Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais Código 615525010
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Profesorado
Cruz Lopez, Laura
Correo electrónico
laura.cruz@udc.es
Web
Descrición xeral A materia enfócase nas posibilidades da investigación acción participativa (IAP) entendida ao mesmo tempo como metodoloxía de investigación e como proceso de acción social. Unha vez revisadas as bases filosóficas e éticas deste modelo de investigación, estableciendo as súas características definitorias, e despois de explorar as súas variacións exemplificadas en aplicaciones específicas, a materia céntrase no deseño e desenvolvemento de proxectos en de IAP definidos polo propio alumnado e acompañados pola docente. Propoñémonos xerar coñecemento colectivo e crítico sobre a nosa realidade, partindo de preocupacións temáticas que nos (re)moven, converténdonos en suxeitos activos e protagonistas dun proxecto de transformación das condicións que afectan á nosa vida cotiá. Neste sentido, trátase dunha materia eminentemente práctica.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A3 CE3 - Deseñar e desenvolver procesos de observación e documentación para o estudo das políticas e os sistemas de benestar social.
A7 CE7 - Identificar e valorar a posibilidade de intervención e prevención en procesos de conflitividade social.
A8 CE8 - Identificar procesos e factores de cohesión social, e deseñar medidas para a súa potenciación.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B11 CB11 - Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas no ámbito da exclusión social, en contextos interdisciplinares e de transferencia de coñecementos.
B12 CB12 - Manter responsabilidade e compromiso co desenvolvemento profesional continuo de forma autónoma.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B16 CX4 - Dirixir e coordinar equipos de investigación e profesionais de carácter multidisciplinar que traballen nos principais ámbitos da exclusión social.
B18 CX6 - Valorar a adecuación das distintas ferramentas teóricas, metodolóxicas e técnicas ás preguntas e os obxectivos específicos formulados sobre a realidade social e as políticas sociais.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender as características definitorias e variacións da investigación acción participativa (IAP) AM2
BM1
BM6
BM14
BM18
CM4
CM5
Saber deseñar, desenvolver e avaliar un proxecto de IAP AM1
AM3
AM7
BM2
BM11
BM13
BM15
CM1
Coñecer e saber aplicar técnicas participativas de xestión de organizacións sociocomunitarias AM8
BM7
BM12
BM16
BM19
CM6
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Modelos de investigación comunitaria e participativa
Contextualización epistemolóxica e metodolóxica da IAP: orixes e evolución
Principios da IAP
Experiencias de IAP en distintos contextos xeográficos e ámbitos de acción
Práctica metodolóxica da IAP Etapas fundamentais no proceso de IAP
Técnicas participativas da análise da realidade
Deseño dun proxecto de IAP
Comunicación e validación dos resultados
Dimensións de análise da participación en organizacións comunitarias
Categorías espazo-temporais: hábitat e espazo público
Dimensión relacional: convivencia, coexistencia e hostilidade
Dimensión dialóxica: a comunicación inter- e intra- institucional

