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa |
Traballos tutelados |
Este traballo colaborativo levarase a cabo en grupos reducidos (3-4 estudantes por equipo). Cada grupo escollerá un libro da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre. Durante o mes de abril os/as estudantes elaborarán o “Project Topic” baixo a supervisión da profesora, prepararán unha exposición o presentation (abril/maio) e organizarán o debate posterior no que participará o resto do alumnado. Posteriormente, cada grupo elaborará un resumo do debate máis as conclusións máis salientables do mesmo. O obxectivo deste traballo é que o alumnado afonde nun texto e tema determinados e máis exprese a súa opinión, como resultado dunha reflexión crítica. Dado que se trata dunha actividade colaborativa e grupal, a capacidade de traballo en equipo é moi importante, como tamén o son as destrezas lingüísticas e comunicativas amosadas na elaboración e na exposición oral do traballo. |
Proba mixta |
Nesta proba final o alumnado terá que amosar o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Finalmente se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estas probas poden combinar preguntas de resposta breve con outras preguntas a desenvolver. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
As presentacións orais son unha tarefa esixente para a meirande parte das/dos estudantes. Daquela, se levarán a cabo titorías en grupo reducido e/ou individuais, para axudar a plantexar o traballo e dar pautas de mellora se se detectan problemas lingüísticos.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Análise de fontes documentais |
A9 A15 A18 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 |
Neste tipo de actividade, o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se terá en conta a capacidade de aplicar os coñecementos teóricos á práctica de análise textual. Como no resto de actividades desta materia, avaliaranse ademais as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión en lingua inglesa. |
30 |
Proba mixta |
A6 A7 A9 A15 A18 B5 B7 |
Nesta proba final o alumnado terá que amosar o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Finalmente se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estas probas poden combinar preguntas de resposta breve con outras preguntas a desenvolver. |
40 |
Traballos tutelados |
A6 A8 A10 A15 B6 B10 C4 |
Este traballo colaborativo levarase a cabo en grupos reducidos (3-4 estudantes por equipo). Cada grupo escollerá un libro da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre. Durante o mes de abril os/as estudantes elaborarán o “Project Topic” baixo a supervisión da profesora, prepararán unha exposición o presentation (abril/maio) e organizarán o debate posterior no que participará o resto do alumnado. Posteriormente, cada grupo elaborará un resumo do debate máis as conclusións máis salientables do mesmo. O obxectivo deste traballo é que o alumnado afonde nun texto e tema determinados e máis exprese a súa opinión, como resultado dunha reflexión crítica. Dado que se trata dunha actividade colaborativa e grupal, a capacidade de traballo en equipo é moi importante, como tamén o son as destrezas lingüísticas e comunicativas amosadas na elaboración e na exposición oral do traballo. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e máis outras actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos 3 apartados da avaliación. A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de "extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuadrimestre á petición do profesorado), poderá supoñer ata un 5% extra na nota final. CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP. AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: un exame final (40%) semellante ao da primeira oportunidade (proba mixta); exercicios de análise de fontes documentais (30%) en substitución dos realizados ao longo do curso; unha proba oral (30%), en substitución do traballo grupal. CONVOCATORIA ADIANTADA: Os/As estudiantes que se presentan á convocatoria adiantada de novembro/decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/es estudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade (xullo). PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como o TURNITIN. Consecuencias da falta (normativa UDC): cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. XÉNERO: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria vaise incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. De detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, se proporán accións e medidas para corrixilas. DIVERSIDADE: A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/noCentro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención áDiversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ ); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
FONTES PRIMARIAS: - Ralph ELLISON: Invisible Man (novela).
- Toni MORRISON: Song of Solomon (novela).
- Maxine Hong KINGSTON: The Woman Warrior (selección de capítulos).
- Selección de relatos de Gish Jen, Toni Morrison, Viet Thanh Nguyen e Karen Tei Yamashita.
Ademáis destos textos máis longos, que deben ser lidos antes da clase, proporcionaranse algúns textos curtos (poemas e máis extractos), que serán analizados na aula. Trátase de extractos de obras de Lorraine Hansberry, Langston Hugues, Karen Tei Yamashita o Viet Thanh Nguyen, entre outros/as autores/as. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Norteamericana 1/613G03024 | Literatura Poscolonial/613G03026 | A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 | Literatura Norteamericana 2/613G03035 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo Fin de Grao/613G03041 |
|
|