Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Políticas preventivas: terceiro sector, proxectos de cooperación internacional e codesenvolvemento Código 615472207
Titulación
Mestrado Universitario en Migracións Internacionais: Investigación, Políticas Migratorias e Mediación Intercultural
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://www.esomi.es
Descrición xeral Esta materia está dirixida a presentar os principais actores, modelos, estratexias de intervención, problemas e potencialidades da cooperación internacional para o desenvolvemento. Búscase desenvolver unha capacidade crítica e pragmática en relación cos conceptos de "desenvolvemento" e "codesenvolvemento".

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A3 Relativizar e valorar o impacto das migracións internacionais nas sociedades de orixe e destino en función do cambio social que xeran, dos intereses en xogo, e da construcción social das identidades culturais
A4 Profundidade na análise dos movementos migratorios asociados á historia e á situación actual de Galicia, como orixe e como destino
A5 Comprender os argumentos filosóficos e xurídicos tras as distintas perspectivas sobre as migracións internacionais e as problemáticas sociais que xeran.
A9 Manexar os conceptos fundamentais no estudo das migracións internacionais
A11 Ter suficiente capacidade de abstracción para presentar o fenómeno migratorio dende unha perspectiva macro-sociolóxica e na súa relación máis ampla coa estrutura social e o mercado de traballo
B1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B7 Resolver problemas de forma efectiva
B10 Traballar de forma colaboradora
B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional
B13 Capacidade para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, que doten dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións
B14 Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica
B15 Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razoamento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas
C1 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C2 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras a fin de emprender, xestionar ou dirixir organizacións ou empresas do terceiro sector.
C3 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C5 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir un coñecemento xeral acerca da realidade da cooperación internacional ao desenvolvemento, dos seus actores, modelos, estratexias de intervención, problemas, contradicións e potencialidades. AM3
AM4
AM5
AM9
AM11
BM10
BM11
BM14
BM15
CM1
CM2
CM3
CM5
Xerar unha capacidade crítica e pragmática (teórica e práctica) en relación co concepto de desenvolvemento e codesenvolvemento. AM3
AM11
BM1
BM2
BM3
BM7
BM10
BM11
BM13
CM1
CM2
CM3
CM5

Contidos
Temas Subtemas
1.Introdución ao concepto de desenvolvemento Marco histórico-social, correntes, críticas e desenvolvemento científico actual. Os debates en torno ao desenvolvemento. Globalización e dinámicas norte-sur. A relación entre desenvolvemento e migracións internacionais.
2.O concepto de codesarrollo e o seu ámbito de aplicación. O desenvolvemento e codesenvolvemento vinculado ao estudo das migracións internacionais. Contradicións, limitacións e potencialidades na práctica da cooperación internacional ao desenvolvemento. Os debates en torno ao codesenvolvemento.
3. Introdución ao terceiro sector: concepto, teoría e práctica. Da política de cooperación internacional ao desenvolvemento en España. O plan Director da Cooperación Española. Obxectivos e liñas de acción. Análise crítica da política de cooperación española ao desenvolvemento.
4. Panorama xeral da cooperación internacional para o desenvolvemento en España. Orixe e evolución da Cooperación Internacional para o Desenvolvemento. A política de cooperación internacional ao desenvolvemento en España. O Plan Director da Cooperación Española. Obxectivos e liñas de acción. Análise crítica da política de cooperación española ao desenvolvemento.
5. Metodoloxía aplicada á intervención A elaboración de proxectos de cooperación ao desenvolvemento. Introdución ao enfoque do Marco Lóxico. Os proxectos aplicados á realidade práctica: obstáculos e limitacións nos proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A4 A5 A9 B3 B10 B14 C3 C5 10 5 15
Prácticas a través de TIC B7 B13 C1 C2 C3 C5 10 10 20
Traballos tutelados A3 A11 B1 B2 B11 B14 B15 15 10 25
Análise de fontes documentais B2 B3 B7 B10 B15 C1 C2 C3 C5 10 0 10
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Análise de textos e fontes secundarias de diversa índole. Realización, presentación e discusión do traballo na aula.
Prácticas a través de TIC Prácticas na aula por cada un dos temas teóricos. A través de fontes documentais de diverso tipo.
Traballos tutelados Realización dun traballo orixinal que responda a unha intervención de cooperación ao desenvolvemento ou de educación para o desenvolvemento. Traballo na aula e externo.
Análise de fontes documentais Tratamento de fontes bibliográficas e bases de datos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Traballos tutelados e titorías

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Lecturas A4 A5 A9 B3 B10 B14 C3 C5 Análise de textos e fontes secundarias de diversa índole. Realización, presentación e discusión do traballo na aula 30
Traballos tutelados A3 A11 B1 B2 B11 B14 B15 Realización de dous traballos orixinais que respondan a unha intervención de codesenvolvemento e a outra de cooperación internacional para o desenvolvemento baixo o enfoque do Marco Lóxico 70
 
Observacións avaliación

Os alumnos a distancia farán o
mesmo tipo de avaliación, con idénticas porcentaxes e idénticos
criterios, aínda que requirirán dunha tutorización máis frecuente, para o
que dispoñerán de moodle, correo electrónico e skype. O sistema
seralles explicada ao inicio do curso.


Fontes de información
Bibliografía básica Pérez de Armiño, K. (2001). Diccionario de Acción Humanitaria y Cooperación al Desarrollo.. Barcelona: Icaria
De Castro, J. (1951). Geopolítica del hambre: ensayos sobre los problemas alimentarios y demográficos del mundo.. Brasil: Dimensión Americana
CEPAL (2012). Globalización y desarrollo..
Calvo, S; Hernando, MJ y Souto, J. (2005). Glosario para comprender la globalización. El poder de las siglas: mostrar y ocultar.. Madrid: Departamento de Estudios y Documentación de Manos Unidas
Chang, H.J. (2004). Retirar la escalera: la estrategia del desarrollo en perspectiva histórica. Madrid: Los Libros de la Catarata

Considerase bibliografía básica:

• Hein De Haas (2006): “Sistemas migratorios en el Norte de África: Evolución, transformaciones y vínculos con el desarrollo”, Migración y Desarrollo, nº. 2, pp. 63-92. Link: http://www.heindehaas.com/articles.html

• Alejandro I. Canales (2008): “Remesas y desarrollo en América Latina. Una relación en busca de teoría”, Migración y Desarrollo, nº. 11, pp. 5-30.Link: http://rimd.reduaz.mx/revista/rev11/c1.pdf

• Raúl Delgado Wise, Humberto Márquez Covarrubias e Héctor Rodríguez Ramírez (2009): “Seis tesis para desmitificar el nexo entre migración y desarrollo”, Revista Migración y Desarrollo, nº.12, pp. 27-52. Link: http://rimd.reduaz.mx/pagina/secciones?id=244

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías