Seguindo as directrices propias da titulación ofertarase a quen curse esta materia dous sistemas de avaliación: avaliación continua e avaliación global. Cando finalice o primeiro mes do curso, o estudantado deberán indicar ao profesorado da materia o sistema de avaliación elixido. Quen opte polo sistema de avaliación continua non poderá ser cualificado como "non presentado" se realiza unha entrega ou proba de avaliación con posterioridade á comunicación da súa decisión.
Sistema de avaliación continua
O estudantado que opte polo sistema de avaliación continua deberán:
-Realizar seis prácticas de laboratorio de probas de penetración. O alumno disporá dun calendario determinado para a resolución da mesma, e nos casos onde dito calendario non se cumpra a nota de dita practica será penalizada. Estas probas suporán un 60 % da cualificación global da materia, un 10% cada unha delas.
-Realizar unha proba de resposta múltiple sobre os contidos das sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio. Esta proba suporá un 40 % da cualificación global da materia e é necesario sacar un mínimo de 4 sobre 10 para aprobar a materia.
A cualificación global da materia será igual á suma das tarefas indicadas. Para superar a materia a cualificación global debe ser maior ou igual que cinco.
Sistema de avaliación global
O estudantado que opte polo sistema de avaliación ao final do cuadrimestre deberán:
-Realizar unha proba de penetración dada nun tempo definido polos docentes. Esta proba suporá un 60 % da cualificación global da materia.
-Realizar unha proba de resposta múltiple sobre os contidos das sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio. Esta proba suporá un 40 % da cualificación global da materia e é necesario sacar un mínimo de 4 sobre 10 para aprobar a materia.
A cualificación global da materia será igual á suma das tarefas indicadas. Para superar a materia a cualificación global debe ser maior ou igual que cinco.
OPORTUNIDADE EXTRAORDINARIA
Á avaliación en oportunidade extraordinaria só poderán presentarse aqueles estudantes que non se presentaron ou que suspenderon a materia na oportunidade ordinaria.
A avaliación consistirá en realizar unha ou dúas das seguintes tarefas, dependendo da cualificación obtida previamente nas probas equivalentes da oportunidade ordinaria:
-Realizar unha proba de penetración dada nun tempo definido polos docentes. Esta proba suporá un 60 % da cualificación global da materia.
-Realizar unha proba de resposta múltiple sobre os contidos das sesións maxistrais e as prácticas de laboratorio. Esta proba suporá un 40 % da cualificación global da materia e é necesario sacar un mínimo de 4 sobre 10 para aprobar a materia.
No caso de que a cualificación nas probas da oportunidade ordinaria, equivalentes a estas, sexa maior ou igual que cinco, o alumno pode optar por manter a súa nota da oportunidade ordinaria ou realizar a proba de novo.
OUTROS COMENTARIOS
-As puntuacións obtidas só son válidas para o curso académico en vigor.
-O uso de calquera material durante a realización dos exames e probas de avaliación terá que ser autorizado explicitamente polo profesorado da materia.
-En caso de detección de copia en calquera das probas (probas curtas, exames parciais ou exame final), cualificación final será de SUSPENSO (0) e o feito será comunicado á dirección do Centro para os efectos oportunos