Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
C5. Identificar os requisitos éticos da investigación social ante distintos escenarios de aplicación multidisciplinares, especialmente aqueles de gran complexidade ou con colectivos de alta vulnerabilidade, e as ferramentas existentes para cumprir con estes requisitos ao nivel esixido a escala autonómica, estatal e internacional. |
A10 |
C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social. |
A11 |
H1. Avaliar e seleccionar a paradigma metodolóxico adecuado (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa) para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada sobre fenómenos asociados aos retos sociais, económicos e políticos. |
A12 |
H2 Adoptar as medidas adecuadas para a preservación dos principios éticos fundamentais e avanzados da investigación social, así como para a protección adecuada dos datos recompilados. |
A16 |
H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado. |
A19 |
H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación. |
A20 |
CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas. |
A23 |
CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornas interdisciplinares. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Diferenciar entre distintos paradigmas de investigación social e ser capaz de combinalos de forma orixinal, creativa e nova para o deseño dunha investigación social básica ou aplicada e coñecer e aplicar os principais avances realizados recentemente na epistemoloxía da investigación social e utilizalos para identificar problemas e retos sociais emerxentes en contextos de investigación científica altamente especializados. |
AM10 AM11 AM20 AM23
|
|
|
Coñecer os principios éticos da investigación social, os protocolos existentes de protección de datos, os formularios de consentimento informado, así como os compoñentes dun informe a este respecto. Deben estar capacitados/as para seleccionar os procedementos adecuados que garantan o mantemento dos principios éticos en distintos contextos de investigación social. |
AM5 AM12
|
|
|
Saber cales son as distintas fontes de financiamento da investigación social e elaborar proxectos de investigación competitivos con diferentes deseños en función do obxecto de estudo. Así como desenvolver as habilidades necesarias para participar en proxectos de investigación en contextos interdisciplinares. |
AM16 AM19
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Fundamentos epistemolóxicos da investigación social |
1.1. O proceso de investigación social: da teoría á comprobación.
1.2. Perspectivas cualitativa e cuantitativa. Ámbitos de aplicación.
1.3. Estratexias de investigación. Niveis e unidades de análise.
1.4. Os datos. Tipos, xeración e recollida de datos. O proceso de operacionalización.
1.5. Recursos de información: fontes de datos e o seu tratamento. |
Tema 2. O deseño de proxectos de investigación social |
2.1. A planificación como metodoloxía de traballo: o plan, o programa e o proxecto.
2.2. Análise de contextos e diagnoses: metodoloxías e técnicas para a diagnose de contextos sociais.
2.3. Definición de obxectivos e diferenzas entre tipos de obxectivos no proxecto.
2.4. A construción da metodoloxía: Selección das técnicas de investigación. Articulación e integración. A metodoloxía participativa.
2.5. Mostraxe. Deseño, tamaño e tipo de mostra. Representatividade e capacidade de xeneralización |
Tema 3. Ética da investigación social |
3.1. Principios éticos que rexen na investigación social.
3.2. Regulación existente e principais protocolos aplicables dentro do Estado español e da Unión Europea.
3.3. Cuestións prácticas sobre a ética na formulación dos proxectos e na aplicación das técnicas de investigación.
3.4. Claves para a elaboración dun informe sobre o mantemento dos principios éticos na investigación social. |
Tema 4. A avaliación no contexto do deseño de proxectos sociais |
4.1. Os tipos de avaliación (localización, obxecto, axente, instrumentos)
4.2. As fases de avaliación: necesidades, proceso, final, seguimento e control.
4.3. O deseño metodolóxico da avaliación. Os criterios de avaliación (o EML): Eficiencia, eficacia, impacto, pertinencia, viabilidade e cobertura. A operacionalización: os indicadores da avaliación.
4.4. Instrumentos de avaliación en programas / proxectos sociais. |
Tema 5. Estratexias de presentación de resultados |
5.1. Tipos de produción en investigación cualitativa e cuantitativa.
5.2. Difusión de resultados. O plan de comunicación.
5.3. A transferencia da investigación en ciencias sociais. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 |
11 |
44 |
55 |
Obradoiro |
A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 |
6 |
12 |
18 |
Presentación oral |
A11 A16 A19 A23 |
4 |
12 |
16 |
Sesión maxistral |
A10 |
16 |
16 |
32 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela das profesoras e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “como facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe por parte das docentes.
O traballo tutelado consiste na elaboración dun proxecto de investigación social aplicada completo, tendo en conta todas as fases, así como as cuestións éticas para a súa elaboración.
Para o alumnado presencial, o traballo desenvolverase en grupo, e deberá ser presentado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e oralmente.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o traballo realizarase de forma individual, e tamén deberá ser entregado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e exposto a través de medios telemáticos.
Tanto o alumnado presencial como en modalidade a distancia, disporán de instrucións e rúbricas diferentes para a súa elaboración, que será publicadas na aula Virtual da materia.
|
Obradoiro |
Realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas, role play, trátase de prácticas realizadas co apoio e supervisión da profesora da materia, que percorrerán todas as fases da elaboración dun proxecto de investigación, e por tanto servirán de guía para a correcta realización do traballo tutelado. |
Presentación oral |
O proxecto de investigación (traballo tutelado), deberá exporse oralmente, a través das vías indicadas polas profesoras. A cualificación obtida na presentación será de carácter individual. |
Sesión maxistral |
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida polo profesorado en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
A sesión complementarase co uso de medios audiovisuais e a combinación coas actividades do taller, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Motivarase e valorarase a participación dos alumnos, mediante preguntas ou/e debates.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Obradoiro |
|
Descrición |
1. Levarase a cabo un seguimento personalizado do traballo tutelado, tanto nas sesións de traballo que se desenvolvan na aula como no horario oficial de titorías (presencial ou a través de Teams)
2. No caso de alumnado da modalidade en liña ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, as titorías poderán levarse a cabo de maneira virtual (Teams).
O material de traballo facilitado na clase incorporarase a plataforma virtual da materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 |
O traballo tutelado consiste na elaboración dun proxecto de investigación social aplicada completo, tendo en conta todas as fases, así como as cuestións éticas para a súa elaboración.
Para o alumnado presencial, o traballo desenvolverase en grupo, e deberá ser presentado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e oralmente.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia o traballo realizarase de forma individual, e tamén deberá ser entregado por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) e exposto a través de medios telemáticos.
Tanto o alumnado presencial como en modalidade a distancia, disporán de instrucións e rúbricas diferentes para a súa elaboración, que será publicadas na aula Virtual da materia.
|
60 |
Obradoiro |
A5 A11 A12 A16 A19 A20 A23 |
Os obradoiros consisten na realización de actividades prácticas nas que se combinan diferentes probas: lecturas, debates, análises de fontes secundarias, resolución de problemas.
Para o alumnado presencial, as actividades e o acompañamento das mesmas por parte das profesoras desenvolveranse na aula.
Para o alumnado en modalidade a distancia, ou con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia as actividades realizaranse de forma individual e deberán ser entregadas por escrito (a través do sistema habilitado para iso na aula virtual) seguindo o calendario marcado polas profesoras. |
30 |
Presentación oral |
A11 A16 A19 A23 |
O proxecto de investigación (traballo tutelado), deberá exporse oralmente, a través das vías indicadas polas profesoras. A cualificación obtida na presentación será de carácter individual. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Na 2ª oportunidade, os criterios de avaliación: traballos tutelados e exposición oral, serán iguais aos propostos para a 1ª convocatoria. É obrigatorio resolver as actividades de forma razoada, apoiando e argumentando en base aos documentos da materia e outros que poidan considerarse de interese. O uso indebido de citas e referencias bibliográficas pode resultar nunha sanción na cualificación final e o plaxio no suspenso da materia A entrega dos traballos que se realicen nesta materia realizarase a través da ferramenta habilitada para iso na aula virtual, en formato dixital e nas datas indicadas polo profesorado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Os manuais de referencia da asignatura son: - Callejo, J. y Viedma, A. (2005): Proyectos y estrategias de Investigación Social: La perspectiva de la intervención. Madrid: McGraw –Hill
- Corbetta, Piergiorgio (2010). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill.
- Della-Porta, Donatella y Michael Keating (2013) Enfoques y metodologi?as de las ciencias sociales. Una perspectiva pluralista. Madrid: Akal.
- Hernández Sampieri, R. Fernández Collado, C. y Baptista Lucio, P. (2017). Fundamentos de metodología de la investigación. Madrid: McGraw-Hill.
- Ruiz-Olabue?nag a, Jose? I., Iratxe Ari?stegui y Leire Melgosa (2009) Co?mo elaborar un proyecto de investigación social. Bilbao: Universidad de Deusto
- Santana Leitner, A. (2013). Fundamentos para la investigación social. Madrid: Alianza Editorial.
NOTA: Esta bibliografía é susceptible de ser modificada a medida que avanza o curso académico co fin de adecuarse ás necesidades formativas do alumnado |
Bibliografía complementaria
|
|
- Alvira, Francisco (2011) La encuesta: una perspectiva general metodológica. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
- Arroyo, M. (2014) “Análisis multivariantes”. En: Conocer lo Social. (Lucas, A. Noboa, A. Eds). Fundación de Cultura Universitaria de Montevideo. 161-196.
- Arroyo, M. Finkel, L. (2019). “Encuestas por internet y nuevos procedimientos muestrales”. Panorama Social Nº 30. Funcas. Madrid. https://www.funcas.es/publicaciones_new/Sumario.aspx?IdRef=4-15030
- Arroyo, M. Sádaba, I. (Coordinadores). (2012). Metodología de la investigación social. Técnicas innovadoras y sus aplicaciones. Síntesis. Madrid.
- Cai?s, Jordi (1997) Metodología del análisis comparativo. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
- Carrero, Virginia, Rosa Ma. Soriano y Antonio Trinidad (2012). Teoría fundamentada 'Grounded Theory'. El desarrollo de teoría desde la generalización conceptual. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
- Cordoba Padilla, M. (2006). Formulación y evaluación de proyectos. Madrid: ECOE Ediciones
- Cea-D’Ancona, María A?. (2014) [1996] Metodología cuantitativa: estrategias y técnicas de investigación social. Madrid: Síntesis
- Cea, M. A?ngeles (2004) Métodos de encuesta. Teoría y práctica, errores y mejora. Síntesis: Madrid.
- Coller, Xavier (2000) Estudios de casos. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
- Crespo, Ismael et al. (2016) Manual de herramientas para la investigación de la opinión publica. Valencia: Tirant lo Blanch
- Di?az-de- Rada, Vidal (2005) Manual de trabajo de campo con la encuesta. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
- Díez, J. C. y Moulines, U. (2008). Fundamentos de filosofía de la ciencia. Barcelona: Ariel
- Estany, A. (2006). Introducción a la filosofía de la ciencia. Bellaterra: Universidad Autónoma de Barcelona.
- Font, Joan y Sara Pasadas (2016) Las encuestas de opinión. Madrid: Catarata y CSIC.
- Garci?a-Ferrando, Manuel (2014) [1980] Sobre el método. Problemas de la investigación empírica en Sociología. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
- Garci?a- Ferrando, Manuel, Francisco Alvira, Luis E. Alonso y Modesto Escobar (coomp.) (2015) [1980] El ana?lisis de la realidad social. Me?todos y te?cnicas de investigacio?n. Madrid: Alianza
- Gerring, John (2014). Metodología de las ciencias sociales. Madrid: Alianza Editorial.
- Gómez Rodríguez, A. (2003). Filosofía y metodología de las ciencias sociales. Madrid: Alianza Editorial.
- Guinea-Martín, D. [coord.] (2012). Trucos del oficio de investigador: casos prácticos de investigación social. Barcelona : Gedisa
- Instituto Universitario de Desarrollo y Cooperación (2012). El enfoque del marco lógico: manual para la planificación de proyectos orientada mediante objetivos. Madrid: Los Libros de la Catarata
- Kerlinger, F. (2002). Investigación del comportamiento. México: McGraw-Hill.
- King, Gary, Robert O. Keohane y Sidney Verba (2000) El disen?o de la investigacio?n social. Madrid: Alianza.
- Kincaid, H. (comp.) (2012). The Oxford Handbook of Philosphy of Social Science. Nueva York: Oxford University Press.
- Lago, Ignacio (2008) La lo?gica de la explicacio?n en ciencias sociales: una introducción metodológica. Madrid: Alianza Editorial.
- López Roldán, P. y Fachelli, S. (2015) Metodología de la investigación social cuantitativa. Bellaterra: Universidad Autónoma de Barcelona
- Marcos, A. (dir.) (2020). Filosofía de la ciencia. Temas de Investigación y Ciencia,Nº 100.
- Martí, J. (2000). La investigación acción participativa: estructura y fases. En, Villasante, T.R.; Montañes, M; Martí, J. La investigación social participativa. Construyendo ciudadanía. Vol I.. Barcelona: El ViejoTopo
- Mosterín. J. (2016). Conceptos y teorías en la ciencia. Madrid: Alianza editorial.
- Nagel, E., & Cohen, M. R. (1983). Introducción a la lógica y al método científico. Buenos Aires: Amorrortu.
- Nirenberg, O.; Brawerman,J.; Ruiz, V. (2000). Evaluar para la transformación innovaciones en la evaluación de programas y proyectos sociales. Buenos Aires: Paidós
- Pujadas, Juan J. (2002) El método biográfico: El uso de las historias de vida en las ciencias sociales. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
- Ragin, C. (2007). La construcción de la investigación social. Introducción a losmétodos y su diversidad. Bogotá: Siglo del Hombre Editores, Universidad de los Andes-Facultad de Derecho.
- Rodríguez Osuna, Jacinto (2001) Métodos de muestreo. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
- Sautu, R. et al. (2005). Manual de metodología. Buenos Aires: Clacso
- Vallés, Miguel S. (2003) [1997] Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Madrid: Síntesis.
- Vallés, Miguel S. (2009) Entrevistas cualitativas. Madrid: Centro de Investigaciones Sociológicas.
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo de Fin de Máster/615545013 | Prácticas Externas/615545012 | Técnicas de Investigación Cuantitativas e Métodos Mixtos/615545005 | Técnicas de Investigación Cualitativas, Prospectivas e Participativas/615545004 |
|
Observacións |
Ao ser unha materia obrigatoria, cursarana todos o alumno/as matriculados no máster. Os requisitos de acceso son os requisitos xerais de admisión no máster. O alumnado deberá revisar periodicamente a plataforma virtual e consultar os documentos e actividades propostos. As profesoras comunicaranse co alumnado a través da aula Virtual ou do correo electrónico da UDC. A comunicación coa profesora deberase realizar mediante as canles institucionais e utilizando o correo electrónico da universidade. Nesta materia: - Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
- Terase en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
- De acordo coas diferentes normativas de aplicación para a docencia universitaria, débese incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (utilizarase unha linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e autoras, fomentarase a intervención en clase de todos os estudantes, etc. Farase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e incidirá na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Así mesmo, respectarase o dereito á identidade de xénero.
- Facilitarase a plena integración do alumnado que, por motivos físicos, sensoriais, psíquicos ou socioculturais, experimente dificultades para un acceso adecuado, igualitario e rendible á vida universitaria.
- Sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respectando todas as opinións diversas ao redor dos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.
|
|