O alumnado ten dúas oportunidades para superar amateria: a primeira ó remate do segundo cuadrimestre e a segunda no mes de xullo.
1. Avaliación da primeira oportunidade:
1.1. Para superar a materia na primeira oportunidade é obrigatorio realizar e aprobar (5) a proba final escrita na que se avaliarán os contidos gramaticais, o léxico, a comprensión lectora, a expresión escrita e a comprensión auditiva.
A data, horario e ubicación da proba escritadeben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.
1.2. Será ademáis obrigatorio realizar e aprobar (5) unha proba oral final naque se avaliarán a expresión e a interacción oral.
A profesora comunicará en Moodle coa suficiente antelación a data, hora, lugar, quendas e outras indicacións relativas á realización da proba oral.
1.3. É obrigatorio realizar ao longo do cuadrimestre un conxunto de exercicios ou tarefas de práctica de todas as destrezas e contidos da materia, organizados en dous bloques:
Bloque A ["Solución de problemas"]:actividades de práctica dos contidos gramaticais, do léxico, da expresión escrita e da comprensión lectora.
Bloque B ["Discusión dirixida"]:actividades de práctica da produción, comprensión e interacción oral.
Ademais das actividades presenciais que se realicen durante as aulas, normalmente por cada sesión presencial o alumnado deberá realizar unha tarefa non presencial.
Agás causa debidamente xustificada e sempre coa autorización previa e expresa da profesora, non se admitirán as actividades entregadas fóra do prazo determinado para cada unha delas.
Para que estas actividades poidan ser tidas en conta na cualificación final é preciso ter realizado e aprobado, antes dos exames escrito e oral da primeira oportunidade,o 80% das actividades programadas en cada bloque e obter unha nota media mínima de 5 sobre 10 en cada bloque.
1.4. Tendo en conta o anteriormente exposto, a cualificación final do alumnado responderá ao seguinte reparto porcentual:
a. Un 45% valorará o exame escrito, coas seguintes porcentaxes:
Contidos gramaticais, léxico, expresión escrita,comprensión lectora: 35%
Comprensión auditiva: 10%
b. Un 15% valorará a proba oral.
c. Un 40% valorará as actividades de avaliación continua organizadas en dous bloques (que deben cumprir os requisitos do apartado 1.3), coas seguintes porcentaxes:
Bloque A: actividades de gramática, léxico, expresión escrita e comprensión lectora: 25%
Bloque B: actividades de produción, comprensión e interacción oral (nestas actividades valóranse asimesmo a norma gramatical e o léxico): 15%
A materia considérase aprobada se a suma dos apartados a, b, c é igual ou superior a 5 sobre 10.
Os contidos e destrezas dos apartados a, b, c son recuperables, coas mesmas porcentaxes, na segunda oportunidade de avaliación.Os apartados aprobados na primeira oportunidade consérvanse para a segunda.
Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.
2. Avaliación da segunda oportunidade:
2.1. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima na proba escrita e/ou na proba oral, o alumnado deberá facela(s) de novo na segunda oportunidade.
A data, horario e ubicación da proba escrita deben ser contrastados polo alumnado na páxina web da facultade.
A data, lugar, hora e outras indicacións para a realización do exame oral da segunda oportunidade comunicaranse en Moodle coa suficiente antelación.
2.2. De suspender a materia na primeira oportunidade por non acadar a puntuación mínima nas actividades dos bloques A e/ou B, o alumnado deberá realizar para asegunda oportunidade unha serie de tarefas sustitutivas.
A profesora fará públicas en Moodle coa suficiente antelación as instrucións correspondentes (actividades asignadas,datas de solicitude e entrega...).
Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular das probas escritas e orais e das actividades, ver apartado 6.
3. Na convocatoria extraordinaria de decembro o alumnado será avaliado dos seus coñecementos e competencias nas distintas destrezas da materia mediante unha proba escrita(nota mínima 5 sobre 10; 70% da nota final) e unha proba oral (nota mínima 5 sobre10; 30% da nota final).
Para as implicacións da realización fraudulenta ou irregular da proba escrita ou oral, ver apartado 6.
4. En cada oportunidade de avaliación o alumnado recibirá a cualificación NP de se dar simultaneamente estas dúas situacións: non terse presentado a ningunha das probas de avaliación (escrita e oral) e se o número de actividades presentadas for igual ou inferior ao 25% das programadas.
5. O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial con dispensa académica,previa comunicación e acreditación documental de dita situación á profesora,pode, sen asistir ás aulas, realizar e entregar as actividades de avaliación continua programadas para a primeira oportunidade, segundo o disposto no apartado 1.3. As actividades presenciais serán sustituídas por outras non presenciais equivalentes. Seranlle de aplicación as demais metodoloxías avaliables (proba escrita e oral) cos mesmos requisitos e características que para o resto do alumnado.
Para a avaliación da segunda oportunidade, aplicaráselle o disposto no apartado 2.
6. Os traballos académicos (entendendo portal todo o material que o alumnado presente para ser obxecto de avaliación)deberán ser de elaboración individual (agás indicación expresa da profesora) e persoal.
A realización fraudulenta ou irregular das probase/ou de calquera das actividades de avaliación continua implicará automaticamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidándose as cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías avaliables.
7. Nos casos non contemplados anteriormente aplicarase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario" da UDC.
8. -Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas).
-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.