Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade para a integración de tecnoloxías, aplicacións, servizos e sistemas propios da enxeñaría informática, con carácter xeneralista, e en contextos máis amplos e multidisciplinares. |
A2 |
Capacidade para a planificación estratéxica, elaboración, dirección, coordinación, e xestión técnica e económica nos ámbitos da enxeñaría informática relacionados, entre outros, con: sistemas, aplicacións, servizos, redes, infraestruturas ou instalacións informáticas e centros ou factorías de desenvolvemento de sóftware, respectando o adecuado cumprimento dos criterios de calidade e ambientais e en contornos de traballo multidisciplinares. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas. |
B2 |
Traballo en equipo. |
B3 |
Capacidade de análise e síntese. |
B4 |
Capacidade para organizar e planificar. |
B5 |
Habilidades de xestión da información. |
B6 |
Toma de decisións. |
B7 |
Preocupación pola calidade. |
B8 |
Capacidade de traballar nun equipo interdisciplinar. |
B9 |
Capacidade para xerar novas ideas (creatividade). |
B10 |
Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática |
B12 |
Capacidade para dirixir, planificar e supervisar equipos multidisciplinares |
B14 |
Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais |
B18 |
Capacidade para comprender e aplicar a responsabilidade ética, a lexislación e a deontología profesional da actividade da profesión de Enxeñeiro en Informática |
B19 |
Capacidade para aplicar os principios da economía e da xestión de recursos humanos e proxectos, así como a lexislación, regulación e normalización da informática |
B22 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B23 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B24 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B25 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
-Comprender o ámbito económico, xurídico e institucional da empresa ou
organización, para poder responder axeitadamente ás súas necesidades de integración
de tecnoloxías, aplicacións, servizos e sistemas.
-Saber aproveitar as potencialidades dos sistemas de información e a innovación
tecnolóxica na planificación estratéxica dunha organización..
-Comprender e garantir os requirimentos de seguridade para as persoas e bens
nun proxecto de Enxeñaría Informática.
-Comprender e garantir os parámetros de cumprimento dos criterios
ambientais asociados a un desenvolvemento de enxeñaría.
-Saber valorar e asegurar a calidade final dos produtos e a súa homologación. |
AP1 AP2
|
BP1 BP2 BP3 BP4 BP5 BP6 BP7 BP8 BP9 BP10 BP12 BP14 BP18 BP19 BM2 BM3 BM4 BM5
|
CP1 CP2 CP3 CP4 CP5 CP6 CP7 CP8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Os sistemas de información nas organizacións
2. Planificación dos sistemas de información e planificación estratéxica.
3. Criterios para a toma de decisións.
4. Goberno das tecnoloxías e sistemas de información.
5. Innovación, novas tecnoloxías e emprendemento. |
. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B12 B14 B19 B22 B23 B24 C1 C4 C5 C6 C7 C8 |
21 |
42 |
63 |
Traballos tutelados |
A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B14 B18 B19 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C4 C6 C8 |
18 |
36 |
54 |
Presentación oral |
A1 A2 B24 C1 |
3 |
6 |
9 |
Proba obxectiva |
A1 A2 B1 B3 B14 B19 B22 B23 B24 C1 |
2 |
0 |
2 |
Estudo de casos |
A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B14 B19 B23 B24 C1 |
6 |
13 |
19 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Conceptualizar se a materia e preséntanse as técnicas e modelos necesarios para poder realizar os traballos prácticos. |
Traballos tutelados |
Metodoloxía onde o alumnado se enfronta ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolvido por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. |
Presentación oral |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, expondo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Proba obxectiva |
|
Estudo de casos |
Preséntanse casos reais de empresa ou tecnoloxía |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
Presentación oral |
|
Descrición |
<br>A orientación dos traballos valídase co profesor |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B14 B18 B19 B22 B23 B24 B25 C2 C3 C4 C6 C8 |
Desenvolvemento de traballos tutelados baseados en escenarios reais para a aplicación dos conceptos tratados nas sesións maxistrais. |
50 |
Presentación oral |
A1 A2 B24 C1 |
Presentación oral dos traballos desenvolvidos ao longo do curso. |
20 |
Proba obxectiva |
A1 A2 B1 B3 B14 B19 B22 B23 B24 C1 |
Proba escrita da materia na data oficial aprobada polo centro. |
30 |
|
Observacións avaliación |
- Será necesario acadar unha calificación superior ao 50% nos traballos tutelados e na presentación oral.
- Os criterios de avaliación para os alumnos que non poidan asistir a clase por ter autorizada a asistencia parcial serán os mesmos pois os enunciados estarán publicados e o material de apoio utilizado nas clases tamén. Quérese sinalar con todo a importancia da asistencia ás clases prácticas para a realización dos traballos.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Mario Piattini Velthuis y Francisco Ruiz González (2020). Gobierno y gestión de las tecnologías y los sistemas de información. Ra-Ma
Josep Valor, Sandra Sieber y Valentín Porta (2005). Los sistemas de información en la empresa actual. McGraw-Hill |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Carmen de Pablos Heredero, José Joaquín López Hermoso, Santiago Martín-Romo Romero, Sonia Medina Salgado: Organización y transformación de los sistemas de información en la empresa. ESIC. 2019. Michael E. Porter: Estrategia competitiva. Pirámide. 2009. Michael E. Porter: Ventaja competitiva. Pirámide. 2010. Luis A. Guerras Martín y José E. Navas López: Fundamentos de dirección estratégica de la empresa, Segunda edición. Thomson Reuters. 2016. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|