Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Taller de actualización e transferencia Código 615525030
Titulación
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Domínguez Rodríguez, Antía
Correo electrónico
a.drodriguez@udc.es
Profesorado
Domínguez Rodríguez, Antía
Correo electrónico
a.drodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral O "Taller de actualización e transferencia" ten un carácter de materia experimental e busca completar a formación do alumnado no mestrado por dúas vías: a) a oferta de formación complementaria a través dunas xornadas e a selección por parte do alumnado de formación que peche o seu ciclo formativo (para o cal se remite información da oferta existente); e b) a posta en común das investigacións realizadas polo alumnado no seu TFM e a propia retroalimentación entre o alumnado para mellorar aspectos do seu traballo.

Competencias do título
Código Competencias do título
A2 CE2 - Interpretar os feitos e as políticas sociais desde os distintos paradigmas teóricos vixentes na análise da exclusión.
A5 CE5 - Interpretar as situacións e os procesos de marxinación social e económica de colectivos desde unha perspectiva histórica e macroestrutural.
A6 CE6 - Avaliar a capacidade e eficacia das medidas de intervención para corrixir ou previr situacións e procesos de exclusión social.
B1 CB1 - Demostrar coñecementos avanzados, de carácter multidisciplinar, para a investigación e o exercicio profesional no ámbito da exclusión social.
B6 CB6 - Posuír e comprender coñecementos que proporcionen unha base ou oportunidade para ser orixinais no desenvolvemento e/ou a aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
B9 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
B10 CB10 - Que os estudantes manexen as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
B11 CB11 - Participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas no ámbito da exclusión social, en contextos interdisciplinares e de transferencia de coñecementos.
B15 CX3 - Deseñar, aplicar e avaliar proxectos de investigación en ciencias sociais relacionados cos procesos e as situacións de exclusión social.
B19 CX7 - Dar respostas innovadoras e orixinais ante situacións problemáticas emerxentes relacionadas coa exclusión social.
B21 CX9 - Aplicar unha perspectiva interdisciplinar na análise e a valoración de problemáticas de exclusión e políticas sociais de inclusión e cohesión.
C1 CT1 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C2 CT2 – Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
C3 CT3 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C4 CT4 - Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 CT5 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C7 CT7 - Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 CT8 - Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
C9 CT9 - Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Formación complementaria en materia de políticas sociais e específicas (xénero, migración e avellentamento). AM2
AM5
AM6
BM1
BM6
BM19
BM21
CM2
CM3
CM4
CM5
CM7
2. Capacidad de aprendizaxe colaborativo: exposición da súa propia investigación, aportar ao traballo doutros compañeiros/as, elaboración dunha proposta de investigación, etc. AM2
AM5
AM6
BM1
BM6
BM9
BM10
BM11
BM15
BM19
BM21
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM7
CM8
CM9

Contidos
Temas Subtemas
1. A diagnosis e o seu proceso 1.1. Investigación e recollida de información
1.2. Cómo escoller o tema
1.3. As técnicas de investigación
2. Creación dun proxecto de intervención, seminario, conferencia, debate, etc. 2.1. Construcción dun proxecto de investigación ou de intervención seguindo unhas pautas e criterios.
2.2. Aplicación e realización do traballo de campo
3. Presentación de maneira escrita e oral do proxecto 3.1. Presentación de coñecementos adquiridos na súa formación de libre configuración ou como parte dos seus proxectos TFM.
Ao inicio do curso consensuarse co alumnado a mellor maneira de llevarlo a cabo para o logro dos obxetivos da materia.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral B6 B9 B15 B19 B21 C1 C3 C4 C5 2 15 17
Investigación (Proxecto de investigación) A2 B6 B10 B19 C2 C4 C5 C8 C9 12 5 17
Análise de fontes documentais A2 B6 C7 C8 C9 0 20 20
Aprendizaxe servizo A6 A5 B1 B6 B11 B19 C4 C7 12 8 20
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral A presentación oral e exposición e argumentación dos traballos realizados é unha parte básica e moi importante do proceso formativo. Polo tanto, o alumnado o finalizar a asignatura realizará unha breve exposición do traballo realizado, resaltando as partes máis importantes e significativas da exposición realizada.

Investigación (Proxecto de investigación) O alumnado levará a cabo unha invesitgación grupal que consista no deseño dunha investigación, e centrarase na aplicación de ferramentas e técnicas de análisis para a diagnosis dunha realidade social.
Despois dunha primeira fase de identificación do tema/problemática e as técnicas a emplear, que se fará na asignatura de "Deseño de proxectos e traballos de investigacion", nesta asignatura levarase a cabo a investigación complementándoo co feito previamente.
Trátase dun traballo acompañado e dirixido que realizarase en gran parte na aula.
Análise de fontes documentais Trátase dunha técnica metodolóxica (revisión de bibliografía, fontes de datos, etc.) que empregarán para a realización do traballo, tanto para a contextualización como para a propia investigación e posta en marcha do proxecto. Axudará a diagnosis, como instrumento e como explicación de procesos.
Aprendizaxe servizo Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende a traballar sobre necesidades reais da contorna co fin de mellorala. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva.
En colaboración con Arquitectura sen Fronteiras, no curso 23-24, os proxectos da asignatura terán como fío condutor a reivindicación dun hábitat digno e coidador. Tomando o barrio de Agra de Orzán como contexto sobre o que investigar, os grupos de estudantes deseñarán os seus proxectos sobre temáticas relacionadas, realizarán un diagnóstico participativo en colaboración coa veciñanza, e idearán propostas transformadoras que faciliten os coidados no espazo urbano.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
En caso de existir dúbidas o alumnado poderá pedir unha titoría presencial ou virtual (previa concertación por e-mail).
Recoméndase realizar ditas tutorías de maneira grupal para a consecución do traballo de investigación realizado, como forma de acompañamento.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A2 B6 B10 B19 C2 C4 C5 C8 C9 O proxecto de investigación contará co groso da puntuación da materia.
Valorarase a descrición clara do problema obxecto de estudio, a escolla adecuada das técnicas de análisis, a exposición ordenada dos resultados e as conclusión pertinentes e oportunas.
90
Presentación oral B6 B9 B15 B19 B21 C1 C3 C4 C5 A presentación dos traballos, no formato que se defina, dará como resultado unha puntuación complementaria da materia. No inicio da materia decidirase o formato da presentación dos traballos, de manera consensuada co alumnado. 10
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia "Deseño de
proxectos e traballos de investigación" será conxunta coa materia de
"Taller de actualización e transferencia". Só será preciso entregar
un traballo conxunto para ambas materias. 

É condición indispensable para superar a
materia, obter como mínimo no traballo de investigación, a metade da máxima
cualificación outorgable (5 de 10).

Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación e traballos
cualificables serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria.
O plaxio no traballo
individual, unha vez comprobado, implicará directamente a cualificación de
suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente.

Recomendacións/criterios sobre a avaliación: 


1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural


Fontes de información
Bibliografía básica Alguacil Gómez, J. (2011). Cómo se hace un trabajo de investigación en sociología. Madrid: Ediciones La Catarata
Baelo Álvarez, Manuel (2017). El arte de presentar trabajos académicos ante un tribunal: TFG, TFM y tesis doctoral: guía práctica para estudiantes universitarios. El Ejido: Círculo Rojo
Rodríguez Gabarrón, L. Y Hernández Landa, L. (1994). Investigación participativa. . Centro de Investigacines Sociológicas
Guinea-Martín, D. (2012). Trucos del oficio del investigador. Madrid: Gedisa
Caicedo, Claudia (2016). ¿Cómo elaborar un trabajo final de máster?. Barcelona: UOC
Platero Méndez, R.L. (2015). ¿Es el análisis interseccional una metodología feminista y queer?. Universidad del País Vasco

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Fontes de información e técnicas estatísticas para a análise das políticas sociais/615525007d
Técnicas cualitativas para a análise dos discursos e as realidades sociais/615525008d
Deseño, xestión e avaliación de políticas sociais/615525009d
Investigación-acción participativa, acción comunitaria e xestión das organizacións sociais/615525010d

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Deseño de proxectos e traballos de investigación/615525029
Traballo Final de Mestrado (TFM)/615525031

Materias que continúan o temario

Observacións

O alumnado (independentemente da modalidade escollida) deberá revisar regularmente o campus virtual da materia e consultar os documentos

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)


Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías