Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A54 |
Capacidade para empregar metodoloxías centradas no usuario e a organización para o desenvolvemento, a avaliación e a xestión de aplicacións e sistemas baseados nas tecnoloxías da información que aseguren a accesibilidade, ergonomía e a usabilidade dos sistemas. |
A56 |
Capacidade para seleccionar, despregar, integrar e xestionar sistemas de información que satisfagan as necesidades da organización, cos criterios de custo e calidade identificados. |
A57 |
Capacidade de concibir sistemas, aplicacións e servizos baseados en tecnoloxías de rede en que se inclúan internet, web, comercio electrónico, multimedia, servizos interactivos e computación móbil. |
B1 |
Capacidade de resolución de problemas |
B3 |
Capacidade de análise e síntese |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Adquisición de coñecementos para comprensión e despregue de servizos avanzados de internet. |
A54 A56
|
B3
|
C3
|
Adquisición de coñecementos para toma de decisións de deseño de servizos de rede. |
A57
|
B1 B3
|
C3 C4 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introducción |
Sistemas Multimedia, Tipos de Sistemas, Streaming, Transporte Multimedia, ... |
Voz sobre redes de paquetes |
Introducción á codificación e transmisión da voz.
Concepto de voz sobre IP (VoIP): transmisión en paquetes, codecs, supresión de ecos, calidade de servizo (QoS).
Hardware e software para VoIP.
Asterisk: Instalación, configuración e programación dunha centralita de VoIP.
|
Estándares de Compresión para Video e Imaxes |
Representación dixital de imaxes.
Compresión de imaxes: JPEG.
Introducción ás métricas de calidade.
Compresión de video: H.26X, MPEG, ... |
Protocolos |
Protocolos de sinalización: H323, SIP, SDP, IAX2, ...
Protocolos de transporte: RTP, RTCP, ... |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A54 A56 A57 B1 B3 C4 C6 C7 C8 |
21 |
30 |
51 |
Proba mixta |
A54 A56 A57 B1 B3 C3 C6 C8 |
3 |
0 |
3 |
Traballos tutelados |
A54 A56 A57 B3 C4 C6 C7 C8 |
7 |
22 |
29 |
Prácticas a través de TIC |
A54 A56 A57 B1 B3 C3 C4 C6 C7 C8 |
14 |
50 |
64 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación dos contenidos da asinatura. |
Proba mixta |
Proba escrita con preguntas de teoría sobre os contidos da asignatura e resolución de problemas. |
Traballos tutelados |
Traballos realizados polo alumno no que deberán resolver unha serie de problemas ou supostos prácticos aplicando os coñecementos adquiridos. |
Prácticas a través de TIC |
Prácticas individuais para probar os conceptos adquiridos nas clases maxistrais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O profesor realizará titorías e atenderá as dúbidas nos horarios dos grupos reducidos para a posta en marcha e desenvolvemento das prácticas.
As titorías serán preferiblemente en formato non presencial a través de diferentes medios telemáticos, principalmente usando a ferramenta Teams, e no horario especificado. Os estudantes poderán solicitar tamén titorías presenciais se fose necesario. O horario de titorías poderase adaptar segundo as necesidades do alumnado na modalidade de matriculación a tempo parcial. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas a través de TIC |
A54 A56 A57 B1 B3 C3 C4 C6 C7 C8 |
A avaliación será realizada a partir das prácticas entregadas polos alumnos e mediante un exame para valorar os coñecementos adquiridos nestas sesións prácticas. |
40 |
Proba mixta |
A54 A56 A57 B1 B3 C3 C6 C8 |
Mediante unha proba escrita valorase o coñecemento adquirido polo alumno ao longo do curso |
40 |
Traballos tutelados |
A54 A56 A57 B3 C4 C6 C7 C8 |
Avaliarase a correcta realización por parte do alumno dos exercicios ou traballos propostos polo profesor. |
20 |
|
Observacións avaliación |
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
Para aprobar esta materia, os alumnos deberán acadar un mínimo de 5 puntos sobre 10 sumando as
notas obtidas na proba mixta, na parte de prácticas e na de traballos tutelados. Na segunda oportunidade de Xullo, os alumnos deberán avaliarse novamente das dúas partes da asignatura mediante a proba mixta e un exame final de prácticas. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a "NORMA QUE
REGULA O REXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e
4.5) (29/5/212). Non será obrigatoria a asistencia ás prácticas da asignatura e os prazos de entrega serán tamén flexibles para axustarse ás necesidades do alumnado. Detección de plaxios ou copia de traballos: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Leif Madsen (2011). Asterisk™: The Definitive Guide. O'Reilly
Colin Perkins (2003). RTP: Audio and Video for the Internet. Addison Wesley
Iain E. Richardson (2010). The H.264 Advanced Video Compression Standard. Wiley
Wes Simpson (2008). Video over IP: IPTV, Internet Video, H.264, P2P, WebTV, and Streaming: A Complete Guide to Understanding the technology. Focal Press
William A. Flanangan (2012). VoIP: Internet Telephony and the Future Voice Network. Wiley |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Internet e sistemas distribuidos/614G01023 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|