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Discusión dirixida B1 B6 B12 B14 B18 C4 8 0 8
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A3 A7 A8 B2 B6 B7 B13 B14 B15 B16 B18 B19 C1 C4 C5 8 56 64
Aprendizaxe servizo A1 A3 A8 B1 B2 B7 B11 B12 B13 B14 B16 B18 B19 C4 C6 C7 24 15 39
Eventos científicos e/ou divulgativos A8 B12 B14 C4 0 4 4
Análise de fontes documentais A1 A2 A8 B6 B12 B18 C7 0 30 30
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Fundaméntase na concepción da aprendizaxe como un proceso dialóxico, un acto de (re)creación solidarizando a reflexión e a acción.
En base á análise previa de fontes documentais e/ou ao desenvolvemento de fases do traballo de investigación, promoverase a posta en común e o debate, contrastando opinións fundamentadas.
Con esta metodoloxía preténdese: identificar dificultades na comprensión; provocar o pensamento diverxente; favorecer a conexión con experiencias vitais; tomar conciencia e reconstruír criticamente novas formas de pensar, sentir e actuar.
Investigación (Proxecto de investigación) Traballo de investigación grupal que consiste no deseño e desenvolvemento dun proxecto de investigación-acción participativa (IAP) que parta da identificación dunha necesidade compartida polo grupo, co obxecto de mellorar a comprensión desa problemática e a propia realidade social implicando á comunidade. Desta forma, o estudantado convértese en suxeitos de investigación e fonte de información. Seguindo a metodoloxía da IAP os grupos realizarán as tres primeiras fases do proceso: deseño da proposta, informe diagnóstico inicial e planificación da devolución creativa e de dinámicas para a elaboración participada do proxecto de acción.
No desenvolvemento do traballo haberá que entregar informes de seguimento que poderán ser obxecto de traballo na aula ou en sesións de titorías.
Aprendizaxe servizo Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende ao traballar sobre necesidades reais da contorna co fin de mellorala. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva.
En colaboración con Arquitectura sen Fronteiras, no curso 23-24, os proxectos de IAP terán como fío condutor a reivindicación dun hábitat digno e coidador. Tomando o barrio de Agra de Orzán como contexto sobre o que investigar, os grupos de estudantes deseñarán os seus proxectos sobre temáticas relacionadas, realizarán un diagnóstico participativo en colaboración coa veciñanza, e idearán propostas transformadoras que faciliten os coidados no espazo urbano.
Eventos científicos e/ou divulgativos Participación en xornadas organizadas no marco da materia ou por entidades externas que se consideren de interese para o alumnado. O obxectivo é afondar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia, proporcionando experiencias de boas prácticas actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, páxinas web, artigos científicos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico, como instrumento na discusión dirixida, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas, etc.

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Aprendizaxe servizo
Descrición
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.

Organizaranse titorías grupais de acompañamento e supervisión do desenvolvemento dos proxectos de IAP (presenciais ou vía Teams).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A3 A7 A8 B2 B6 B7 B13 B14 B15 B16 B18 B19 C1 C4 C5 Valorarase: descrición clara e fundamentada do problema de partida e da proposta de IAP (fases e cronograma), xustificando suficientemente a relevancia desta proposta metodolóxica; grao de detalle e profundidade do diagnóstico (descrición adecuada e suficiente da proposta metodolóxica; categorías coherentes coa información recadada e a temática de estudo; análise en profundidade triangulando técnicas empregadas e voces; caderno de campo descritivo e reflexivo; cartografía social ben representada; entrevistas transcritas); calidade técnica e carácter inclusivo da proposta de devolución e deseño participativo do plan de acción (formulación clara e operativa de obxectivos, detalle na descrición das actividades, temporalización racional, definición axeitada da avaliación, metodoloxía sinérxica e dialóxica); apoio en fontes documentais. 80
Discusión dirixida B1 B6 B12 B14 B18 C4 Valorarase a participación nas sesións presenciais e/ou debates e actividades online habilitadas no Moodle, no que respecta a: o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión e apoio nas fontes documentais consultadas; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; a creatividade das achegas; a capacidade de argumentación, crítica e valoración; a claridade e corrección lingüística. 20
 
Observacións avaliación

Na segunda oportunidade avalíanse as mesmas tarefas que na primeira: discusión dirixida e investigación.

A
cualificación da discusión dirixida non é recuperable para
a segunda oportunidade de avaliación. Gardarase a nota acadada na
primeira oportunidade, derivada da participación no proceso de
desenvolvemento da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Alberich, Tomás (2008). IAP, redes y mapas sociales: desde la investigación a la intervención social. Portualia, 8(1), 131-151.

Balcázar, Fabricio (2003). Investigación acción participativa. Aspectos conceptuales y dificultades de implementación. Fundamentos en Humanidades, 4(7-8),59-77

Barba, María e Morán, Carmen (2016). Construyendo convivencia intercultural. Un programa de animación sociocultural en el centro penitenciario de Monterroso. Revista de Educación Social, 22, 243-261.

Barba, María, Morán, M. e Cruz, L. (2017). Animación sociocultural en prisión. Experiencia en el centro penitenciario de Monterroso. Madrid: Popular.

Basagoiti, Manuel e Bru, Paloma (2012). Apuntes para una intervención participativa y comunitaria en contextos de diversidad cultural. Cuadernos de Trabajo Social, 25(2), 371-381

Basagoiti, Manuel; Bru, Paloma e Lorenzana, Concha (2001). IAP de bolsillo. Madrid: ACSUR Las Segovias.

Bru, Paloma e Basagoiti, Manuel (s/d). La investigación-acción participativa como metodología de mediación e integración socio-comunitaria.

Colectivo IOE (2003). Investigación acción participativa. Propuesta para un ejercicio activo de la ciudadanía.

Comas, Dolors (2023). Ciudades que cuidan. Crítica Urbana. Revista de Estudios Urbanos y Territoriales, 28. https://criticaurbana.com/ciudades-que-cuidan De la Riva,

Fernando (2014). El reto de la participación. Cómo dinamizar la participación dentro de las ONGD. Coordinadora de ONGD de Extremadura.

De Miguel, Mario (1993). La IAP un paradigma para el cambio social. Documentación Social, 92, 79-90.

García Doménech, Sergio (2018). Ciudad, espacio público y hábitat intergeneracional. Estudios del hábitat, 16(1).

Giménez Romero, Carlos (2015). Promoviendo la convivencia ciudadana intercultural en barrios de alta densidad. Ideas y experiencias para una praxis comunitaria. Cuadernos Manuel Giménez Abad, 4, 48-68.

Greenwood, Davydd (2000). De la observación a la investigación-acción participativa: una visión crítica de las prácticas antropológicas. Revista de Antropología Social, 9, 27-49.

López Ceballos, Paloma (1993). La IAP: un enfoque integral. Documentación Social, 92, 71-78.

Martí, Joel (s/d). La investigación-acción participativa. Estructura y fases. Accesible en http://www.redcimas.org/wordpress/wp-content/uploads/2012/08/m_JMarti_IAPFASES.pdf

Palacín, Iratxe (Coord.). Pedagogía de los cuidados. Aportes para su construcción. Fundación InteRed.

Palazón, Francisco (1993). Implicación acción-reflexión-acción. Documentación Social, 92, 43-58.

Pié Balaguer, Asunció (2019). La insurrección de la vulnerabilidad. Para una pedagogía de los cuidados y la resistencia. Barcelona: Ediciones de la Universidad de Barcelona.

Red CIMAS (2015). Metodologías participativas. Sociopraxis para la creatividad social. Madrid: Dextra.

Robles, Elena H. (2008). Espacio público, comunidad y sociedad: la mirada de actores relevantes sobre el espacio público, la participación ciudadana y las relaciones existentes entre estos temas. Universidad de Chile. Tesis doctoral.

Sembler, Camilo (2023). Crisis de los cuidados y crisis de la democracia Trans/Form/Ação, 46 (1) https://www.scielo.br/j/trans/a/nQ3ddJhHQhBTS96kXysmz8m/?lang=es

Silva, Nora (2018). Invitaciones a repensarlos cuidados desde la economía feminista, el ecofeminismo y el Buen Vivir. Fundación InteRed

Sirvent, María T. (2018). De la educación popular a la investigación acción participativa. Perspectiva pedagógica y validación de sus experiencias. Inter Cambios. Dilemas y transiciones de la Educación Superior, 5(1), 12-29.

Sirvent, María T. e Rigal, L. (2012). Investigación Acción Participativa. Un desafío de nuestros tiempos para la construcción de una sociedad democrática.

Valdivia, Blanca (2021). La ciudad cuidadora. Calidad de vida urbana desde una perspectiva feminista. Tesis Doctoral. Universitat Politécnica de Catalunya. https://www.tesisenred.net/handle/10803/671506#page=1

Crítica Urbana. Revista de Estudios Urbanos y Territoriales

Bibliografía complementaria

Alguacil, Julio; Basagoiti, Manuel e Bru, Paloma (2011). Experiencia y metodología para un modelo de desarrollo comunitario. El caso de San Cristóbal de los Ángeles.Madrid: Editorial Popular.

Alguacil, Julio; Basagoiti, Manuel e Camacho, Javier (2006). Investigación-acción participativa en el barrio de San Cristóbal de los Ángeles. Cuadernos de Trabajo Social, 19, 331-346.

Astudillo, José (Dir.) (2015). Herramientas para la participación social. Revista Acordes. Universidad de Cuenca.

Ávila, Aitor (2014). Acompañamiento especializado con jóvenes en exclusión en Debabarrena: una experiencia de investigación-acción. Zerbitzuan, 55, 111-120.

Berranquero-Díaz, Luis; Maya-Rodríguez, Francisco; Escalera, Francisco J. (2016). La colaboración como condición: la etnografía participativa como oportunidad para la acción. Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, 21(1), 49-57.

Carr, Wilfred e Kemmis, Stephen (1988). Teoría crítica de la enseñanza. Investigación-acción en la formación del profesorado. Barcelona: Martínez Roca.

Cascante, César (2013). La investigación-acción crítica y nosotros (que te quisimos tanto). Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 77, 45-64.

Colectivo IOÉ (1993). Investigación-Acción Participativa. Introducción en España. Documentación Social, 92, 59-70

Corona, Antonia y Gutiérrez, Virgina (2019). Hacia la inclusión social desde la IAP: una experiencia en Andalucía. Empiria. Revista de Metodología en Ciencias Sociales, 44, 79-107.

Escalera, Javier e Coca, Agustín (2013). Teoría y práctica de la participación. En, Movimientos sociales, participación y ciudadanía en Andalucía. Sevilla: Aconcagua.

Fals Borda, Orlando (1993). La Investigación participativa y la investigación social Documentación Social, 92, 9-21.

Fernández, E. (2014). Releyendo la metodología de la Investigación-Acción-Participativa (IAP). Pedagogía de las ausencias, Pedagogía de la traducción y Pedagogía de la articulación. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 17(1), 73-85.

Flamtermesky, Helga (2014). Mujer frontera. Experiencia de investigación acción participativa feminista (IAPF) con mujeres víctimas de la trata de personas. Athenea Digital, 14(4), 389-400.

Kemmis, Stephen e McTaggart, Robin (1988). Cómo planificar la investigación-acción. Barcelona: Laertes.

Lalueza, José L.; Sánchez-Busqués, Sonia; Padrós, Marta e García-Romero, David (2016). Educación, minorías e identidad. Reflexiones a través de un proyecto de investigación-acción. Papeles de Trabajo sobre Cultura, Educación y Desarrollo Humano, 12(3), 20-29.

Marzana, Daniela; Marta, Elena e Mercuri, Francesca (2013). De la resiliencia individual a la resiliencia comunitaria. Evaluación de un proyecto de investigación-acción sobre el desamparo social de los menores. Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado, 16(3), 11-32.

Massó, Ester (2005). Fundamentos teóricos y derivaciones prácticas de la IAP en España. AIBR. Revista de Antropología Iberoamericana, 43.

Nani, David F. (2012). La investigación-acción: cartografía de su epistemología y cientificidad cualitativas. Aposta, Revista de Ciencias Sociales, 53.

Pareja, José A. e Pedrosa, B. (2012). Mejora de la convivencia a través de la investigación-acción participativa. Profesorado. Revista de currículum y formación del profesorado, 16(3), 467-491.

Penalva, José (2006). El conocimiento empírico en la investigación-acción: análisis de los aspectos epistemológicos. Revista Complutense de Educación, 17(2), 105-118.

R. Villasante, Tomás (1993). Aportaciones básicas de la IAP a la Epistemología y Metodología. Documentación Social, 92, 23-42.

Sales, Auxiliadora (2012). La formación intercultural del profesorado: estrategias para un proceso de investigación-acción. Educatio Siglo XXI, 30(1), 113-132

Scandroglio, Bárbara y López, Jorge (2010). Investigación-acción-participativa con la agrupación latin King en Madrid: potencialidades y límites de una estrategia alternativa al control de los grupos juveniles conflictivos. AIBR. Revista de Antropología Iberoamericana, 5(2), 222-255.

Sepúlveda-Ruiz, María del Pilar; Calderón-Almendros, Ignacio e Torres-Moya, Francisco (2010). De lo individual a lo estructural. La investigación-acción participativa como estrategia educativa para la transformación personal y social en un centro con menores infractores. Revista de Educación, 359, 456-480.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Tanto para o alumnado de modalidade presencial como online, é imprescindible levar a cabo un seguimento continuo da materia. Consistirá en realizar as actividades especificadas na plataforma Moodle (lecturas, tarefas, participación en foros, etc.)  antes da data límite indicada.

Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías