Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que se poden presentar na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra linear; cálculo diferencial e integral; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización. |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber analizar funcións dunha variable real:
- Límites, continuidade, derivación, optimización e representación gráfica
- Integración definida e indefinida e a súa aplicación ao cálculo de superficies e volumes, así como á resolución de ecuacións diferenciais |
A1
|
B3
|
|
Saber empregar unha aplicación informática de cálculo simbólico e computacional para o desenrolo dos contidos da materia |
A1
|
B3
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Conxuntos de números |
Conxuntos clásicos de números
Números complexos |
Funcións reais dunha variable real |
Definicións básicas
Funcións elementais
Límites
Continuidade
Método de dicotomía
Polinomio de interpolación de Lagrange |
Derivación |
Definición de derivada e propiedades básicas
Método de Newton-Raphson
Derivadas sucesivas
Aplicacións da derivada
Convexidade e concavidade
Teorema de Taylor |
Integración |
Integración indefinida
A integral de Riemann
Teorema fundamental do Cálculo
Integración numérica
Integración impropia
Aplicacións da integral
Ecuacións diferenciais
|
Pyhton para cálculo dunha variable |
Introducción a SymPy
Límites e continuidade en Sympy
Introducción a NumPy
Gráficas con Matplotlib
Derivación en Python
Integración en Python |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A1 B3 |
18 |
18 |
36 |
Sesión maxistral |
A1 B3 |
30 |
60 |
90 |
Seminario |
A1 B3 |
9 |
9 |
18 |
Proba obxectiva |
A1 B3 |
0 |
3 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
- Ensinarase o uso do paquete informático Python, co que se empregarán ou implementarán ferramentas de cálculo simbólico e numérico.
- Resolveranse, coa axuda de Python, problemas da materia. |
Sesión maxistral |
- Realizaranse presentacións tomando como base apuntamentos completos da materia, facilitados previamente ao alumnado. Serán completadas con exemplos e exercicios clarificadores.
- Usaranse vídeos curtos para ilustrar algúns puntos craves no desenvolvemento da materia, tanto na parte teórica como práctica. |
Seminario |
- Resolveranse dúbidas do alumnado, así como traballos e exercicios dos boletíns de problemas, dispoñibles con anterioridade, ou outros propostos polo profesor ou o alumnado. Para iso poderá usarse, cando sexa necesario, o software explicado nas prácticas de laboratorio.
- Nalgúns seminarios ofertarase a posibilidade de realizar, de xeito voluntario, un proxecto vinculado aos Obxetivos de Desenrolo Sostible (ODS). Nesta tarefa educativa, o/a estudante vinculará contidos da materia de Cálculo con algúns dos ODS, propoñendo e resolvendo problemas matemáticos vinculados a eles. |
Proba obxectiva |
- Realizarase un exame escrito tipo test que consistirá nunha colección de cuestións teóricas e/ou prácticas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
- A diversidade do alumnado e da súa formación fai recomendable unha orientación, que podería levarse a cabo no marco dunha acción titorial.
- Nas prácticas de laboratorio o profesorado, presente na aula, axudará ao alumnado no desenvolvemento destas prácticas, instruíndoo no manexo do paquete informático Python, e axudándolle a comprender algúns aspectos teóricos e prácticos da materia.
- Durante os seminarios o profesorado axudará ao alumnado na resolución de exercicios teóricos e de aplicación, utilizando o software explicado nas prácticas.
- Realizaranse titorías, presencialmente ou a través da plataforma Teams, ao estudantado que así o solicite, tentando resolver dudas de formas máis personalizada.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A1 B3 |
Realizaranse 4 probas de avaliación durante os seminarios da materia que supoñerán, cada unha delas, ata o 15% da nota final.
En cada unha destas probas, o alumnado deberá resolver un problema práctico da materia, do mesmo tipo que os presentes nos boletíns de problemas, podendo utilizar o seu computador portátil e o software explicado durante as probas de laboratorio.
Eventualmente, e previo acordo co profesorado, o alumnado poderá recuperar ata un 20% da nota deste apartado realizando un proxecto vinculado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). |
60 |
Sesión maxistral |
A1 B3 |
Non se realizarán probas de avaliación durante as sesións maxistrais. |
0 |
Prácticas de laboratorio |
A1 B3 |
|
0 |
Proba obxectiva |
A1 B3 |
O exame final, cun valor entre o 40 e o 100% (dependendo da cualificación obtida na parte dos Seminarios) consistirá en realizar unha proba escrita tipo test. |
40 |
|
Observacións avaliación |
O alumnado acabará o período de clases cun máximo dun 60% da cualificación, que obterá a través de catro controles que se realizarán nas sesións de seminarios (cun peso dun 15% cada un). En cada un destes controis, cada estudante resolverá un ou varios problemas prácticos de desenvolvemento utilizando o seu computador portátil e o software Python, explicado nas prácticas de laboratorio. Nota: Se se detectase algunha actividade ilícita na realización dalgún destes controis (exercicios copiados, utilización inadecuada de recursos on-line etc.)/ etc.) todas as persoas involucradas terán unha cualificación de 0 no control en cuestión e, en función da gravidade do feito, o profesorado poderá decidir unha cualificación global de 0 en todo o apartado de "Seminario". Nas datas que estableza a Xunta de Facultade, o alumnado realizará, por escrito, o exame final da materia. A nota obtida no exame final se reescalará de forma que cada estudante teña a oportunidade de recuperar a parte que perdese na avaliación correspondente aos seminarios. Desta maneira, o exame final supoñerá entre un 40 e un 100% da nota final da materia. É necesario obter unha calificación igual ou superior a 2,50 puntos, sobre 10, no exame final para superar a materia. A proba final correspondente á segunda oportunidade (xuño ou xullo de 2023) rexerase polos mesmos principios que a da primeira oportunidade. A avaliación dos Seminarios e as prácticas de laboratorio do alumnado con matrícula a tempo parcial poderase realizar atendendo, na medida do posible, ás súas circunstancias particulares. Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro, o proceso de avaliación incluirá: a) unha proba obxectiva que puntuará un máximo de catro puntos, b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio, que puntuará un máximo de seis puntos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía básica: |
Bibliografía complementaria
|
|
Bibliografía complementaria: |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Métodos Numéricos para a Informática/614G01064 |
|
Observacións |
Recoméndase o traballo diario para un axeitado aproveitamento dos Seminarios, así como das prácticas de laboratorio, sen esquencer o seguimento das clases maxistrais. |
|