Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Sistemas migratorios comparados Código 615472202
Titulación
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 2
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://esomi.es
Descrición xeral Esta materia intenta analizar os distintos sistemas migratorios existentes no mundo desde unha perspectiva comparada. Parte dun enfoque global sobre as migracións enmarcando a mesma no debate sobre as teorías migratorias internacionais, e chega a analizar a situación de España e Galicia nese proceso global de mobilidade como parte do proceso de globalización.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
C1 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C3 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecementos sobre as características definitorias do sistema migratorio europeo no contexto da OCDE. CM1
CM3
CM5
Capacidade de análise da evolución da inmigración en España: a intensidad, composición e as tendencias futuras. CM5
Coñecementos sobre a situación da inmigración en Galicia: evolución, mercado laboral e integración dos extranxeiros en Galicia. CM1
Ser capaces de analizar as principais fontes estadísticas e datos primarios sobre a situación da inmigración nos distintos territorios. CM3

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: O sistema migratorio español no contexto da OCDE. Tema 1.1. Características do sistema migratorio español no contexto da OCDE´.

Tema 1.2. A inmigración en España: de país de emigración a país de inmigración (1985-2011)

Tema 1.3. O impacto demográfico da inmigración en España

Tema 1.4. A integración da inmigración na sociedade española.
Tema 2: A inmigración en Galicia no contexto global e estatal. Tema 2.1. As especificidades da inmigración residente en Galicia:
evolución do flujo, stock e tendencias migratorias.

Tema 2.2. Análise estadístico de fluxos e stock aplicados ao ámbito local: a planificación de intervencións sociais con apoio de fontes
secundarias.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba de ensaio C1 C3 C5 0 18 18
 
Atención personalizada 32 0 32
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba de ensaio A proba de ensaio é un tipo de metodoloxía que permite ao alumnado realizar unha reflexión profunda sobre as diversas temáticas explicadas na aula. O alumno ou alumna deberá presentar un ensaio de 10 páxinas no cal a revisión de bibliografía é un requisito indispensable. Os ensaios poden ser realizados de forma individual ou grupal, dependendo do acordo entre os profesores implicados, ao igual que pode escollerse a temática de maneira libre ou ser escollida polo docentes responsables da mesma.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Descrición
O profesorado responsable desta materia dará atención personalizada de forma presencial e virtual, é dicir, no horario de titorías oficialmente establecido e contestando dúbidas concretas a través do correo electrónico. Neste sentido, tentarase apoiar no avance de coñecementos aos matriculados nesta asignatura e solventar dúbidas, á par que complementar contidos realacionados coa mesma.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba de ensaio C1 C3 C5 A avaliación desta materia estará condicionada nun 90% da nota global á entrega dun traballo por cada unha das partes explicadas na materia.

Para superar os contidos relacionados coa inmigración en Galicia é preciso a realización dun traballo individual que consisitirá en cubrir unha ficha cunha serie de indicadores demográficos sobre a situación da poboación estranxeira nun municipio galego (a concretar coa profesora) e a análise demográfica de estos indicadores xunto dunha primeira valoración de esta situación (posibles liñas de intervención e programas a deseñar).

Para superar os contidos relacionados coa inmigración na OCDE solicitarase ao alumnado un traballo de ensaio ou de comentario de fontes de datos estatísticos, que vincule leituras e comentarios de datos.

Cada un dos traballos representará o 50% da nota final, é dicir, a suma de ambos supón un 100% da nota final da materia.

Sen embargo, queremos deixar constancia que a avaliación final será acordada e definida polo profesorado responsable buscando a mellor alternativa en cada caso. Será comunicada ao alumnado durante as sesións maxistrais e acordada co mesmo. Tamén se prantexará un prazo de entrega razonable do traballo de avaliación.

No caso de non poder acceder ou de non superar a avaliación a través da proba de ensaio, o alumnado ten dereito a realizar un exame da convocatoria oficial, de carácter presencial.
100
 
Observacións avaliación

O alumnado a distancia terá a mesma opción de avaliación que os alumnso asistentes mediante a proba de ensaio. En caso de non ter superada a materia, faría un exame oral de modo virtual, de xeito tal que permita a axeitada identificación do alumno; por exemplo: exame oral por video conferencia.


Fontes de información
Bibliografía básica Aldrey, J.A., González Pérez, J. E Santos Solla, J.M. (2008). A inmigración estranxeira en Galicia. Identificación de comportamentos sociais e decisión territoriais a partir da opinión dos diferentes colectivos de inmigrantes. . Santiago de Compostela: SXE, Xunta de Galicia
OCDE (2008). A Profile of Immigrant Populations in the 21st Century Data from OECD Countries. OCDE: París
Izquierdo Escribano, A. (2006). Demografía de los extranjeros. Incidencia en el crecimiento de la población. Bilbao: Editorial Fundación BBVA
Simon, G. (1995). Géodynamique des migrations internationales dans le monde. Paris, Presses Universitaires de France
González Pérez, J.M. (2008). Inmigración estranxeira e territorio en Galicia. A construcción dun país social e culturalmente diverso. Santiago de Compostela: Secretaría Xeral de Emigración, Xunta de Galicia
Oso Casas, L.; Villares Varela, M. Golías Pérez, M. (2008). Inmigrantes extranjeros y retornados en Galicia: la construcción del puente transnacional. UCM: Madrid (Revista Política y Sociedad, Vol. 45, nº. 1)
Izquierdo Escribano, A. y León, S. (2008). La inmigración hacia dentro: argumentos sobre la necesidad de coordinación de las políticas de inmigración en un estado multinivel. Madrid: UCM (Revista Política y Sociedad, vol. 45, nº. 1)
Fernández Suárez, B. (2010). Políticas migratorias comparadas en el Sur de Europa: lecciones cruzadas entre España y Portugal. Madrid: Fundación Alternativas
Boutang, M. y Papademetriou, D. (1994). Typology, evolution and performance of the main migratory systems. OCDE: París

Bibliografía complementaria OCDE (2009). International Migration Outlook - Edition 2009. OECD: Paris
Izquierdo Escribano, A. (2003). Inmigración, mercado de trabajo y protección social. Madrid: Editorial Consejo Económico y Social
Solé, C.; Izquierdo Escribano, A.; Alarcón Alarcón, A. (2005). Integraciones diferenciadas: migraciones en Cataluña, Galicia y Andalucía. Barcelona: Antrorophos
Kritz, M.M., Lim, L.L., Zlotnik, H. (1994). International Migration Systems: A Global Approach. USA: Oxford University Press
Izquierdo Escribano, A. (1996). La inmigración inesperada. La población extranjera en España (1991-1995). Madrid: Editorial Trotta
Izquierdo Escribano, A. (2002). La población extranjera en Galicia. Vigo: Universidade de Vigo, Servizo de Publicacións (Libro Pérez Vilariño: Las encrucijadas del camb
Pérez Caramés, A. (2004). Los residentes latinoamericanos en España: de la presencia diluida a la mayoritaria. México DF: UNAM (Revista Papeles de Población, nº. 41)
Cid Fernández, X. M.;Domínguez Alberte, X.C.; Soutelo Vázquez, R. (2008). Migracións na Galicia contemporánea. Desafíos para a sociedade actual. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Domingo, A; y Recaño, J. (2006). Perfil demográfico de la población extranjera en España. Barcelona: Fundación CIDOB (Libro de Aja y Arango: La inmigración en España 2006. Anuario de inmigra
Izquierdo Escribano, A., López de Lera, D., Martínez Buján, R. (2003). The favourites of the Twenty-First Century: Latin American Immigration in Spain. Roma: The Centre for Migration Studies (CSER). Revista Studi Emigrazione, nº 149.

 


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Teoría das migracións internacionais/615472110

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Historia dos grandes movementos migratorios desde o s. XIX e transicións demográficas/615472103
Comunidades migrantes galegas en América e Europa/615472106
Técnicas de investigación aplicadas e fontes documentais para o estudo das migracións/615472109
Estrutura social, mercado de traballo e migración internacional/615472203

Materias que continúan o temario
Políticas de control de fluxos e de admisión da poboación estranxeira/615472204
Políticas de integración social da inmigración/615472205

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías