Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Aspectos socioeconómicos da vellez Código 615525027
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Segundo Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Vilar Rodriguez, Margarita
Correo electrónico
margarita.vilar.rodriguez@udc.es
Profesorado
Vilar Rodriguez, Margarita
Correo electrónico
margarita.vilar.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo fundamental da materia Aspectos Socioeconómicos da vellez é ofrecer ao estudantado unha análise teórica e práctica ao fenómeno do envellecemento, atendendo a tres aspectos fundamentais. Primeiro, abordar a definición e cuantificación do proceso de envellecemento desde unha perspectiva temporal e territorial. Segundo, analizar as causas e consecuencias económicas, sociais e políticas do proceso de envellecemento da poboación. Terceiro, reflexionar sobre os retos e oportunidades que este proceso supón para a economía e a sociedade actual. Esta materia impartirase cun espírito mutidisciplinar, dado que o proceso de envellecemento afecta tamén a múltiples ámbitos da nosa política, economía e sociedade. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado. O docente impartirá a docencia en castelán, se ben o alumnado poderá expresarse tanto en galego como en castelán nas clases y na entrega de traballos, os cuais serán todos entregados en formato dixital.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social.
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A4 CE4 - Recompilar e interpretar a información suficiente para chegar a diagnósticos fiables sobre os riscos de exclusión e os factores de vulnerabilidade social.
A21 CEE1 - Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades.
A22 CEE2 - Manexar ferramentas conceptuais e metodolóxicas para a análise da vulnerabilidade asociada a formas de convivencia e a determinados grupos de idade.
A23 CEE3 - Identificar as dinámicas interxeracionais, biolóxicas e socioeconómicas que xeran situacións de exclusión.
A24 CEE4 - Identificar situacións e procesos de segregación de colectivos vulnerables asociados ao avellentamento demográfico.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B2 CB2 - Aplicar e integrar os coñecementos a contornos e problemas emerxentes e indefinidos, na práctica investigadora e profesional.
B3 CB3 - Seleccionar o marco científico adecuado para avaliar as evidencias dispoñibles e postular hipóteses razoadas sobre a avaliación previsible dos feitos sociais estudados.
B7 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos.
B14 CX2 - Realizar unha análise crítica da realidade social e do desenvolvemento profesional vinculada aos feitos sociais sobre os que se traballa.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
B22 CX10 - Recoñecer e valorar os xuízos de valor e as evidencias nos argumentos que sosteñen as descricións e políticas sobre a realidade social.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 – Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 CT6 -Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
A.1.CE1 - Determinar as dimensións e categorías axeitadas para o diagnóstico e a análise científica das situacións de exclusión social. AM1
AM2
AM4
A21 CEE1 - Explicar os procesos de exclusión vinculados ás transformacións da estrutura familiar e por idades das sociedades AM21
AM22
AM23
AM24
B1.CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social. BM1
BM2
BM3
BM7
B13 CX1 - Comprender e integrar coñecementos complexos para traducilos en propostas de investigación e programas de intervención en contextos sociais problemáticos. BM13
BM14
BM15
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social. BM19
BM21
BM22
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM1
CM2
CM5
CM6

Contidos
Temas Subtemas
1. Reflexións sobre o envellecemento da poboación: problema & oportunidade 1.1. A idade como obxecto de estudo e investigación
1.2. Definición da vellez
1.3. As contradicións do envellecemento
2. Conceptos e indicadores básicos para o estudo do envellecemento 2.1. Indicadores para o estudo da vellez
2.2. Causas do envellecemento da poboación
2.3. Perspectivas de estudo do envellecemento
3. O envellecemento da poboación e a economía 3.1. A dimensión económica do envellecemento demográfico
3.2. Implicacións económicas
4. As consecuencias sociais do envellecemento demográfico 4.1. Unha reflexión sobre os aspectos sociais
4.2. Repercusiónns do envellecemento sobre o sector público
4.3. Políticas de envellecemento: un dilema por resolver
5. Envellecemento, gasto sanitario e dependencia 5.1. Los datos del gastos sanitario & personas mayores
5.2. El colapso de las políticas de dependencia
5.3. Hospitales & residencias: un análisis crítico
5. Envellecer en feminino. Igualdade de xénero? 5.1. Non é igual: Envellecemento de mulleres & homes
5.2. Xénero & Políticas de envellecemento
5.3. A orixe das desigualdades desde un punto de vista do ciclo vital
6. A achega das persoas maiores ao benestar 6.1. A medición da achega das persoas maiores ao benestar
6.2. A posta en valor do envellecemento
6.3. O paradoxo do sistema: sostidos ou sustentadores?
7. Os retos do envellecemento da poboación 7.1. Reflexións para debatir
7.2. Que estamos a facer mal?
7.3. A vellez como oportunidade

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A2 A4 A23 A24 B1 B19 B21 B22 18 36 54
Proba práctica A1 A21 A22 B2 B3 B7 B13 B14 B15 C1 C2 C5 C6 18 72 90
 
Atención personalizada 6 0 6
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As explicacións maxistrais consisten nas clases teóricas para as cales serán necesarias as lecturas e o debate na aula.
Proba práctica A proba práctica consistira na elaboración dun traballo individual (extensión máxima 10 páxinas) onde se utilizarán os conceptos teóricos e prácticos traballados durante o curso en torno aos aspectos socioeconómicos da vellez. O estudo de caso servirá de base para este traballo. As bases deste traballo explicaranse durante a asistencia a titorías, mesmas que poden darse na aula ao inicio ou ao final da mesma (alumnado presencial) ou vía teams (alumnado online). Existe tamén a posibilidade de que esta proba poda ser una introducción ao TFM se o alumnado considera realizado en torno a temáticas da materia/especialidades, en cuio caso acordarase un plan de traballo nas primeiras semanas de clase.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Descrición
Atención personalizada nas titorías, previa cita mediante correo electrónico (margarita.vilar.rodriguez@udc.es). Ditas tutorías realizaránse mediante TEAMS.

Consulta de moodle, correo electrónico e chat da materia alomenos unha vez á semana durante o período lectivo.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A2 A4 A23 A24 B1 B19 B21 B22 A asistencia e participación activa durante as sesións maxistrais computará cun valor máximo do 10% na nota final. Para o estudantado semipresencial ou a distancia implicará un seguimento e consulta regular dos materiais elaborados e colgados en Moodle e a utilización do chat de moodle. 10
Proba práctica A1 A21 A22 B2 B3 B7 B13 B14 B15 C1 C2 C5 C6 Traballo final sobre un estudo comparado terá un valor máximo na nota final do 40%. Para o estudantado semipresencial ou a distancia se darán instrucións precisas colgadas en Moodle e utilizaranse titorías online. 90
 
Observacións avaliación

Alumnado presencial:

- A avaliación considerará a nota mediante un proceso de avaliación continua das diferentes partes a ser tidas en conta: participación nas aulas (10%), tarefas (estudos de caso) (50%), traballo final (40%). Todos os traballos serán coñecidos polo alumnado ao principio do curso e todas as tarefas deberán ser entregadas en tempo e forma en formato dixital mediante o Moodle da materia. 

Alumnado non presencial
- A Avaliación será similar a do alumnado presencial, se ben o porcentaxe adicado a participación será medido mediante a participación no chat do Moodle habilitado e/ou por interacciona mediante correo electrónico co profesor. 

Primeira oportunidade

O alumnado que opte por unha avaliación non continua poderá presentarse na convocatoria oficial acordada polo centro. A proba constará dun examen tipo test (50% da nota) que versará sobre diversas obras traballadas na clase e subidos en pdf ao Moodle da materia; e unha pregunta autoformulada de extensión en torno a 2 follas onde o alumnado exporá unha breve reflexión en torno a algún tema da materia do seu interés previo consenso co profesor (50% da nota)

Segunda oportunidade

Mesmo criterio que na primeira

Alumnado con exención académica
Ao principio do curso acordarase un calendario de titorías,  criterios de avaliación e entregas.

Fontes de información
Bibliografía básica

Esta bibliografía é só orientativa e global. O profesor facilitará ao estudantado as referencias das lecturas básicas obrigatorias para traballar en clase a través da plataforma virtual Moodle. Entre as habilidades que deben adquirir os estudantes está a obtención de recursos bibliográficos propios que sirvan para o seu desenvolvemento tanto na materia como para o TFM. Prestarase especial atención á paridade de xénero ao aportar obras de autores e de autoras. 

Bazo,María-Teresa et al. (2006): Envejecimiento y sociedad una perspectiva internacional, Madrid : Editorial Médica Panamericana

Beauvoir, Simone de (2012): La Vejez / Simone de Beauvoir ;traducción de Aurora Bernárdez, Buenos Aires : Debolsillo

Delgado García, Ana María ; Rafael Oliver Cuello, Ignasi Beltran de Heredia Ruiz (2010):Vejez, discapacidad y dependencia: Aspectos fiscales y de protección social, Publicación,Barcelona : Bosch, 2010.

Duque,Juan M. y Adela Mateo Echanogorria(coord) (2008): La participación social de las personas mayores, Madrid, Instituto de Mayores y Servicios Sociales (IMSERSO)

Fericgla,Josep M. (2002): Envejecer una antropología de la ancianidad, Barcelona :Herder

FreireRodríguez, Carlos y Mar Ferradás Canedo (2016): Calidad de vida y bienestar en la vejez, Madrid : Pirámide

GarcíaGonzález, Francisco (coord.) (2005): Vejez, envejecimiento y sociedad enEspaña, siglos XVI-XXI, Cuenca : Ediciones de la Universidad de Castilla-LaMancha.

Giró Miranda, Joaquín (coord.) (2004): Envejecimiento y sociedad una perspectivapluridisciplinar, Logroño, Universidad de La Rioja, Servicio de Publicaciones

Gómez García, Jesús María (1997): El envejecimiento de la población y la economía, ValladolidSecretariado de Publicaciones e Intercambio Científico, Universidad deValladolid

IMSERSO(1999): La Protección Social de la Dependencia, Madrid.

IMSERSO(2000): Las Personas Mayores y las Residencias, Madrid.

IMSERSO,Informe 2014 sobre sobre las personas mayores en España

Instituto Nacional de Consumo(2000): La tercera edad y el consumo , Madrid.

lmarza Meñica, Juan; Jesús Galdeano Aramendia(Coord.) (1988): Simposio de gerontología de Castilla-León. Hacia una vejeznueva I Simposio de Gerontología de Castilla-León : 5-8 de mayo 1988 Valladolid,Fundación Friedrich Ebert.

Papeles de Economía Española, especial 104: Transformación demográfica : raíces yconsecuencias, Madrid : CaixaNova, 2005

Pérez Ortiz, Lourdes (2006): La estructura social de la vejez en España: nuevas yviejas formas de envejecer, Madrid: Instituto de Mayores y Servicios Sociales.

Rodríguez Cabrero, G. (1997): Participación social de las Personas Mayores, Madrid:IMSERSO.

Rogero García, Jesús (2010): Los tiempos del cuidado : el impacto de la dependencia delos mayores en la vida cotidiana de sus cuidadores, Madrid : IMSERSO

Sánchez Vera, Pedro (ed.) (1993): Sociedad y población anciana, Murcia : Universidad deMurcia

Sancho,M. T. (2007): Las personas mayores en España, Informe 2006, Madrid: IMSERSO.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 1. Para cumprir co obxectivo sostible vinculado ao Green Campus: 

 - A entrega de tarefas que se realice nesta materia producirase en formato virtual e/o soporte informático 

 - Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos - En todo momento teranse en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores de sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. 

 2. Segundo recóllese nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria

 - Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 

 - deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

 - Traballarase para identificar e modificar prexuízos e #actitude sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. 

 - Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e propoñeranse accións e medidas para corrixilas."

 3. Recoméndase a asistencia ás clases para un mellor seguimento dos contidos teóricos e prácticos da materia



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías