Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Bases de Datos Código 614G03010
Titulación
Grao en Intelixencia Artificial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Fariña Martinez, Antonio
Correo electrónico
antonio.farina@udc.es
Profesorado
Cerdeira Pena, Ana Belen
Cortiñas Álvarez, Alejandro
Fariña Martinez, Antonio
Ramos Vidal, María Delfina
Correo electrónico
ana.cerdeira@udc.es
alejandro.cortinas@udc.es
antonio.farina@udc.es
delfina.ramos@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Esta materia revisa as principais tecnoloxías e paradigmas orientados á xestión de datos, facendo especial fincapé nas bases de datos relacionais.
Abordaráse o modelado conceptual de bases de datos. Utilizarase o modelo relacional teórico como base para a representación e xestión de datos, e a linguaxe SQL para o manexo dunha base de datos relacional real. Ademais, revisaranse outros aspectos de implementación como a xestión de transaccións, a concurrencia e recuperación.

Competencias do título
Código Competencias do título
A8 Coñecer e aplicar as características, funcionalidades e estrutura dos sistemas de bases de datos e as bases de datos distribuídas, que permitan o seu uso adecuado e a implementación sobre eles de solucións de Intelixencia Artificial que poidan incluír grandes volumes de datos.
B2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B5 Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B7 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade.
B9 Capacidade para seleccionar e xustificar os métodos e técnicas adecuadas para resolver un problema concreto, ou para desenvolver e propor novos métodos baseados en intelixencia artificial.
C2 Capacidade de traballo en equipo, en contornas interdisciplinares e xestionando conflitos.
C3 Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento e comprensión dos conceptos, principios e teorías básicas relacionadas coas bases de datos relacionais e/ou outros paradigmas de bases de datos. A8
B2
B5
B9
Capacidade de modelar e deseñar bases de datos relacionais co obxectivo de permitir o almacenamento da información necesaria para dominios de aplicación concretos. A8
B2
B5
B7
C2
C3
Capacidade para manipular bases de datos relacionais mediante sentenzas SQL. A8
B5
B7
C2

Contidos
Temas Subtemas
O Modelo relacional Estrutura
Restricións
Operacións (álxebra relacional)
Deseño de Bases de datos Introdución: anomalías e fases de deseño
Deseño lóxico
Deseño conceptual
Paso de ER a relacional
Concurrencia e recuperación Problemas de concurrencia e fallos
Xestión de transaccións
Recuperación ante fallos
Control de concurrencia
Almacéns e lagos de datos Fundamentos de almacéns e lagos de datos
SQL Consultas
Operacións DML
Operacións DDL

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A8 B2 B5 B9 23 23 46
Solución de problemas B2 B5 B7 C3 22 33 55
Prácticas de laboratorio B2 B5 B7 C2 C3 18 27 45
Proba mixta A8 B2 B7 B9 C3 3 0 3
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante estas sesións exporanse os contidos fundamentais da materia. Constan de exposición de obxectivos, motivación, desenvolvemento conceptual, utilidade e resumen.
Solución de problemas Sesións de problemas onde primeiro se expón un problema a solucionar. A continuación, déixase algún tempo para que o/a alumno/a intente solucionalo e reflexione sobre distintos aspectos a tratar para resolvelo. Finalmente resólvese, posiblemente mostrando erros típicos nas solucións aportadas polo alumnado
Prácticas de laboratorio Nas clases de laboratorio expóñense os coñecementos necesarios para adquirir as habilidades propostas. Nas prácticas de laboratorio realizaranse os exercicios que leven a desenvolver competencias procedimentais.

Nestas clases os/as estudantes realizarán tamén o deseño e implementación dunha base de datos relacional, que o/a estudante deberá desenvolver pola súa conta, coa asistencia puntual dos/as docentes.
Proba mixta Probas presenciais a realizar en tempo limitado, nas que se evalúan coñecementos tanto teóricos como prácticos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Nas prácticas de laboratorio haberá unha atención semi-personalizada (ao existir grupos de tamaño reducido). O/a profesor/a atenderá dúbidas puntuais a cada estudante no seu posto de traballo.

De cara á realización de titorías, o alumnado concertará unha cita dentro do horario de titorías que os/as profesores teñan establecido en espazos.udc.es.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A8 B2 B7 B9 C3 Tanto na PRIMEIRA OPORTUNIDADE como na SEGUNDA OPORTUNIDADE haberá que superar unha proba escrita que suporá o 60% do global da nota.

Para aprobar a materia globalmente hai que conseguir na proba escrita unha NOTA MÍNIMA de 2.4 (sobre 6). Non sendo así, a nota máxima GLOBAL da materia non será en ningún caso superior a un 4,5 (e polo tanto a materia se considerará SUSPENSA)

Puntuación máxima: 6 puntos
Nota mínima para aprobar: 2.4 (sobre 6)
60
Prácticas de laboratorio B2 B5 B7 C2 C3 Para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
- Proba de linguaxe SQL (Puntuación máxima 2 pt).
- Deseño e implementación dunha BD (Puntuación máxima 2 pt).

Para a SEGUNDA OPORTUNIDADE:
- Proba de linguaxe SQL (Puntuación máxima 2 pt).
- A nota correspondente ao deseño e implementación dunha BD non se pode recuperar. Consérvase a nota da primeira oportunidade
40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

  • Na PRIMEIRA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba escrita.
  • De acordo coa a normativa da UDC, de superaren a materia na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante non poderá volver a presentarse na SEGUNDA OPORTUNIDADE para intentar mellorar a súa nota.
  • Se se suspende a materia na PRIMEIRA OPORTUNIDADE, o/a estudante pode decidir volver a avaliarse da proba de linguaxe de SQL ou da proba escrita (ou de ambas) na SEGUNDA OPORTUNIDADE.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

  • Na SEGUNDA OPORTUNIDADE terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non opte a recuperar ningunha das partes (proba escrita e/ou proba de linguaxe SQL)
  • No caso de realizar a recuperación dunha proba, a nota final na proba será a que obteña nesta segunda oportunidade (sexa maior ou menor que a da primeira oportunidade).
  • Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de unha das dúas probas, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa proba.

COPIA E/OU PLAXIO

DISPENSA ACADÉMICA 

  • Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán realizar (e entregar) a totalidade (ou parte) das prácticas e traballos pola súa conta. No caso de actividades que requiran dun equipamento específico, ou planificadas nunha data e hora concretas, se lles facilitará, dentro do posible, unha alternativa viable se a solicitan.

OPORTUNIDADE ADIANTADA 

  • A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación.

Fontes de información
Bibliografía básica Elmasri, R.; Navathe, S. (2011). Database systems: models, languages, design, and application programming. Addison-Wesley
A. Silberschatz; H. Korth; S. Sudarshan (2010). Database System Concepts. McGraw Hill
Elmasri, Ramez.; Navathe, Shamkant B. (2017). Fundamentals of Database Systems (7th Ed). Pearson
Alan Beaulieu (2009). Learning SQL (2nd Ed). O'Reilly

Bibliografía complementaria Cuadra, D.; Castro, E.; Iglesias, A. M.; Martínez, P.; Calle, F. J.; de Pablo, C.; Al-Jumaly, H.; (2007). Desarrollo de Bases de Datos: casos prácticos desde el análisis a la implementación. Madrid: Ra-ma
de Miguel, A,; Martínez, P.; Castro, E.; Cavero, M., Cuadra, D.; Iglesias, A. M.; Nieto, C. (2001). Diseño de bases de datos. Problemas resueltos. Madrid: Ra-ma


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Perspectiva de xénero:

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (ex. uso de linguaxe non sexista...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influir na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. En definitiva, tratarase de detectar situacións de discriminación (incluindo a discriminación por razón de xénero) e de propor accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías