Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Seguridade de Aplicacións Código 614530104
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Bellas Permuy, Fernando
Correo electrónico
fernando.bellas@udc.es
Profesorado
Bellas Permuy, Fernando
Losada Perez, Jose
Correo electrónico
fernando.bellas@udc.es
jose.losada@udc.es
Web http://moovi.uvigo.gal
Descrición xeral Desenvolver aplicacións seguras non é unha tarefa trivial. Coñecer as vulnerabilidades que habitualmente sofren as aplicacións, os mecanismos de autenticación, autorización e control de acceso, así como a incorporación da seguridade ó ciclo de vida de desenrolo, é esencial para poder construír e manter aplicacións seguras con éxito. Nesta materia estúdanse de forma práctica todos estes aspectos, con especial énfase no desenvolvemento de aplicacións e servizos web.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Coñecer en profundidade as técnicas de ciberataque e ciberdefensa
A7 CE7 - Ter capacidade para realizar a auditoría de seguridade de sistemas e instalacións, o análisis de riscos derivados de debilidades de ciberseguridade e desenvolver o proceso de certificación de sistemas seguros
A13 CE13 - Ter capacidade de análisis, detección e eliminación de vulnerabilidades, e do malware susceptible de utilizalas, en sistemas e redes
A24 HD-04 - Prevenir, identificar y corregir las principales vulnerabilidades que sufren las aplicaciones, así como incorporar mecanismos de autenticación, autorización y control de acceso a las aplicaciones
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B7 CG2 - Resolución de problemas. Ter capacidade de resolver, cos coñecementos adquiridos, problemas específicos do ámbito técnico da seguridade da información, as redes e/ou os sistemas de comunicacións
B20 K-04 - Distinguir las principales vulnerabilidades que sufren las aplicaciones, así como los principales mecanismos de autenticación, autorización y control de acceso, con énfasis especial en aplicaciones web y servicios web
C4 CT4 - Valorar a importancia da seguridade da información no avance socioeconómico da sociedade
C8 C-03 - Trabajar como analista de malware, para proteger aplicaciones, así como analizar su seguridad en cualquier área de aplicación
C19 C-14 - Proyectar, modelar, calcular y diseñar soluciones técnicas y de gestión de seguridad de la información, las redes y/o los sistemas de comunicaciones en todos los ámbitos de aplicación, con criterios éticos de responsabilidad y deontología profesional

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as vulnerabilidades que habitualmente sofren as aplicacións (con especial énfase en aplicacións e servizos web) e os seus mecanismos de prevención. AP2
AP7
AP13
AP24
BP2
BP7
BP20
CP4
CP8
CP19
Coñecer os mecanismos de autenticación, autorización e control de acceso en aplicacións e servizos. AP2
AP7
AP13
AP24
BP2
BP7
BP20
CP4
CP8
CP19

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución. 1.1 Autenticación, autorización e control de acceso.
1.2 Aplicacións e servizos con estado.
1.3 Aplicacións e servizos sen estado.
1.4 Aplicacións Web tradicionais e SPA.
Tema 2. Vulnerabilidades e mecanismos de prevención en aplicacións e servizos. 2.1 Marcos de referencia.
2.2 Vulnerabilidades no tratamento dos datos de entrada.
2.3 Vulnerabilidades na autenticación.
2.4 Vulnerabilidades na xestión da sesión.
2.5 Exposición de información sensible.
2.6 Vulnerabilidades no control de acceso.
2.7 Configuración incorrecta.
2.8 Monitorización e log insuficiente.
2.9 Vulnerabilidades en librerías de terceiros.
Tema 3. Ciclos de desenvolvemento de software seguro. 3.1 Seguridade dende a fase de análise.
3.2 Revisións de código.
3.3 Ferramentas SAST e DAST.
Tema 4. Mecanismos de autenticación, autorización e control de acceso. 4.1 Introdución.
4.2 Autenticación e autorización.
4.2.1 Autenticación en HTTP.
4.2.2 JSON Web Token.
4.2.3 OAuth.
4.2.4 OpenID Connect.
4.2.5 Outros estándares.
4.3 Control de acceso.
4.3.1 Control de acceso baseado en roles (RBAC).
4.3.2 Control de acceso baseado en atributos (ABAC).

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A7 A13 A24 B2 B7 B20 C4 C8 C19 24 24 48
Prácticas a través de TIC A2 A7 A13 A24 B2 B7 B20 C4 C8 C19 18 47 65
Proba de resposta múltiple A2 A7 A13 A24 B2 B7 B20 C4 C8 C19 2 8 10
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases impartidas polo profesorado mediante a proxección de diapositivas. As clases teñen un enfoque totalmente práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As diapositivas están dispoñibles a través da plataforma de docencia da universidade.
Prácticas a través de TIC Para experimentar cos conceptos estudados na materia, a/o estudante realizará dúas prácticas. A primeira estará centrada no análise de vulnerabilidades dunha aplicación web. A/O estudante partirá do código fonte dunha aplicación web e terá que detectar as vulnerabilidades, explotalas e corrixilas. A segunda práctica estará centrada nos mecanismos de autenticación, autorización e control de acceso. A/O estudante partirá do código fonte dunha aplicación, que consta dunha interface de usuario e un servizo, e terá que encargarse de implementar os aspectos de autenticación, autorización e control de acceso, seguindo distintas estratexias.
Proba de resposta múltiple Realizarase un exame de tipo test, cuxo obxectivo é comprobar que a/o estudante asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha delas é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan e as contestadas erroneamente puntúan negativamente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Descrición
Titorías e consultas vía correo electrónico ou Teams para dúbidas específicas.

Horarios de titorías:
- Profesorado UDC: https://www.udc.es/gl/centros_departamentos_servizos/centros/titorias/?codigo=614.
- Profesorado UVIGO: ttps://moovi.uvigo.gal/user/profile.php?id=11662.

Presenza do profesor/a no laboratorio para axudar ó alumno/a no desenvolvemento da práctica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A2 A7 A13 A24 B2 B7 B20 C4 C8 C19 A entrega das dúas prácticas é obrigatoria. 60
Proba de resposta múltiple A2 A7 A13 A24 B2 B7 B20 C4 C8 C19 Realizarase un exame tipo test, cuxo obxectivo é comprobar que a/o estudante asimilou os conceptos correctamente. 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é preciso obter:

  • Un mínimo de 4 puntos (sobre 10) na avaliación de cada práctica.
  • Un mínimo de 4 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
  • Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula como: 0,40 * práctica1 + 0,20 * práctica2 + 0,40 * exame.
As notas das prácticas e a do exame tipo test consérvanse da primeira oportunidade á segunda oportunidade (extraordinaria en UVIGO).

Fontes de información
Bibliografía básica
  • Open Web Application Security Project (OWASP), https://www.owasp.org.
  • Common Weakness Enumeration (CWE), https://cwe.mitre.org.
  • Common Vulnerabilities and Exposures (CVE), https://cve.mitre.org.
  • National Vulnerability Database (NVD), https://nvd.nist.gov.
  • Common Attack Pattern Enumeration and Classification (CAPEC), https://capec.mitre.org.
  • JSON Web Token (JWT), https://jwt.io.
  • OAuth, https://oauth.net.
  • OpenID Connect, http://openid.net/connect/.
Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías