Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Deseño de Redes Código 614G01082
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Gonzalez Lopez, Miguel
Correo electrónico
miguel.gonzalez.lopez@udc.es
Profesorado
Gonzalez Lopez, Miguel
Vazquez Araujo, Francisco Javier
Correo electrónico
miguel.gonzalez.lopez@udc.es
francisco.vazquez@udc.es
Web http://moodle.udc.es/course/view.php?id=44735
Descrición xeral O obxectivo da asignatura é presentar os esquemas máis recentes en redes IP, redes de sensores (WSNs) e redes móbiles ad hoc (MANETs). Cúbrense aspectos como calidade de servizo (QoS), IPv6, redes privadas virtuais (VPNs), redes de sensores, redes MANET e os seus algoritmos de enrutado.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecer en profundidade os distintos elementos cos que se pode construir unha rede de comunicacións. Capacidade de analizar as vantaxes e inconvintes de cada topoloxía e protocolo de rede. Coñecer os algoritmos que incorporan os protocolos, e os seus contornos de aplicabilidade. A17
A55
B1
B3
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
1. Calidade de servizo (QoS) 1.1 QoS en capa 2.
1.1.1 En redes cableadas (IEEE 802.1p).
1.1.2 En redes sen fíos (IEEE 802.11e).
1.2 QoS en capa 3.
1.2.1 Servizos integrados (IntServ). Protocolo RSVP
1.2.2 Servizos diferenciados (DiffServ). PHBs. Clasificación, marcado, medida (mecanismos token bucket), conformado e descarte de tráfico. Colas CBWFQ e LLQ. Algoritmo RED e WRED.
2. Análise, deseño e direccionamiento en redes IP. Redes IP avanzadas (IPv6) 2.1 IPv6: motivación, diferenzas con IPv4, cabeceiras de extensión IPv6, asignación automática de direccións, fragmentación, protocolo Neighbour Discovery (ND), multicast IPv6.
3. Redes privadas virtuais (VPNs). IPsec. 3.1 VPNs: propósito, tipos, VPNs de nivel 2 (PPP) vs VPNs de nivel 3 (IPsec).
3.2 IPsec: fundamentos, autenticación (AH), encapsulamento seguro (ESP), mecanismos de intercambio de chaves: IKE.
4. MANETs: Mobile Ad Hoc Networks 4.1 Motivación e fundamentos.
4.2 Capa de rede. Algoritmos de enrutado: reactivos, proactivos e híbridos.
4.3 Capa de transporte.
5. Redes de sensores (WSNs) 5.1 Capa PHY/MAC. 802.15.4
5.2 Capa de rede. Algoritmo de enrutado RPL.
5.3 Capa de transporte e aplicación. CoAP e MQTT.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A17 A55 B1 B3 C6 21 51 72
Proba mixta A17 A55 B1 B3 C6 3 0 3
Prácticas a través de TIC B1 B3 C3 21 51 72
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas de teoría, así como de exemplos e problemas ilustrativos da materia.
Proba mixta O contido das sesións maxistrais avaliarase mediante o exame final.
Prácticas a través de TIC Explicación e seguimento de prácticas TIC sobre os contidos da asignatura. Utilizaranse as ferramentas OMNET++ INET, Contiki-NG e strongSwan.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Descrición
Resolución de dúbidas sobre as sesións maxistrais e as prácticas da asignatura.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC B1 B3 C3 Avaliarase mediante as memorias de traballo sobre as prácticas realizadas polo/a alumno/a. As datas de entrega das distintas memorias de prácticas estarán espaciadas ao longo do cuadrimestre. 40
Proba mixta A17 A55 B1 B3 C6 O contido das sesións maxistrais avaliarase mediante o exame final. 60
 
Observacións avaliación

Avaliación no caso de alumnado a tempo parcial: igual que no caso xeral.

Na segunda oportunidade só se realizará un exame final correspondente ás sesións maxistrais. A nota de prácticas será a obtida durante o curso mediante a avaliación continua do traballo do/a estudante.

Copia e/ou plaxio: aplicarase o art. 14 apartado 4b da normativa da UDC: "Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario."


Fontes de información
Bibliografía básica R. S. Koodli, C. E. Perkins (2007). Mobile Inter-networking with IPv6: Concepts, Principles and Practices. Wiley

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión de Infraestruturas/614G01025
Administración de Redes/614G01048

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Software de Comunicacións/614G01034
Administración de Infraestruturas e Sistemas Informáticos/614G01216

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías