Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xestión Dixital do Patrimonio Arqueolóxico Código 614552008
Titulación
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Grandal D`Anglade, Aurora
Correo electrónico
aurora.grandal@udc.es
Profesorado
Blanco Calvo, Luis Alejandro
Grandal D`Anglade, Aurora
Correo electrónico
alejandro.blancoc@udc.es
aurora.grandal@udc.es
Web
Descrición xeral No ámbito do patrimonio arqueolóxico, a dixitalización cumpre un papel comunicativo, educativo e, tamén, promocional con respecto ao acervo patrimonial. O uso da fotografía dixital, os tratamentos 3D de lugares e objectos arqueolóxicos ou paleontolóxicos e elementos etnográficos, as reconstrucións virtuais ou o emprego adecuado dos sistemas audiovisuais e de virtualización son algúns dos elementos para presentar e cos que traballar nesta materia.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 CON7-Coñecementos sobre a virtualización do patrimonio cultural: infografías, realidade aumentada, visualización 3D, xeolocalización, fotointerpretación
A8 CON8-Coñecementos sobre a cartografía dixital/sistemas xeográficos de información
A12 CON12-Coñecementos sobre ferramentas dixitais para organización e xestión do patrimonio arqueolóxico
B1 HAB1-Ser capaz de establecer relacións para producir coñecemento no contorno da intelixencia dixital
B4 HAB4-Ser capaz de identificar fontes de información, recompilar e analizar datos e elaborar sínteses en relación con eles
B6 DES1-Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio
C2 CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sá área de estudo
C3 CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C5 CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en grande medida autodirixido ou autónomo
C6 CG1. Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamiento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións
C7 CG2. Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais no contorno digital
C8 CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital
C10 CG5. Traballar en equipos interdisciplinares en ámbitos empresariais de mercado e institucionais de xestión cultural
C11 CG6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
C12 CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico
C14 CT3. Adquirir un compromiso ético coas diversas formas de comunicación en contornos dixitais.
C15 CT4. Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer as ferramentas dixitais para organización e xestión do patrimonio arqueolóxico e os métodos de virtualización AP7
AP8
AP12
Adquirir coñecementos sobre a importancia da preservación e a difusión do patrimonio CP3
CP6
CP8
CP14
CP15
Ter a capacidade de desenvolver un proxecto de dixitalización de patrimonio arqueolóxico a partir de diversas fontes BP1
BP4
BP6
Comprender a importancia e recorrer á colaboración multidisciplinar para a difusión do patrimonio arqueolóxico xestionado mediante ferramentas dixitais CP2
CP5
CP7
CP10
CP11
CP12

Contidos
Temas Subtemas
1. Introducción. Patrimonio arqueolóxico e paleontolóxico. Patrimonio industrial. Patrimonio etnográfico. Elementos e características.
2. Dixitalización no ámbito do patrimonio arqueolóxico Dixitalización de obxectos y evidencias arqueológicas y etnográficas. Digitalización de lugares arqueológicos.
3. Uso da fotografía analítica e dixital. Fotografía de evidencias arqueolóxicas. Orientación e vistas. Fotografía aérea. Fotografía con microscopio optico e MEV. Tratamento de imaxes bidimensionais.
4. Tratamentos 3D de lugares e obxectos arqueolóxicos ou artísticos e elementos etnográficos. Diseño gráfico das imaxes dixitais (Photoshop y Gimp). Modelado 3D (Blender).
5. Reconstrucións virtuais. Métodos de dixitalización de superficie: Fotogrametrías, escáneres de luz e dixitalización mecánica.
Métodos de dixitalización de basados en tomografía: destructivos (físico-óptico, FIB) e non destructivos (CTs, MRI, ópticos).
6. Empleo de sistemas audiovisuais e de virtualización. Aplicacións vídeo-audio prá xestión de recursos dixitais.
Realidade aumentada (RA), virtual (RV) e mixta (RM).
Motores de xogo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A7 A8 A12 4 8 12
Análise de fontes documentais B4 C2 C3 C12 C14 8 16 24
Prácticas de laboratorio B1 B6 C6 C8 C11 15 30 45
Saídas de campo C8 4 4 8
Investigación (Proxecto de investigación) B4 B6 C5 C7 C10 C11 C15 3 30 33
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Revisión de elementos de patrimonio arqueolóxico susceptibles de dixitalización
Análise de fontes documentais Análises dalgúns xacementos e a súa cultura material, e as metodoloxías de dixitalización aplicadas en cada caso.
Prácticas de laboratorio Manexo de obxectos e sitios arqueolóxicos, planificación de dixitalización e primeiros pasos na obtención de datos dixitalizados
Saídas de campo Obtención de datos de obxectos /lugares arqueolóxicos para a realización do proxecto.
Investigación (Proxecto de investigación) Realización da dixitalización do obxecto/cerco seleccionado, elaboración dun proxecto e a súa exposición.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
Guiarase ao/a alumno/a nos estadíos iniciais do traballo e ao longo do mesmo de maneira individualizada

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) B4 B6 C5 C7 C10 C11 C15 realización do traballo,cualidade do resultado, grao de implicación no proceso, aplicación dunha perspectiva de conservación, divulgación e xestión. 70
Saídas de campo C8 Asistencia e participación activa 5
Actividades iniciais A7 A8 A12 Asistencia e participación activa 5
Prácticas de laboratorio B1 B6 C6 C8 C11 Asistencia e realización satisfactoria do traballo 15
Análise de fontes documentais B4 C2 C3 C12 C14 Asistencia e participación activa 5
 
Observacións avaliación

Para
superar a asignatura será necesario obter alomenos o 50% da cualificación
correspondente a cada unha das metodoloxías. A cualificación final será a media
ponderada segundo as porcentaxes de cada metodoloxía.





No
caso de realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación,
aplicarase a normativa vixente na UDC.





O
alumnado con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma
individual, con entregas nas datas marcadas polo docente, e terá atención
personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e
tamén sobre o marco teórico e práctico da materia. 



Fontes de información
Bibliografía básica

- Eiroa, J.J., Bachiller, J.A., Castro Tamos, L. (1999) Nociones de tecnología y tipología en prehistoria. Barcelonas: Ariel.

- Madrigal, A. (2013). Desenterrar el pasado. Introducción al Patrimonio Arqueológico. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte.

- Muñoz ibáñez, F.J., San Nicolás Pedraz, M.P. 2010. La cultura material como fuente esencial de conocimiento en Arqueología. Ed. UNED.

- Remondino, F. y Campana, E. (2014). 3D modeling in archaeology and cultural heritage. Theory and best practices. BAR International Series 2598. Oxford: Archaeopress.

- VV AA. (2018) Digital Heritage. Progress in Cultural Heritage: Documentation, Preservation, and Protection. 7th International Conference, EuroMed 2018, Nicosia, Cyprus, October 29 – November 3, 2018, Proceedings, I y II. En: Lecture Notes in Computer Science (Springer), vols. 11196 y 11197.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase ós alunos/as o uso da súa propia cámara de fotos e unha experiencia básica previa en fotografía.

Nesta materia incorporarase a perspectiva de xénero (usarase linguaxe non sexista,  bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase para identificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Tratarase de detectar situacións de discriminación por razón de xénero e, de habelas, propoñeranse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías