NON PRESENTADO
Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO
calquera estudante que non realice a proba mixta.
Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO
calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha parte.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade.
Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de
algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira
oportunidade nesa parte.
DISPENSA ACADÉMICA
O alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica
que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos
docentes para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas
de laboratorio.
OPORTUNIDADE ADIANTADA
A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente
nunha proba ou entrega de traballo que computará o 100% da
calificación.
FRAUDE ACADÉMICO
A comisión de fraude académico será penalizada de acordo co establecido nas "NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DOS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO" e no "REGULAMENTO DISCIPLINAR DO ESTUDANTADO" da UDC.