Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
CE1 - Que os estudantes coñezan os principios da planificación e a xestión sustentable |
A3 |
CE4 - Que os alumnos aprendan as técnicas de dirección de organizacións públicas e de empresas do sector turístico |
A4 |
CE5 - Que os alumnos teñan coñecementos sobre a normativa que regula as actividades turísticas |
A6 |
CE8 - Planificar novos destinos e produtos turísticos |
A8 |
CE11 - Saber definir proxectos de investigación innovadores que repercutan positivamente no sector |
A9 |
CE12 - Utilizar as metodoloxías científicas adecuadas tanto cualitativas como cuantitativas |
A10 |
CE10 - Manexar as TIC para a comunicación, promoción e a comercialización |
A11 |
CE2 - Diagnosticar necesidades e oportunidades e identificar as potencialidades e ameazas do turismo para o desenvolvemento integral das sociedades receptoras |
A12 |
CE7 - Capacidade para interpretar os cambios sociais e como afectan as innovacións nos produtos e ao comportamento do consumidor |
B1 |
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación |
B2 |
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
CB9 - Que los estudiantes sepan comunicar sus conclusiones y los conocimientos y razones últimas que las sustentan a públicos especializados y no especializados de un modo claro y sin ambigüedades |
B7 |
CG2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
B10 |
CG5 - Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C1 |
CT1 - Resolver problemas de forma efectiva |
C2 |
CT2 - Comunicarse de xeito afectiva nunha contorna de traballo |
C3 |
CT3 - Trabajar de forma autónoma con iniciativa |
C4 |
CT4 - Traballar de forma colaborativa |
C6 |
CT6 - Capacidade para interpretar, seleccionar e valorar conceptos adquiridos noutras disciplinas do ámbito turístico |
C8 |
CT8 - Comunicar por escrito e oralmente os coñecementos procedentes da linguaxe científica |
C9 |
CT9 - Capacidade para resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, razonamiento crítico e de comunicar e transmitir coñecementos habilidades e destrezas |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Describir a situación actual e as tendencias futuras no mercado do turismo de reunións e convencións. |
AJ1 AJ4 AC2 AC3
|
|
|
Identificar os axentes ou entes implicados no desenvolvemento do turismo de reunións e convencións. |
AJ3
|
|
|
Planificar novos produtos turísticos para reunións e convencións. |
AJ1 AJ3 AJ4 AJ6 AR1 AC2 AC3
|
BC2 BC3 BC4 BC7
|
CC1 CC3 CC4 CC6 CC8 CC9
|
Aplicar os pasos a seguir para organizar un congreso nos seus diferentes aspectos. |
AJ1 AJ6 AC2 AC3
|
BC1 BC2 BC3 BC7 BC10
|
CC1 CC3 CC4 CC6 CC8 CC9
|
Avaliar a importancia da mercadotecnia de destinos e produtos no turismo de negocios e reunións. |
AJ6 AR1 AR2 AC1
|
BC2 BC7
|
CC1 CC2 CC4 CC9
|
Aplicar las TIC para la comunicación, promoción y la comercialización de productos turísticos para reuniones y convenciones. |
AC1
|
BC7
|
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
TEMA 1: INTRODUCIÓN AO TURISMO DE NEGOCIOS E
REUNIÓNS |
1.1. DEFINICIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DO TURISMO DE NEGOCIOS E
REUNIÓNS
1.2. SITUACIÓN ACTUAL E TENDENCIAS DO MERCADO DE NEGOCIOS E
REUNIÓNS
1.3. O TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS EN ESPAÑA, GALICIA E CORUÑA: ANÁLISE DA OFERTA E DEMANDA |
TEMA 2: ESTRUTURAS ORGANIZATIVAS PARA O
DESENVOLVEMENTO DO TURISMO DE NEGOCIOS E
REUNIÓNS |
2.1. OS CONVENTION BUREAU
2.2. EMPRESAS OPC: ESTRUTURA E FUNCIÓNS
2.3. AXENCIAS DE EVENTOS
2.4. AXENCIAS DE COMUNICACIÓN
2.5. PROVEDORES DE SERVIZOS: ANIMACIÓN, CATERING, AXENCIAS DE
VIAJES,?
