Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Xestión Dixital do Patrimonio Xeográfico Código 614552013
Titulación
Máster Universitario en Patrimonio Cultural Dixital
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Seco Naveiras, Diego
Correo electrónico
diego.seco@udc.es
Profesorado
Bernardo Roca, Guillermo de
Seco Naveiras, Diego
Correo electrónico
guillermo.debernardo@udc.es
diego.seco@udc.es
Web
Descrición xeral A materia aborda o estudo e aplicación de datos espaciais, Open Data, infraestruturas de datos espaciais (IDE), metadatos e servizos IDE no contexto do patrimonio cultural. Tamén se exploran aspectos tecnolóxicos, económicos e sociais, así como o desenvolvemento de proxectos IDE e a xestión de cartotecas e mapotecas. Os estudantes adquiren coñecementos e habilidades para traballar con ferramentas e servizos fundamentais na xestión e difusión do patrimonio cultural relacionados coa información xeográfica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A7 CON7-Coñecementos sobre a virtualización do patrimonio cultural: infografías, realidade aumentada, visualización 3D, xeolocalización, fotointerpretación
A8 CON8-Coñecementos sobre a cartografía dixital/sistemas xeográficos de información
A20 CON20-Coñecementos sobre infraestruturas de datos espaciais
B3 HAB3-Ser capaz de establecer relacións e interactuar cos enfoques de diversas disciplinas
B5 HAB5-Ser capaz de elixir e presentar os resultados de proxectos de todo tipo relacionados coa xestión do patrimonio dixital
B8 DES3-Ser capaz de traballar en equipo cunha actitude colaborativa e interdisciplinar
C1 CB1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C2 CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sá área de estudo
C4 CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C5 CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en grande medida autodirixido ou autónomo
C6 CG1. Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamiento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións
C7 CG2. Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais no contorno digital
C8 CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital
C9 CG4. Integrar destrezas de comunicación orientadas ao marketing cultural en contornos emprendedores
C11 CG6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
C12 CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico
C13 CT2. Facer fronte de forma activa á resolución de problemas no contorno social e de mercado.
C15 CT4. Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aplicar coñecementos e ferramentas tecnolóxicas para a xestión e difusión do patrimonio cultural utilizando datos espaciais e infraestruturas de datos espaciais (IDE). AP8
AP20
CP11
CP12
Comprender e utilizar de forma adecuada os conceptos de metadatos, nomenclátores, catálogos e clearing-houses na información xeográfica do patrimonio cultural. AP7
BP3
BP5
CP2
CP4
Desenvolver proxectos IDE, aplicando estratexias e servizos fundamentais para a xestión de datos espaciais no ámbito do patrimonio cultural. AP20
BP3
BP8
CP1
CP6
CP7
CP8
Utilizar ferramentas e servizos tecnolóxicos necesarios para a adquisición, procesamento e visualización de datos espaciais relacionados co patrimonio cultural. AP7
CP5
CP9
CP13
Analizar aspectos económicos, sociais e de regulación que influen na xestión e difusión de datos espaciais do patrimonio cultural, considerando o seu impacto e aplicación en contornos reais. CP9
CP12
CP13
CP15

Contidos
Temas Subtemas
Datos espaciais Representación e procesamento de datos espaciais.
Open data e Open Spatial Data.
Infraestruturas de datos espaciais Introdución ás IDE.
Metadatos, Nomenclátores, Catálogos e Clearing-Houses para a Información Xeográfica.
Aspectos tecnolóxicos, económicos, sociais e de regulación.
Servizos IDE.
Desenvolvemento de proxectos IDE Ferramentas e servizos fundamentais.
Cartotecas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas a través de TIC B8 C2 C7 C8 C11 C12 17 34 51
Traballos tutelados B3 B5 B8 C1 C4 C9 C11 C13 3 33 36
Proba mixta A7 A8 A20 C4 C5 C9 0 20 20
Sesión maxistral A7 A8 A20 B3 B5 C5 C6 C15 15 0 15
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Plantexaranse problemas específicos a resolver polo alumnado utilizando as técnicas e ferramentas vistas na materia.
Traballos tutelados O alumnado deberá propoñer e desenvolver a resolución a un problema de xestión dixital do patrimonio xeográfico.
Proba mixta Realización dunha proba escrita individual na que se avaliarán os conceptos explicados na materia.
Sesión maxistral Exposición dos contidos teóricos fundamentais da materia, en combinación con aspectos de aplicación práctica.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Nas prácticas e traballos tutelados realizarase un seguimento individualizado das tarefas realizadas por parte do alumnado. O profesor resolverá dúbidas e proporá melloras a cada estudante ou grupo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B8 C2 C7 C8 C11 C12 Realización das tarefas prácticas propostas. 20
Traballos tutelados B3 B5 B8 C1 C4 C9 C11 C13 Avaliarase a calidade do traballo realizado e a súa xustificación. 40
Proba mixta A7 A8 A20 C4 C5 C9 Proba individual escrita, sobre os contidos da materia. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

Para aprobar a materia é necesario obter unha cualificación global superior a 5, e ademais:

  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) nos traballos tutelados.
  • Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 4) na proba mixta.

De non obter algunha destas notas mínimas, a nota máxima global da materia non será superior a un 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba mixta.


SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superasen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma:

  • Traballos tutelados: poderán recuperarse no caso de que non foran entregados ou non se acadase a nota mínima na primeira oportunidade. 
  • Prácticas a través de TIC: cada práctica poderá recuperarse realizando unha nova entrega na segunda oportunidade.
  • Proba mixta: poderá recuperarse realizando o exame, nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
  • Na segunda oportunidade mantéñense as mesmas porcentaxes de avaliación e notas mínimas da primeira oportunidade.
  • Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das partes.


DISPENSA ACADÉMICA

Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes nas primeiras semanas do curso para determinar as condicións de entrega das prácticas e traballos tutelados.


FRAUDE ACADÉMICO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Miguel A. Bernabé Poveda, Carlos M. López Vázquez (2012). Fundamentos de las Infraestructuras de Datos Espaciales. IGN
Michael F. Worboys, Matt Duckham (2004). GIS: A Computing Perspective. CRC Press

Bibliografía complementaria Philippe Rigaux, Michel Scholl and Agnès Voisard (2002). Spatial Databases With Application to GIS. Morgan Kaufmann


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Tecnoloxías Aplicadas ao Patrimonio/614552005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
SIX e Modelado 3D/614552020

Materias que continúan o temario

Observacións
Perspectiva de xénero:

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (uso de linguaxe non sexista, etc.) traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Tratarase de detectar situacións de discriminación por razón de xénero e de propor accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías