Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Análise Forense de Equipos Código 614530112
Titulación
Máster Universitario en Ciberseguridade
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Vázquez Naya, José Manuel
Correo electrónico
jose.manuel.vazquez.naya@udc.es
Profesorado
Rivera Dourado, Martiño
Vázquez Naya, José Manuel
Correo electrónico
martino.rivera.dourado@udc.es
jose.manuel.vazquez.naya@udc.es
Web http://moovi.uvigo.es
Descrición xeral A análise forense de equipos consiste na aplicación de técnicas científicas e analíticas para identificar, preservar, analizar e presentar datos que sexan válidos dentro dun proceso legal.

Esta materia ten unha forte compoñente práctica. Comezarase con unha introdución á informática forense, explicando conceptos clave. A continuación, estudiaranse fundamentos e metodoloxías de análise forense dende un punto de vista xenérico e aplicable a novos casos, pero tamén se estudiarán exemplos concretos baseados en casos reais.

Nas prácticas de laboratorio, o/a alumno/a aprenderá a manexar diferentes ferramentas de análise forense e realizará prácticas simulando problemas reais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A32 HD-12 - Identificar, preservar y analizar evidencias, realizar análisis forense de un sistema de información, y generar informes que sean claros, concisos e inteligibles tanto por expertos como por personas ajenas al ámbito de la seguridad informática
B28 K-12 - Conocer las técnicas y herramientas para la preservación y análisis de evidencias, así como las metodologías adecuadas para la realización de trabajos forenses con validez legal
C11 C-06 - Identificar vulnerabilidades en un sistema real, así como variar sus parámetros y configurarlo para su protección frente a ellas; limitando así la exposición a amenazas conocidas
C13 C-08 - Realizar test de intrusión en entornos prácticos complejos para la identificación de vulnerabilidades, así como para realizar ataques en entornos controlados con juicio crítico y ético
C14 C-09 - Aplicar métodos de investigación forense para el análisis de incidentes o riesgos de ciberseguridad mediante técnicas científicas y analíticas para identificar, preservar, analizar y presentar datos que sean válidos dentro de un proceso legal

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das metodoloxías adecuadas para a realización de traballos forenses con validez legal AP32
BP28
CP14
Capacidade para a realización de análise forense dos diferentes elementos que forman un sistema de información, en múltiples plataformas e sistemas operativos AP32
BP28
CP11
CP13
Capacidade para xerar informes como resultado da análise forense claros, concisos e intelixibles tanto por expertos como por persoas alleas ao ámbito da seguridade informática AP32

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución ao análise forense Introdución
Fundamentos
Normativa
Clonado
2. Análise Forense en Windows Artefactos
Memoria
Ferramentas
Aspectos avanzados de análise forense en Windows
3. Análise Forense en Mac OS Artefactos
Memoria
Ferramentas
Aspectos avanzados de análise forense en Mac OS
4. Análise Forense en dispositivos móbiles: Android Artefactos
Ferramentas
Aspectos avanzados de análise forense en Android
5. Análise Forense en dispositivos móbiles: iOS Artefactos
Ferramentas
Aspectos avanzados de análise forense en iOS

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A32 B28 C14 10 15 25
Prácticas de laboratorio A32 B28 C11 C13 C14 10 20 30
Proba práctica A32 B28 C14 1 0 1
Traballos tutelados A32 B28 1 7 8
Proba obxectiva A32 B28 C14 1 0 1
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas de presentación dos coñecementos teóricos de cada un dos temas. Fomentarase a participación do alumnado.
Prácticas de laboratorio Sesións prácticas en computador, nas que se deben resolver unha serie de boletíns de exercicios prácticos propostos polo profesor. Os exercicios buscan consolidar os coñecementos presentados nas sesións maxistrais e tamén fomentar a aprendizaxe autónoma do alumnado.
Por cada boletín, o alumnado debe entregar unha memoria detallada indicando os pasos seguidos para resolver os exercicios, achegando evidencias. Valorarase: a calidade da memoria; a corrección do proceso descrito, dos comandos empregados e das opcións probadas; a xustificación dos pasos seguidos e a proposta de solucións alternativas.
Os boletíns de exercicios publicaranse a través da plataforma de formación da Universidade da Coruña. Imporase unha data máxima de defensa para cada boletín, co obxectivo de fomentar o estudo continuo.
Proba práctica Ao remate da realización das prácticas de laboratorio, realizarase unha proba na que el alumnado deberá demostrar as competencias adquiridas, resolvendo unha serie de exercicios prácticos e respondendo a unha seria de preguntas.
Traballos tutelados Proposta de traballos para a súa resolución individual por parte do alumnado. Estes traballos serán opcionais e permitiranlles ao alumnado interesado afondar en aspectos do temario que lles interesen especialmente e que non se puideran tratar co detalle suficiente durante as sesións maxistrais.
Proba obxectiva Proba mediante a que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Resolución de dúbidas.

O horario de titorías pode consultarse en https://www.udc.es/es/centros_departamentos_servizos/centros/titorias/?codigo=614

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A32 B28 C11 C13 C14 Propoñeranse varias prácticas o longo do curso, relacionadas coa análise forense de equipos, nas que o/a alumno/a traballará con distintas ferramentas e deberá realizar procesos de clonado, de recuperación de información, redacción de informes, etc. No enunciado de cada práctica especificarase a data límite para a realización da mesma, así como a metodoloxía de avaliación, que pode ser a través da entrega dunha memoria, da realización dunha proba en ordenador, ou mediante ambas. 40
Proba obxectiva A32 B28 C14 Exame final, tipo test ou de respostas curtas, mediante o que se valorarán os coñecementos e capacidades adquiridos polo alumno, tanto nas sesións de teoría coma nas sesións prácticas. 40
Proba práctica A32 B28 C14 Ao remate da realización das prácticas de laboratorio, realizarase unha proba na que o alumno deberá demostrar as competencias adquiridas, resolvendo unha serie de exercicios prácticos e respondendo a unha serie de preguntas. 10
Traballos tutelados A32 B28 Os traballos tutelados serán opcionais e sobre algún tema a convir entre o alumno e o coordinador da materia. 10
 
Observacións avaliación

Será necesario obter como mínimo o 50% da nota para aprobar a materia. Ademais, para aprobar a materia será preciso (en calquera oportunidade) obter un mínimo dun 40% da nota na proba obxectiva. En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é de 4.5.

A nota da proba obxectiva NON se conserva en ningunha convocatoria. O resto de notas consérvanse para o resto de oportunidades do curso académico.

1. CONVOCATORIA DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE - CONVOCATORIA ORDINARIA

Ao longo do curso realizaranse unha serie de prácticas de laboratorio, unha proba práctica e unha proba obxectiva, coas características e peso indicados no cadro anterior. Adicionalmente, o alumnado pode realizar un traballo tutelado.

2. RESTO DE CONVOCATORIAS

Realizarase unha proba obxectiva, coas características e peso indicados no cadro anterior.

A nota de prácticas de laboratorio poderá recuperarse mediante a realización das prácticas que se determinen para esta convocatoria. A presentación das prácticas nesta convocatoria implica a renuncia á nota obtida na primeira oportunidade, se a houbese.

A nota da proba práctica poderá recuperarse mediante a realización dunha nova proba práctica. A presentación á proba práctica nesta convocatoria implica a renuncia á nota obtida na primeira oportunidade, se a houbese.

A nota do traballo tutelado poderá recuperarse mediante realización dun novo traballo, cuxa temática debe ser acordada co coordinador da materia. A presentación do traballo tutelado nesta convocatoria implica a renuncia á nota obtida na primeira oportunidade, se a houbese.

Caso de querer recuperar a nota dalgunha parte nesta convocatoria, o alumnado deberá contactar co coordinador da materia, cunha antelación mínima de 20 días naturais antes da data do exame da correspondente convocatoria.

3. PLAXIO

Si se detectase plaxio en calquera das probas de avaliación, a cualificación final da materia será de "suspenso (0)", feito que se comunicará á coordinación do título para adoptar as medidas oportunas.

4. CONDICIÓN DE "NON PRESENTADO"

Considerarase como "non presentado" ao alumnado que non se presente a ningunha das actividades avaliables nunha convocatoria dada.

5. ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE DOCENCIA

Deberán poñerse en contacto cos profesores da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Eoghan Casey (2009). Handbook of Digital Forensics and Investigation. Academic Press
Pilar Vila Avendaño (2018). Técnicas de Análisis Forense informático para Peritos Judiciales profesionales. Madrid : 0xWORD

Bibliografía complementaria Juan Garrido Caballero, Juan Luis García Rambla, Chema Alonso (2012). Análisis forense digital en entornos windows. Móstoles: Informática64


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías