PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Para superar a materia na primera oportunidade é necesario obter:
- Un mínimo do 50% da puntuación máxima asignada ás prácticas de laboratorio.
- Un mínimo do 40% da puntuación máxima asignada á proba mixta.
- Unha cualificación global, aplicando os pesos da proba mixta e das prácticas de laboratorio, igual ou superior ao 50%.
No caso de incumprir algunha das condicións necesarias para superar a materia, a cualificación final nas actas será un Suspenso e a nota máxima que se poderá obter é 4,5.
Calquer/a estudante que non entregue ningunha das prácticas nin realice a proba mixta terá cualificación de NON PRESENTADO.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Só poderán presentarse á segunda oportunidade os/as alumnos/as que non superen a materia na primeira oportunidade.
As condicións necesarias para superar a materia na primeira oportunidade mantéñense na segunda coas seguintes consideracións:
- A nota das partes que acadasen o mínimo establecido en primeira oportunidade conservaranse na segunda.
- Será posible recuperar a parte correspondente ás prácticas de laboratorio no caso de non ter obtido o mínimo establecido en primeira oportunidade.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO nesta oportunidade aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes.
REPETIDORES
A nota das prácticas conservarase durante un curso académico no caso de obter un mínimo do 50%.
MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberá comunicar a súa situación ao profesorado co fin de establecer unhas condicións adaptadas á súa dispoñibilidade. En calquera caso, os criterios da súa avaliación serán os mesmos que os do alumnado que curse a materia a tempo completo.
FRAUDE
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de Suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con Suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.