Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Cambios sociodemográficos e territoriais Código 615525023d
Titulación
Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Diz Reboredo, Carlos
Correo electrónico
carlos.diz@udc.es
Profesorado
Cortés Vázquez, José Antonio
Diz Reboredo, Carlos
Rey Gayoso, Raúl
Correo electrónico
j.a.cortes@udc.es
carlos.diz@udc.es
raul.reyg@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia, traballaremos teorías e metodoloxías para explorar as relacións interxeracionais no seu contexto histórico e ecolóxico. Analizaremos os cambios sociodemográficos e territoriais máis actuais, en relación coas transformacións dos afectos e dos modos de vida na sociedade contemporánea.

Competencias do título
Código Competencias do título
A21 CEE1 - Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades.
A22 CEE2 - Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociada a formas de convivencia e a determinados grupos de idade.
A23 CEE3 - Identificar as dinámicas interxeracionais, biolóxicas e socioeconómicas que xeran situacións de exclusión.
A24 CEE4 - Identificar situacións e procesos de segregación de colectivos vulnerables asociados ao avellentamento demográfico.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B20 CX8 - Aplicar a perspectiva comparada na comprensión das problemáticas sociais e das respostas e solucións políticas.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Identificar procesos históricos de cohesión e de exclusión asociados a distintos tipos de hábitats AM21
AM22
AM23
AM24
BM2
BM20
CM3
CM7
Recoñecer a relación entre variables espaciais e territoriais e as necesidades da poboación segundo as súas características sociodemográficas AM21
AM24
BM1
BM3
BM14
BM19
CM5
CM7
Analizar a vulnerabilidade ecolóxica de distintos colectivos AM23
AM24
BM14
BM19
BM20
BM21
BM22
CM3
CM7

Contidos
Temas Subtemas
Coidados, avellentamento e territorios - Cambios sociodemográficos e traballo de coidados
- Territorios en transición e vellas paisaxes
- Avellentamento e perspectiva de xénero
Sociedade, hábitat e despoboación - Medio ambiente e migracións
- ¿Baleira ou baleirada? Formas de vida e territorios en crise
- Ecoloxía, valor e cambios sociodemográficos
Cambios produtivos e reprodutivos - Precariedade e reprodución da vida
- Ecofeminismo ou barbarie
- Mundos (por)vir

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A21 A24 B3 B14 B20 B21 C5 C7 0 34 34
Traballos tutelados A22 A23 B1 B2 B19 B22 C3 0 110 110
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario As clases presenciais desenvolveranse a modo de seminario no que se discutirán lecturas e documentais asignados. A avaliación estará en función da asistencia e da exhaustividade dos materiais revisados polo alumno. Para o alumnado a distancia, haberá a posibilidade de seguir as clases on-line, ou senón, de visionar as gravacións de maneira asíncrona, ou tamén de seguir as explicacións a través das lecturas e/ou os materiais facilitados por Moodle.
Traballos tutelados O alumnado deberá entregar traballos prácticos de reflexión crítica sobre os contidos tratados na aula. Estes traballos deberán elaborarse a partires dos os materiais distribuídos (textos, audiovisuais, etc.), as posibles saídas ou formacións de campo, e as explicaciós e debates desenvoltos ao longo do curso de maneira presencial ou non presencial.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
É previsible que o alumnado requira orientación personalizada para aclarar dúbidas ou ampliar a información necesaria para o seu traballo final. A atención personalizada desenvolverase tanto por correo electrónico como a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A21 A24 B3 B14 B20 B21 C5 C7 As clases presenciais desenvolveranse a modo de seminario no que se discutirán lecturas e documentais asignados. A avaliación estará en función da asistencia e da exhaustividade dos materiais revisados polo alumno. Para o alumnado a distancia, haberá a posibilidade de seguir as clases on-line, ou senón, de visionar as gravacións de maneira asíncrona, ou tamén de seguir as explicacións a través das lecturas e/ou os materiais facilitados por Moodle. 40
Traballos tutelados A22 A23 B1 B2 B19 B22 C3 O alumnado deberá entregar traballos prácticos de reflexión crítica sobre os contidos tratados na aula. Estes traballos deberán elaborarse a partires dos materiais distribuídos (textos, audiovisuais, etc.), as posibles saídas ou formacións de campo, e as explicaciós e debates desenvoltos ao longo do curso, tanto a nivel presencial como non presencial. 60
 
Observacións avaliación

PLAXIO. O/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica Kreager, Philip y Schröder-betterfill, E. (Eds) (2005). Ageing without children. Berghan Books
Santamarina, Beatriz et al (Coords.) (2018). Antropología ambiental. Barcelona: Icaria
Livi Baci, Massimo (1988). Ensayo sobre la historia demográfica europea. Barcelona: Ariel
Herrera, Mª Soledad (2007). Individualización social y cambios demográficos. Madrid: CIS
Dubert, Isidrio; Pérez-Caramés, Antía (2021). Invasión migratoria y envejecimiento demográfico. Dos mitos contemporáneos. Catarata
Del Molino, Sergio (2016). La España vacía. Viaje por un país que nunca fue. Turner
Moré, Paloma (2017). Migraciones y trabajo con personass mayores en las grandes ciudades. Madrid: CIS
Otero, Raimundo (2017). Sociología e historia de la ciudad desconcentrada. Madrid: CIS

Toda a bibliografía esencial e complementaria estará dispoñible na plataforma Moodle.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

5.- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías