Cálculo
da nota final da materia
A cualificación das probas de laboratorio non se poderá recuperar.
Con todo, a nota obtida o día do exame final se re-escalará de forma que o alumno teña a oportunidade de recuperar o 20% da cualificación correspondente á proba de Moodle.
Se denotamos por P a cualificación das prácticas (entre 0 e 3 puntos), M a nota obtida na proba de Moodle (entre 0 e 2 puntos) e E a puntuación do exame final (entre 0 e 10 puntos), calculamos o valor N mediante a fórmula seguinte:".
N = P + M + 0'1 * (7-M) * E
Para o cálculo da nota final distinguiremos dous casos:
- Se o valor de E é maior ou igual que 4, a cualificación final (F) será o valor de N.
- Se o valor de E é menor que 4, a cualificación final (F) será o valor mínimo entre N e 4,5.
A presentación á proba final do curso supón que o/o alumno/a completou o proceso de avaliación continua.
Para o alumnado que se presente á segunda oportunidade, o cálculo da nota final (F) realizarase da mesma maneira que na primeira substituyendo o valor de E polo obtido na nova proba escrita que terá lugar na data oficial determinada pola Xunta de Facultade.
En calquera das dúas oportunidades, para superar a materia, o valor de F debe ser maior ou igual que 5.
Observación importante:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Avaliación do alumnado
matriculado a tempo parcial:
Dependendo das particularidades de cada caso concreto e das posibilidades do profesorado encargado do grupo ao que estea asignado un/unha estudante matriculado a tempo parcial, axustaranse as probas da avaliación continua para que dito/a estudante poida obter a mesma cualificación que un/unha estudante de matrícula ordinaria.
Avaliación do alumnado matriculado con necesidades dalgunha adaptación curricular:
Dependendo das particularidades de cada caso concreto e das posibilidades do profesorado, axustaranse as probas de avaliación para que dito/a estudante poida realizar as mesmas probas que os seus compañeiros/as.
Na oportunidade adiantada a
decembro:
O exame cualificarase sobre dez puntos, sendo necesario obter polo menos un cinco para aprobar a materia.