2.6. PAZOS DE CONGRESOS E EXPOSICIÓNS
2.7. RECINTOS FEIRAIS
2.8. ASOCIACIÓNS E OUTROS AXENTES IMPLICADOS: MEDIOS DE
COMUNICACIÓN, ADMINISTRACIÓN, TRANSPORTES.. |
TEMA 3: O CONGRESO, A CONVENCIÓN E OUTRAS
TÉCNICAS DE NEGOCIO E REUNIÓN ASOCIADAS AO
MUNDO DA EMPRESA TURÍSTICA |
3.1. OBXECTIVOS E FUNCIÓNS.
3.2. CARACTERÍSTICAS: CONTIDOS E PROGRAMA; TEMPORALIDADE;
DESTINATARIOS; DIFUSIÓN; INTENSIDADE; REQUISITOS INTERNOS;
CORPORATIVIDADE; ACCIÓNS PARALELAS |
TEMA 4: A ORGANIZACIÓN DUN CONGRESO |
4.1. FASES E DESENVOLVEMENTO
4.2. PREPARACIÓN E ORGANIZACIÓN
4.3. COMERCIALIZACIÓN E DIFUSIÓN
4.4. EXECUCIÓN E CONTROL |
TEMA 5: A APLICACIÓN DO MARKETING DE DESTINOS E
PRODUTOS AO TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS |
5.1. QUE DEBE FACER UN DESTINO PARA TER ÉXITO NESTE TIPO DE
TURISMO
5.2. PROMOCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DO TURISMO DE NEGOCIOS E
REUNIÓNS
5.3. A IMPORTANCIA DA IMAXE E O POSICIONAMENTO PARA O TURISMO DE NEGOCIOS E REUNIÓNS |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Workbook |
A1 A11 A3 A4 A12 |
4 |
8 |
12 |
Supervised projects |
A6 A10 A8 A9 B2 B3 B4 B7 C1 C3 C4 |
7.5 |
10 |
17.5 |
Oral presentation |
B2 B4 B10 C2 C6 C8 C9 |
1 |
0 |
1 |
Aprendizaxe servizo |
A6 A10 A8 A9 B2 B3 B4 B7 C1 C3 C4 |
7.5 |
10 |
17.5 |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A11 A3 A8 A9 B1 |
24 |
0 |
24 |
|
Personalized attention |
|
3 |
0 |
3 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Workbook |
Facilitaranse como máximo aos alumnos/as da modalidade presencial dous textos ou lecturas como complemento ás sesións maxistrais. O obxectivo destas é xerar discusión, fomentar a participación activa do alumno/a e resolver as cuestións que se formulen. O idioma das devanditas lecturas poderá ser o inglés ou o castelán.
As lecturas deberán ser desenvolvidas e debatidas por todolos estudantes ao longo das sesións maxistrais. |
Supervised projects |
Elaboración dun traballo en grupo relacionado coa materia en cuestión, onde o alumno/a deberá ser capaz de organizar un congreso de turismo nun destino, cuxa temática e lugar quedarán a elección deste. Para iso deberán de crearse entre dous e cinco grupos de traballo, ainda que o número de grupos definitivo dependerá dos estudantes matriculados na materia.
Durante a impartición das sesións maxistrais levarase a cabo a tutorización correspondente ao traballo desenvolvido, así como o seguimento da labor levada a cabo polos diferentes grupos.
Os traballos deberán expoñerse en público nas datas establecidas.
|
Oral presentation |
Os diferentes membros do grupo deberán expoñer o traballo tutelado como xa se ten especificado na metodoloxía anterior. Aspecto que será valorado na nota final. |
Aprendizaxe servizo |
Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais da súa contorna coa fin de melloralo. Plantexarase aos alumnos/as matriculados/as a materia a posibilidade de participar nunha actividade aprendizaxe-servizo con alguna entidade colaboradora. O alumno/a poderá escoller entre a actividade aprendizaxe-servizo ou o traballo tutelado, é dicir esta actividade e a anterior son excluíntes, de tal xeito que o alumnado só realizará unha delas. |
Guest lecture / keynote speech |
Explicación dos contidos que conforman o marco teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais (power point) e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a súa aprendizaxe.
Todos os estudantes terán acceso a este material a través das plataformas campus virtual ou Teams.
A asistencia a clase para os estudantes da modalidade presencial será obrigatoria polo que se computará a efectos da nota final.
Como parte das sesións maxistrais poderase organizar unha saída externa para coñecer in situ o funcionamento dalgunha empresa relacionada coa organización de eventos. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Aprendizaxe servizo |
Workbook |
Supervised projects |
|
Description |
Estou a disposición dos alumn@s para titorías online cando o precisen, para concretar o día e a hora deberán de contactar previamente coa profesora por correo electrónico (magdalena.rodriguez@udc.es)
Durante o curso académico, prestarase atención personalizada e continua a todos os estudantes matriculados nesta materia, tanto para responder preguntas sobre as clases presenciais como para abordar temas relacionados co traballo tutelado ou coa actividade-aprendizaxe servizo. Neste sentido, os distintos membros do grupo, ou os estudantes individualmente, poderán plantexar as dúbidas correspondentes ás sesións maxistrais, ao desenvolvemento das lecturas, á preparación do traballo tutelado ou coa actividade-aprendizaxe servizo.
As titorías realizaranse de forma presencial ou por Teams
Teams: magdalena.rodriguez@udc.es
Correo electrónico: magdalena.rodriguez@udc.es
Teléfono: 881 01 2592
|
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Aprendizaxe servizo |
A6 A10 A8 A9 B2 B3 B4 B7 C1 C3 C4 |
Tal e como se comentou no apartado de planificación a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" SON EXCLUINTES, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 60% da nota final. |
30 |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A11 A3 A8 A9 B1 |
Asistencia e participación obrigatoria que se valorarán tendo en conta a implicación dos estudantes nas sesións presenciais.
|
10 |
Supervised projects |
A6 A10 A8 A9 B2 B3 B4 B7 C1 C3 C4 |
Avaliación contínua do traballo realizado ao longo da materia. O desenvolvemento do traballo representará o 60% da nota final.
Na devandita valoración teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Orixinalidade
2) Aplicación de fundamentos teóricos
3) Calidade da redacción
4) Utilización de fontes bibliográficas
Para superar a materia, é necesario alcanzar unha puntuación mínima do 50% no traballo tutelado.
A entrega do traballo tutelado será na terceira semana do mes de abril.
A revisión das cualificacións efectuarase durante a cuarta semana de maio. |
30 |
Oral presentation |
B2 B4 B10 C2 C6 C8 C9 |
O grupo deberá expoñer o seu traballo, empregando para iso os medios
audiovisuais que poidan e esteñan ao seu alcance.
É necesario entregar a presentación do traballo en power point ou en calquera outro formato similar.
A presentación suporá o 30% da nota final da materia onde de forma individualizada valoraráse en cada alumno esa porcentaxe tendo en conta os seguintes aspectos:
1) Calidade da presentación
2) Precisión e claridade da exposición e das respostas.
Todos os/as integrantes do grupo deberán expoñer unha parte do traballo dado que a nota da presentación oral será asignada de forma individualizada a cada estudante.
Para superar a materia, cómpre acadar unha puntuación mínima do 50% na presentación. Se non se supera esta parte, non se fará media coa cualificación alcanzada no traballo tutelado. |
30 |
|
Assessment comments |
Nota: APRENDIZAXE-SERVIZO/TRABALLOS TUTELADOS (60%): Tal e como se comentou no apartado de planificación, a actividade "aprendizaxe servizo" e a actividade "traballos tutelados" son excluíntes, polo que o alumnado escollerá entre realizar unha ou outra actividade, de tal xeito que a nota correspondente será a suma da asignada a cada actividade, é dicir un 60% da nota final. En relación ao ApS, esta proba está suxeita á dispoñibilidade dunha entidade ou asociación para levar a cabo o proxecto de aprendizaxe-servizo e tampouco se pode ofrecer a todos os estudantes. . No caso de que o ApS non se poida realizar todos os estudantes realizarán un traballo tutelado A asistencia e participación é obrigatoria e valorarase tendo en conta a implicación dos estudantes nas sesións presenciais. A revisión das cualificacións da primeira oportunidade realizaranse durante a cuarta semana do mes de maio. O sistema de avaliación aplicado na primeira oportunidade manterase para a segunda oportunidadade de Xullo. De modo que o alumno/a deberá entregar o traballo correspondente. A entrega de traballos na segunda oportunidade realizaranse na segunda semana do mes de xullo e a revisión das cualificacións farase na terceira semana do mes de xullo. No caso de alumnos/as con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de fechas compatible coa súa dedicación, pero terá a mesma obligación de realizar actividades e de acudir a calquer tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo. "A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (plaxio) implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria".
|
Sources of information |
Basic
|
KIRANT, O; IÇÖZ, O (2010). A Model Proposal on the Use of Creative Tourism Experiences in Congress Tourism and the Congress Marketing Mix. PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural, Vol. 8(3) Special Issue págs. 105-113.. PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural
GARCÍA, J.M.; SUCH M.J (2010). Influencia de los mega-eventos en la oferta alojativa de un destino: los juegos olímpicos. Análisis Turístico 10 2º semestre, pp. 45-55. Análisis Turístico
RODRÍGUEZ, M.M (2022). Material básico para el seguimiento de las sesiones magistrales. .
BUENDÍA, J.M (2009). Organización de Reuniones, Convenciones, Congresos y Seminarios.. México, Trillas
LÓPEZ, D. et al (2008). Turismo de negocios y reuniones. Congresos, convenciones e incentivos,. Valencia, Tirant lo Blanch |
- LABORDA, J.L (2000). Congresos, convenciones e incentivos. Madrid, Síntesis.
- MIRANDA, D. (2008). Análise do desenvolvemento e o potencial do turismo MICE. Estudo do caso de Galicia e Santiago de Compostela. Dirección Xeral de Turismo, Xunta de Galicia - MAURE AGÜERO, G. (2007). Definiciones y tendencias del turismo de eventos. Contribuciones a la Economía - - RICHERO, A. (2008). Planeación y ejecución de eventos presenciales y en línea. México, Trillas
|
Complementary
|
|
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: a. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático b. Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
2. Debe terse en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade no comportamento persoal e profesional.
3. Traballarase na identificación e modificación de prexuízos e actitudes sexistas, e influirá no medio para modificalos e promover valores de respecto e igualdade. 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades para un acceso adecuado, igualitario e rendible á vida universitaria.
5. Todo o material elaborado polo profesorado da materia está suxeito á lei de propiedade intelectual. Non se poderá utilizar, en ningún caso, sen a autorización expresa dos seus autores.
|
|