Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Redes Código 614G03013
Titulación
Grao en Intelixencia Artificial
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Álvarez González, Marco Antonio
Correo electrónico
marco.antonio.agonzalez@udc.es
Profesorado
Álvarez González, Marco Antonio
Fernández López-Vizcaíno, Manuel
Correo electrónico
marco.antonio.agonzalez@udc.es
manuel.fernandezl@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral Medios de transmisión. Tecnoloxías de redes. Redes de acceso residencial. Protocolos de encamiñamento. Virtualización de sistemas. Servizos en rede. Servizos na nube

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 Coñecer a estrutura, organización, funcionamento e interconexión dos sistemas informáticos (computador, sistemas operativos e redes de computadores).
A5 Comprender e aplicar os principios e técnicas básicas da programación paralela e distribuída para o desenvolvemento e execución eficiente das técnicas de intelixencia artificial.
A6 Capacidade para realizar a análise, deseño, implementación de aplicacións que requiran traballar con grandes volumes de datos e na nube de forma eficiente
B2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B5 Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B7 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, autonomía e creatividade.
C3 Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Entender o funcionamiento básico das redes de ordenadores actuais e a importancia duns protocolos estandarizados. A4
B2
B5
B7
C3
Comprender a operativa dos protocolos nos que se basa Internet e as redes locais actuais. A4
B2
B5
B7
C3
Aprender a configurar e administrar unha rede local. A4
B2
B5
B7
C3
Entender as bases da computación na nube, e os modelos de nube A4
A5
A6
B2
B5
B7
C3
Coñecer os mecanismos de virtualización de servidores e ser capaz de despregar sistemas virtualizados. A4
B2
B5
B7
C3
Coñecer e comprender os diferentes modelos de servizo e modelos de despregamento asociados á computación na nube, así como os servizos proporcionados por proveedores de nube orientados á Intelixencia Artificial. A5
A6
B2
B5
B7
C3
Ser capaz de poñer en marcha servizos na nube. A5
A6
B2
B5
B7
C3
Saber concibir e deseñar novas aplicacións baseadas na Internet ou as tecnoloxías que a sustentan. A4
A5
A6
B2
B5
B7
C3

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Redes de ordenadores e Internet
Introdución a TCP/IP
Capa de Enlace Tecnoloxías do nivel de enlace
TCP/IP e o nivel de enlace
Capa de Rede IP e subredes
Enrutamento
ICMP
Capa de Transporte UDP e TCP
Intercambio de datos TCP
Capa de Aplicación Protocolos do nivel de aplicación
Virtualización Virtualización de sistemas
Servizos Servizos en rede
Servizos na nube

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 A6 B5 B7 30 30 60
Prácticas de laboratorio A4 A5 A6 B2 B5 B7 C3 30 30 60
Seminario A4 A5 A6 B2 1 10 11
Proba obxectiva A4 A5 A6 B2 B7 3 15 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión de todo o material necesario para o seguimento das sesións maxistrais. Nas sesións maxistrais expoñeranse os contidos teóricos da asignatura, fomentándose a participación do alumno.
Prácticas de laboratorio A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión do material necesario para a realización das prácticas da asignatura. Nas prácticas de laboratorio os alumnos deberán afondar en determinados aspectos teóricos da asignatura. Para conseguir este obxectivo realizaranse prácticas empregando ferramentas de emulación/simulación de redes e/ou de análise de protocolos, asi como de virtualización e servizos/computación na nube.
Seminario A plataforma virtual da universidade servirá como base para a difusión do material necesario para a realización dos traballos asociados aos seminarios da asignatura. A través dos seminarios afondarase en determinados contidos da materia mediante a realización de traballos e/ou probas por parte do alumno.
Proba obxectiva Ó final do cuadrimestre realizarase un exame onde o alumno deberá demostrar o seu coñecemento da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada das prácticas de laboratorio e dos seminarios é fundamental para un correcto desenvolvemento na materia por parte do alumno. Ademáis, recomendarase a asistencia a titorías do alumno como método de apoio.
Desde o punto de vista do profesor, a atención personalizada permitirá detectar posibles desaxustes na metodoloxía da materia e mellorar a calidade de forma continuada.

Titorías: https://www.udc.es/gl/centros_departamentos_servizos/centros/titorias/?codigo=614

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A4 A5 A6 B2 B5 B7 C3 Avaliaranse as prácticas de laboratorio realizadas polo alumno ó longo do curso.
A nota de prácticas non se poderá recuperar na segunda oportunidade nin na convocatoria extraordinaria.
30
Proba obxectiva A4 A5 A6 B2 B7 Ó final do cuadrimestre realizarase un exame onde o alumno deberá demostrar o seu coñecemento da materia.
En caso de obter menos dun 4 (sobre 10) no exame final de teoría, a asignatura considerarase suspensa e a nota final será a obtida no exame.
Noutro caso, a nota final calcúlase a partires das notas de cada parte, proporcionalmente, e deberá ser igual ou superior a 5 (sobre 10) para aprobar a asignatura.
65
Seminario A4 A5 A6 B2 Plantexaránse unha serie de traballos/probas aos alumnos que lles permitirá afianzar os coñecementos ao longo do curso.
A nota dos seminarios non se poderá recuperar na segunda oportunidade nin na convocatoria extraordinaria.
5
 
Observacións avaliación
As prácticas de laboratorio e os seminarios forman parte da avaliación continua da asignatura, polo que non se poderán recuperar na segunda oportunidade nin tampouco na convocatoria extraordinaria.

Ós alumnos a tempo parcial facilitaráselles a elección de horarios para prácticas.
A asistencia a clase non é requisito para aprobar a materia, ainda que si é recomendable.
Na proba obxectiva poderá haber preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación continua, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente do curso académico, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación continua de cara ó resto de convocatorias do mesmo curso académico.

Para superar a materia deberáse obter polo menos un 5 sobre 10 na suma de tódalas partes da materia (Prácticas de laboratorio + seminarios + proba obxectiva) e obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba obxectiva.


Fontes de información
Bibliografía básica Thomas Erl, Zaigham Mahmood, Richardo Puttini (2013). Cloud computing : concepts, technology and architecture. Prentice-Hall
Ian Foster, Dennis B. Gannon (2017). Cloud computing for science and engineering. MIT Press
James F. Kurose, Keith W. Ross (2022). Computer Networking. A top-down approach.. Pearson
Rafael Troncoso, Elías Grande, Francisco Ramírez (2022). Docker: SecDevOps. 0xWORD
Edouard Bugnion, Dan Tsafrir, Jason Nieh (2022). Hardware and software support for virtualization. Springer
W. Richard Stevens (2012). TCP/IP Illustrated, Vol. 1: The Protocols. Addison Wesley
Matthew Portnoy (2016). Virtualization Essentials. 2nd Edition. Sybex

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Introdución aos Computadores /614G03012

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Dado que parte da bibliografía recomendada para esta materia está escrita en inglés, recoméndase coñecer esta lingua, polo menos, a nivel de comprensión de textos escritos.

Esta materia segue os valores e directrices establecidos pola Universidade da Coruña, avogando polo respeto e a igualdade.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías