Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A11 |
Capacidade de deseñar e desenvolver sistemas, aplicacións e servizos informáticos en sistemas encaixados e ubicuos. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas. |
B5 |
Habilidades de xestión da información. |
B9 |
Capacidade para xerar novas ideas (creatividade). |
B10 |
Capacidade para proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos e instalacións en todos os ámbitos da enxeñaría informática |
B13 |
Capacidade para o modelado matemático, cálculo e simulación en centros tecnolóxicos e de enxeñaría de empresa, particularmente en tarefas de investigación, desenvolvemento e innovación en todos os ámbitos relacionados coa Enxeñaría en Informática |
B14 |
Capacidade para a elaboración, planificación estratéxica, dirección, coordinación e xestión técnica e económica de proxectos en todos os ámbitos da Enxeñaría en Informática seguindo criterios de calidade e ambientais |
B17 |
Capacidade para a aplicación dos coñecementos adquiridos e de resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares, sendo capaces de integrar estes coñecementos |
B21 |
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B22 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B23 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B25 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquisición de coñecementos para comprender, deseñar e desenvolver sistemas e servizos completos en equipos móbiles |
AP11
|
BP1 BP5 BP9 BP10 BP13 BP14 BP17 BM1 BM2 BM3 BM5
|
CP4 CP6 CP7 CP8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución ás arquitecturas e plataformas móbiles |
Hardware: arquitecturas e plataformas. Arquitectura ARM.
Software: plataformas e sistemas operativos móbiles. Perspectiva histórica, ecosistema de desenvolvemento, mercado e monetización. |
Experiencia de usuario: Usabilidade e interfaces de usuario |
Introdución á usabilidade das aplicacións móbiles e á interación co usuario.
Guías de estilo e patróns de deseño de interfaces gráficas de usuario en dispositivos móbiles. Exemplos. |
Arquitectura e deseño de software en dispositivos móbiles. Aplicación a Android |
Construíndo a primeira App: entorno e ferramentas de desenvolvemento e depuración.
Compoñentes dunha app.
Relación entre apps, a máquina virtual e os procesos Linux.
Ciclo de vida das Actividades.
Paralelización de tarefas
Fragments
Services
Apps, procesos e threads
Xeolocalización
Almacenamento
Elementos multimedia |
Programación dirixida por eventos e xestión da concurrencia |
Programación dirixida por eventos. Conceptos avanzados.
Aplicación a Android |
Sensorización en plataformas móbiles |
Introducción á sensorización en plataformas móbiles.
Conceptos básicos de sensores e tipos de sensores.
Manexo de sensores en Android. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A11 B5 B10 B13 B14 B17 B21 B25 C4 C6 C7 C8 |
21 |
21 |
42 |
Prácticas a través de TIC |
A11 B1 B5 B9 B10 B13 B14 B22 B23 |
23 |
52 |
75 |
Proba obxectiva |
B1 B17 B22 B23 |
4 |
14 |
18 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición dos contidos da materia. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas para desenvolver os conceptos adquiridos nas clases maxistrais. |
Proba obxectiva |
Valoración dos coñecementos adquiridos en toda a asignatura: prácticas e teoría. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
|
Descrición |
O profesor realizará titorías e guiará a posta en marcha das prácticas.
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia: non se esixirá a asistencia ás prácticas. Asemade, os horarios de titorías poderán adaptarse segundo as necesidades dos ditos alumnos matriculados a tempo parcial. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A11 B1 B5 B9 B10 B13 B14 B22 B23 |
Valoración dos resultados e coñecementos obtidos nas prácticas desenvolvidas. |
60 |
Proba obxectiva |
B1 B17 B22 B23 |
Valoración das competencias asimiladas na materia. |
40 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE As prácticas consistirán en exemplos de aplicación da teoría vista nas sesións maxistrais. A súa valoración farase de xeito continuado, ó remate dos prazos indicados. A proba obxetiva dividirase nunha parte orientada a valorar o nivel de asimilación dos resultados das prácticas e noutra a valorar o nivel de coñecementos xerais adquiridos na materia. Alumnos matriculados a tempo parcial: non se esixirá a asistencia ás prácticas. SEGUNDA OPORTUNIDADE E CONVOCATORIAS EXTRAORDINARIAS Os alumnos terán a opción de conservar as notas de prácticas e/ou traballos tutelados obtidas durante o curso académico e terán que realizar unha proba mixta, establecéndose a nota nas mesmas porcentaxes aplicadas na primeira oportunidade. O resto do alumnado (incluido o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia) terá que realizar unha proba mixta (60% da nota) e entregar un traballo tutelado (40% da nota). OUTROS COMENTARIOS Non se conservará ningunha das notas obtidas para os cursos académicos posteriores. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
N. D. Lane (2010). A Survey of Mobile Phone Sensing. IEEE Communications Magazine
Google (2023). Android developers website. http://developer.android.com
Keith Andrews (2012). Human-Computer Interaction. Graz University of Technology
Jetbrains (2023). Kotlin. https://kotlinlang.org/
Theresa Neil (2012). Mobile Design Pattern Gallery. O'Reilly
Ian Lake Reto Meier (2018). Professional Android. John Wiley & Sons |
|
Bibliografía complementaria
|
Jakob Strom (2012). HMI Toolsuite for Android. Chalmers University of Technology, Gothenburg
Sajal K. Das (2010). Mobile Handset Design . Wiley
Ricardo Galli Granada (2015). Principios y algoritmos de concurrencia. Autoeditado
Lauren Darcey (2011). Sams Teach Yourself Android Application Development in 24 Hours. Sams
Pei Zheng (2005). Smart Phone and Next Generation Mobile Computing. Morgan Kaufmann |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Esta materia cumprirá coas distintas normativas de aplicación para a
docencia universitaria, respectando a perspectiva de xénero (e.g.,
buscarase usar linguaxe non sexista). |
|