Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Seguridade como Negocio Código 614530111
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Tecnoloxías da Información e as Comunicacións
Coordinación
Carneiro Diaz, Victor Manuel
Correo electrónico
victor.carneiro@udc.es
Profesorado
Carneiro Diaz, Victor Manuel
Correo electrónico
victor.carneiro@udc.es
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral Na materia Negocio en ciberseguridade e emprendemento abordase a seguridade como elemento transversal na organización, dende o punto de vista estratéxico e de xeración de negocio. Presentanse distintos enfoques para a monetización dos datos e da seguridade dos mesmos, así como os distintos perfís profesionais presentes na organización, centrándonos no funcionamento dun Security Operation Centre (SOC) e as suas ferramentas asocidas. Finalmente abordanse distintos casos de éxito e oportunidades de negocio orientados a diferentes sectores productivos, con especial atención ao emprendemento.

Competencias do título
Código Competencias do título
A16 CE16 - Ter capacidade para albiscar e enfocar o esforzo de negocio en temáticas relacionadas coa ciberseguridade, e cunha monetización viable
A20 CE20 - Coñecemento das empresas orientadas específicamente ao sector de seguridade da nosa contorna
A31 HD-11 - Valorar una empresa en el ámbito de la seguridad e incluso a sectores más específicos dentro de este ámbito, así como definir los perfiles necesarios, propios de la empresa o externos, asociados a la ciberseguridad
A38 HD-18 - Saber aplicar los conocimientos adquiridos y su capacidad de resolución de problemas en entornos nuevos o poco conocidos dentro de contextos más amplios (o multidisciplinares) relacionados con su área de estudio
A39 HD-19 - Saber comunicar sus conclusiones ---y los conocimientos y razones últimas que las sustentan--- a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades
B2 CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos más amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B4 CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións ---e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan--- a públicos especializados e non especializados de un modo claro e sen ambigüidades
B11 CG6 - Destreza para investigar. Capacidade para innovar e contribuir ao avance dos principios, as técnicas e os procesos referidos o seu ámbito profesional, deseñando novos algoritmos, dispositivos, técnicas ou modelos útiles para a protección dos activos dixitais públicos, privados ou comerciais
B27 K-11 - Comprender los conceptos fundamentales sobre el negocio de la seguridad digital y, en este contexto, el funcionamiento de las empresas, las formas de monetización y la comunicación de productos a públicos especializados y no especializados
C4 CT4 - Valorar a importancia da seguridade da información no avance socioeconómico da sociedade
C5 CT5 - Ter capacidade para comunicarse oralmente e por escrito en inglés
C21 C-16 - Innovar y contribuir al avance de los principios, las técnicas y los procesos referidos a su ámbito profesional, diseñando nuevos algoritmos, dispositivos, técnicas o modelos útiles para la protección de los activos digitales públicos, privados o comerciales
C22 C-17 - Incorporar en el ejercicio profesional criterios de sostenibilidad y compromiso ambiental mediante el uso equitativo, responsable y eficiente de los recursos
C23 C-18 - Valorar la importancia de la seguridad de la información en el avance socioeconómico de la sociedad y tener capacidad para elaborar de planes y proyectos de trabajo claros, concisos y razonados en el ámbito de la ciberseguridad.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer os conceptos fundamentais sobre o negocio da seguridade dixital e a súa monetización. AP16
BP27
CP4
Coñecer de forma clara e sen ambigüedades as canles correctas de comunicación a públicos especializados e non especializados. AP39
BP4
CP5
Coñecer empresas do sector, a súa creación, desenvolvemento e orientación AP20
BP27
CP22
Entender que é posible orientar unha empresa no ámbito da seguridade e mesmo a sectores máis específicos dentro deste ámbito. AP20
BP11
CP23
Definir os perfís necesarios, propios da empresa ou externos, asociados á ciberseguridade. AP31
Coñecer as competencias clave do emprendemento, como a busca constante de oportunidades, a capacidade de asumir riscos calculados, a autoconfianza e a autoeficiencia, o pensamento crítico e creativo e as habilidades de liderado. AP38
BP2
CP21

Contidos
Temas Subtemas
Fundamentos dun Security Operation Centre (SOC) Definición dun SOC
Tipos de SOC
Infraestructura dun SOC Fases: Tecnoloxía, Operacional, Intelixencia
Ferramentas dun SOC: SIEM
Infraestrutura física dun SOC: rede privada, vídeo walls, laboratorios
Organización de un SOC Organigrama: CISO, CIO, staff
Perfís nun SOC
Métricas e intelixencia Métricas de supervisión
Priorización de vulnerabilidades
Monitoraxe de parches
Blacklist e outra listas
Monitoraxe proactiva
Monetización da seguridade Fundamentos dun modelo de negocio
Análisis de mercado
Proposta de valor
Mercado
Producto
Emprendemento Fundamentos do emprendemento
Ferramentas e axudas ao emprendemento

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A16 A19 A20 B12 C4 15 30 45
Seminario A16 A20 C4 10 0 10
Traballos tutelados B2 B4 B8 B10 B11 C2 C5 4 36 40
Proba obxectiva B4 B8 B10 1 2 3
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas que se expoñerá o contido teórico do temario incluíndo exemplos ilustrativos e co soporte de medios audiovisuais. O alumno dispoñerá do material de apoio (notas, copias das transparencias, artigos, etc.) con anterioridade e o profesor promoverá unha actitude activa, recomendando a lectura previa dos puntos do temario para tratar en cada clase, así como realizando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando cuestións abertas para a reflexión do alumno. As sesións maxistrais complementaranse coa realización de conferencias nas que se traerá algún experto externo para tratar algún tema puntual con maior profundidade.
Seminario Presentacións de empresas do sector, onde se debulle o seu modelo de negocio e infraestrutura de servizos orientados á explotación mercantil do negocio da ciberseguridade.
Traballos tutelados Proposta de traballos para a súa resolución individual ou grupal e non presencial por parte dos alumnos. Estes traballos permitirán aos alumnos profundar en aspectos do temario relevantes e que non se puideron tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais.
Proba obxectiva Ao final das sesións maxistrais propoñeráselle aos alumnos a realización dunha pequena proba tipo test na que se validen os conceptos introducidos ao longo do curso.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Recomendarase aos estudantes que asistan á titoría como parte fundamental do apoio á aprendizaxe.

Para a realización dos traballos supervisados, os profesores proporcionarán as indicacións iniciais necesarias, bibliografía para consulta e vixiarán os avances que o alumno está a realizar para ofrecer as orientacións pertinentes en cada caso, para asegurar a calidade do traballo. segundo os criterios indicados.

Como ferramentas telemáticas para a atención en liña personalizada utilizaranse as facilitadas pola coordinación do Master: Ferramenta de correo electrónico, ferramenta de teleformación (faitic) e videoconferencia e ferramenta de traballo en equipo (Teams).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A16 A20 C4 Este apartado avaliará a participación do alumno nas sesións formativas presentadas por diversos actores do mercado da ciberseguridade. 20
Proba obxectiva B4 B8 B10 Esta proba, consistente nun cuestionario test, avaliará os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios e traballos tutelados. 40
Traballos tutelados B2 B4 B8 B10 B11 C2 C5 Os traballos tutelados serán realizados de forma individual ou en grupo polos alumnos, seguindo as indicacións propostas polo profesor. 40
 
Observacións avaliación

A cualificación final do alumno calcularase en base ao resultado da proba obxectivo (40%), o traballo tutelado (40%) e a participación nos seminarios (20%). Non existe nota mínima para superar cada apartado.

Para a segunda oportunidade (convocatoria de xullo) aplicaranse os mesmos criterios de avaliación. Os alumnos terán a posibilidade de realizar unha proba obxectiva tipo test sobre os contidos tratados nas sesións maxistrais e unha segunda data de entrega dos traballos tutelados.
 

Os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán seguir a materia sen problemas, xa que a realización do traballo tutelado avaliable non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxectiva na data indicada no calendario de exames.  

IMPORTANTE:

As datas válidas para a entrega dos traballos tutelados será a publicada polo coordinador da materia na ferramenta de teleformación do master.

FRAUDE
En caso de detectarse algun fraude nas probas avaliables aplicaranse as medidas sancionadoras previstas na normativa da Universidade.


Fontes de información
Bibliografía básica David Nathans (2015). Designig and Building a Security Operations Center. Elsevier Inc. ISBN 978-0128008997

Bibliografía complementaria Gegory Jarpey & R. Scott McCoy (2017). Security Operations Center Guidebook: A Practical Guide for a Successful SOC. Elsevier Inc., ISBN 978-0128036570
Joseph Muniz (2016). Security Operations Center: Building, Operating, and Maintaining your SOC. Cisco Press, ISBN 978-0134052014


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión da Seguridade da Información/614530002

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Test de Intrusión/614530008
Conceptos e Leis en Ciberseguridade/614530001

Materias que continúan o temario
Seguridade Ubicua/614530013
Xestión de Incidentes/614530015
Seguridade en Dispositivos Móbiles/614530011
Ciberseguridade en Contornos Industriais/614530014

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías