Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Introdución aos Computadores Código 614G03012
Titulación
Grao en Intelixencia Artificial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Amor Lopez, Margarita
Correo electrónico
margarita.amor@udc.es
Profesorado
Amor Lopez, Margarita
Gonzalez Gomez, Patricia
Correo electrónico
margarita.amor@udc.es
patricia.gonzalez@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia da a coñecer os fundamentos da arquitectura dun computador, o seu funcionamento básico, como é a súa programación en linguaxe ensamblador e como son e como funcionan os subsistemas de memoria e E/S. Ademais se mostrarán a estrutura e compoñentes básicos dun sistema operativo. Por otra parte, se presentará o desenvolvemento de códigos eficientes que aproveiten de forma óptima os recursos hardware dispoñibles no computador.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer a estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos (computador, sistemas operativos e redes de computadores).
A6 Capacidade para realizar a análise, deseño, implementación de aplicacións que requiran traballar con grandes volumes de datos e na nube de forma eficiente
B2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B5 Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
C3 Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender o funcionamento interno dun computador e dos seus bloques funcionais. A4
B3
Coñecer o linguaxe máquina do computador e ser capaz de desenvolver códigos moi simples na devandito linguaxe. B2
Ter a capacidade para desenvolver códigos que aproveiten de forma óptima os recursos hardware dispoñibles no computador. B2
B5
C3
Comprender a interrelación entre o software do sistema operativo e o hardware sobre o que se executa. A6
B2
C3
Coñecer os diferentes modelos de sistemas paralelos e a súa programación. A6

Contidos
Temas Subtemas
1.- Introducción aos computadores e os sistemas operativos - Bloques funcionais básicos de un computador de propósito general
- Conceptos básicos do Sistema Operativo
- Métricas de rendimiento
2.- Representación da información - Codificación dos números enteros
- Codificación dos números reais
- Codificación de caracteres
3.- O procesador - Repertorio de instruccións
- Tipos de procesadores
- Paralelismo a nivel de instruccións
4.- O sistema de memoria - Xerarquía de memoria
- Memoria caché
- Memoria principal
- Memoria virtual
5.- Entrada/Salida - Conceptos básicos
- Xestión da E/S
- Sistemas de arquivos
6.- Sistema Operativo - Componentes del sistema operativos
- Procesos
7- Sistemas Paralelos - Introducción aos sistemas paralelos
- Sistemas Multinúcleos
- Sistemas de Memoria compartida
- Sistemas de Memoria distribuida

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A4 B2 B3 B5 C3 20 28 48
Sesión maxistral A4 A6 B5 30 30 60
Proba obxectiva A4 B2 B3 3 9 12
Solución de problemas A4 A6 B2 B3 C3 10 17 27
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Actividade que permite aos/ás estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas no laboratorio. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar as competencias A4, B2, B3 e B5.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición da competencia transversal C3.
Sesión maxistral Realizaranse sesións maxistrais sobre os contidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas. Estes contidos estarán centrados na competencia A4 e A6. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia.
Proba obxectiva Ao remate do cuadrimestre haberá un exame que avaliará os contidos da materia. A proba fará particular énfase nas competencias A5, A6 e B5
Solución de problemas Proporanse aos/ás estudantes problemas para resolver como traballo persoal. Debatiranse as solucións nas clases de problemas. Esta metodoloxía permite exercitar as competencias A4, A6, B2 e B3.
Tamén se terá en conta nestas sesións a adquisición da competencia transversal C3.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada é imprescindible para dirixir aos/ás estudantes na realización dos problemas propostos e para as prácticas de laboratorio. Por outra banda, recomendarase aos/ás estudantes a asistencia a titorías como método de axuda.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 B2 B3 B5 C3 Avaliaranse as prácticas realizadas polos/as estudantes durante o desenvolvemento delas nas sesións de laboratorio. Cos resultados destas prácticas búscase avaliar as competencias A4, B2, B3 e B5. 30
Proba obxectiva A4 B2 B3 Ao final do cuadrimestre realizarase un exame escrito sobre os contidos da materia. Con este exame avaliaranse as competencias A4, B2 e B3 70
 
Observacións avaliación
  • Na primeira oportunidade para poder aprobar a materia será necesario realizar o exame final e ter unha nota total (prácticas máis exame) igual ou superior ao 50% da nota máxima.
  • Na segunda oportunidade a nota do exame será o 100% do total, isto é, avaliarase todo o temario incluido o 30% de prácticas.  Para aprobar a materia a nota final (exame máis prácticas) deberá ser igual ou superior ao 50% da nota máxima.
  • Para os alumnos que se presenten á oportunidade adiantada de decembro a nota do exame será o 100% do total, isto é, avaliarase todo o temario incluido o 30% de prácticas. 
  • As/os estudantes con matrícula a tempo parcial poderán escoller o grupo de prácticas que mellor se axuste aos seus horarios, permitíndolles mobilidade de grupo ao longo do curso. As/os que teñan concedida a dispensa académica que lles exima da asistencia a clase só terán que realizar as probas de prácticas correspondentes á avaliación continua.
  • Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Fontes de información
Bibliografía básica David A.Patterson and John L. Hennessy (2017). Computer Architecture and Design RISC-V. Morgan Kaufmann Publishers
J. Carretero Pérez, F. García Carballeira, F. Pérez Costoya (2020). Sistemas operativos: una visión aplicada. Mc Graw Hill

Bibliografía complementaria M. Beltrán Pardo y A. Guzmán Sacristán. (2010). Diseño y Evaluación de Arquitectura de Computadores. Grupo Anaya Publicaciones Generales
David A. Patterson y John L. Hennessy (2011). Estructura y Diseño de Computadores. Reverté
John Waldron (1999). Introduction to RISC Assemblée Language Programming. Addison-Wesley
F. García Carballeira, J. Carretero, J.D. García Sánchez y D. Expósito Singh (2015). Problemas Resueltos de Estructura de Computadores. Paraninfo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia: 

- Usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías