Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Prácticas Externas Código 615524021
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Correo electrónico
Web http://http://www.sociologia.udc.es/es/
Descrición xeral As prácticas externas son unha actividade de carácter formativo e obrigatorio que se realiza por medio dun sistema de permanencia regrada nunha empresa, nunha entidade non gubernamental, nun organismo, institución administrativa, económica ou profesional ou nun centro de investigación (de natureza pública ou privada). O/a estudante en prácticas é aquel/a que, unha vez superado polo menos o 75% dos créditos ECTS da titulación, solicitou formalmente a súa incorporación ao Programa de Prácticas e recibiu por parte do coordinador /a do devandito programa, a asignación correspondente da institución onde realizará as prácticas, do/a seu/súa titor/a en devandita institución, así como do/a titor/a que se encargará da súa supervisión académica. Cada curso académico, dende a coordinación das prácticas, abrirase un prazo para que o alumnado solicite a realización das mesmas, para o cal se disporá dunha listaxe dos centros cos que existe convenio. Ao comezo do período de prácticas, o alumnado acordará coa persoa coa persoa que exerza a tutorización na entidade externo o horario e calendario específicos das prácticas, segundo os horarios habituais do centro.

As prácticas externas poderán ser realizadas a través da modalidade de teletraballo previo acordo coa entidade seleccionada.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
a) Formación integral do alumnado ao equilibrar a súa formación teórica e práctica. b) Adquisición por parte do alumnado da metodoloxía de traballo adecuada á realidade en que haberá de actuar tras a súa incorporación ao mundo laboral. c) Obtención de experiencia profesional que facilite a inserción do alumnado no ámbito laboral. d) Desenvolvemento da capacidade de decisión e do espírito crítico do alumnado. e) Preparación do alumnado para o desenvolvemento de actividades en grupo. AP1
AP2
AP3
AP4
AP5
AP6
AP7
AI1
AI2
AM1
AM2
AM3
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
BM6
BM7
BM8
BM9
BM10
BM11
BM12
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM6
CM7
CM8
CM9

Contidos
Temas Subtemas
As prácticas externas son unha actividade de carácter formativo e obrigatorio que se realiza por medio dun sistema de permanencia regrada nunha empresa, nunha entidade non gubernamental, nun organismo, institución administrativa, económica ou profesional ou nun centro de investigación (de carácter público ou privado).
O alumnado realizará as prácticas no centro acordado coa persoa responsable da coordinación das prácticas.
As tarefas a realizar dependen de cada entidade, e serán acordadas entre o alumnado, o titor/a académico e o titor/a asignado no centro de destino
Non hai subtemas

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A11 A2 A3 A4 A5 A12 A6 A7 A10 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B4 B6 B7 B8 B10 B9 B11 B12 C1 C2 C3 C5 C4 C7 C6 C8 C9 275 25 300
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Consistirá na realización das prácticas na entidade elixida para tal fin (coa supervisión dun/a titor/a académica e un/a titor/a profesional). As actividades a realizar polo alumnado e as condicións nas que estas se desenvolven estarán recollidas nun Proxecto Formativo redactado ao comezo do período de prácticas. Ao finalizar as prácticas o alumnado etregará unha Memoria de Prácticas (seguindo o formato establecido) que serán entregados presencialmente nas datas sinaladas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
As titorías resultan importantes para preparar, coordinar e xestionar as prácticas. Os estudantes poderán consultar calquera dúbida co seu titor/a presencial ou virtualmente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A11 A2 A3 A4 A5 A12 A6 A7 A10 A8 A9 B1 B2 B3 B5 B4 B6 B7 B8 B10 B9 B11 B12 C1 C2 C3 C5 C4 C7 C6 C8 C9 A evaliación das prácticas farase a partir dun informe emitido por o/a titor/a externo/a e da Memoria de Prácticas elaborada polo alumnado e evaluada pola persona que coordine o practicum. 100
 
Observacións avaliación

A avaliación das prácticas farase a partir dun informe emitido por o/a titor/a externo/a e da Memoria de Prácticas elaborada polo alumnado e evaluada pola persona que coordine o practicum.

1. A avalición do/a titor/a da organización consistirá en contestar un cuestionario no que se recollen aspectos relacionados co ámbito profesional: a puntualidade, a laboriosidade, a adaptación ao medio, as relacións humanas, a motivación, etc. este apartado sumará o 50% da nota e deberá ser enviada por mail (master.turismo@udc.es) ou por correo á coordinación das prácticas.

2. Ao final do periodo de prácticas, nun plazo máximo de 15 días, cada estudante presentará unha memoria de prácticas según modelo facilitado na que se describa a práctica realizada e as aprendizaxes adquiridas. A presentación farase de maneira dixital sen a necesidade de imprimilos a través dun correo ao enderezo oficial do Máster en Turismo (master.turismo@udc.es) ou por correo á coordinación das prácticas. 

Non hai diferencia entre a modalidad online e a presencial.

Se as prácticas son convalidadas non teñen avaliación. 


Fontes de información
Bibliografía básica

É recomendable que os estudiantes se familiaricen co desenvolvemento das Prácticas Externas mediante a  lectura detida do procedimiento dispoñible na páxina web do máster.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías