Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Fundamentos da Análise Social en R Código 615545003d
Titulación
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Domínguez Rodríguez, Antía
Correo electrónico
a.drodriguez@udc.es
Profesorado
Domínguez Rodríguez, Antía
Correo electrónico
a.drodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ten o obxectivo de transmitir os coñecementos básicos sobre a análise social en R a través da aplicación e traballo de distintas técnicas en R. A materia achegará unha introdución ao manexo da ferramenta cunha aplicación a través de exemplo e exercicios reais de distintos proxectos sociais.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 C6. Manexar os fundamentos teóricos e científicos necesarios para levar a cabo unha investigación social de tipo cuantitativo e cualitativo empregando ferramentas tecnolóxicas avanzadas (R).
A7 C7. Recoñecer as distintas opcións de presentación e visualización de resultados de investigación e a súa fundamentación metodolóxica para transmitir de forma clara os resultados da investigación aos distintos públicos.
A14 H4 Transmitir os resultados dunha investigación básica e aplicada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan, de modo claro e sen ambigüidades atendendo á diversidade de contextos, públicos e necesidades, usando distintas opcións de presentación e visualización.
A15 H5 Levar a cabo unha investigación de tipo cualitativo e cuantitativo en R.
A17 H7 Adquirir a capacidade de continuar profundando nos métodos de investigación e análise dun modo que haberá de ser en gran medida auto-dirixido e autónomo.
A24 CP5. Ser capaz de traballar con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas avanzadas propias das ciencias sociais.
A28 CP9. Obter, xestionar e analizar bases de datos masivos empregando as ferramentas informáticas e linguaxes de programación necesarios para iso, especialmente a linguaxe avanzada R.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aprender a aproximarse á realidade social galega e estatal a través da investigación e a análise nunha contorna innovadora grazas á aplicación da linguaxe de programación especializado R. AM6
AM15
AM24
Ser capaz de predicir e explicar a evolución de situacións complexas a través do manexo de técnicas cuantitativas e cualitativas na contorna R, potenciando o uso das bases de datos e fontes de información propias das ciencias sociais avanzadas. AM6
AM15
AM17
AM24
AM28
Adquirir os coñecementos necesarios sobre as técnicas estatísticas e o seu uso na contorna de R para favorecer a aplicación deses coñecementos e a súa ampliación de forma autónoma AM6
AM15
AM17
AM24
AM28
Ser capaz de redactar, presentar e defender ante públicos especializados ou non, informes estatísticos usando R, interpretando os resultados obtidos da investigación propia, así como avaliando a calidade e os procesos de investigación doutros AM7
AM14

Contidos
Temas Subtemas
A estatística e principais programas Introducción e conceptos clave
R e outros programas estatísticos
Comezando con R - Instalación e principais rasgos Contorna de datos e de comandos
Manexo dos datos e a súa estrutura
A comprensión da sociedade a través da estatística con R A descripción estatística dunha realidade social
O coñecemento da poboación a través da mostra
Investigación cualitativa a través de R
Transferencia dos resultados Visualización e representación gráfica
Creación de informes con RMarkdown

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A6 A7 A14 0 3.5 3.5
Solución de problemas A7 A15 A24 A28 0 38 38
Lecturas A6 A17 0 25.5 25.5
Sesión maxistral A6 A7 A17 0 28 28
Traballos tutelados A14 A15 A24 A28 0 28 28
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Presentación de traballos de maneira oral a través dun vídeo gravado polo alumnado, onde se avaliará a capacidade de síntese e explicativa.
Solución de problemas Resolución de maneira autónoma de exercicios prácticos e a súa interpretación
Lecturas Lecturas relativas ao contido da materia para afianzar coñecementos e profundar
Sesión maxistral Presentación e discusión de cada tema a través exemplos prácticos en R. As sesión gravaránse semanalmente xa sea en formato de píldoras de contenido, vídeos cortos e concretos, ou vídeos máis longos cunha maior profundización e contido.
Os videos gravaránse a través de Teams e quedarán rexistrados na mesma plataforma e a facilitaránse a través do Campus Virtual.
Traballos tutelados Resolución práctica de exercicios relativos a cada tema, que impliquen emprego de Tics e outros recursos. Depois de cada sesión de clase podrán aplicar os coñecementos concretos as distintas realidades de analise dos datos a través de R.


Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Os traballos tutelados inclúen titorías de seguemento e método práctico/resolución de exercicios. A atención personalizada que se contempla para o portafolio do/a alumno/a refire a titorías individualizadas, a través de Teams, para aclarar as dúbidas e concretar suxestións adaptadas a cada caso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A14 A15 A24 A28 Realizaranse traballos de maneira individual ou en grupo onde se aplicarán os coñecementos aprendidos durante a materia 80
Presentación oral A6 A7 A14 Presentación de traballos de maneira oral, gravado en vídeo, onde se avaliará a capacidade de síntese e explicativa. 20
 
Observacións avaliación

Salvo situacións concretas e específicas, o inicio da materia será preciso porse en contacto coa profesora para solicitar a avaliación de maneira online. É dicir, o inicio da materia quedará definido quén fará a avaliación online e quén presencial, salvo excepcións concretas e xustificadas.

1- A entrega dos traballos documentais que se realice nestamateria:

1.1. Solicitaranse en formato virtual e/ou en soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. Derealizarse en papel:

- Non se utilizarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara

- Utilizarase papel reciclado

- Evitarase impresións de borradores

2-Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactosnegativos sobre o medio natural.


Fontes de información
Bibliografía básica

- RITCHEY, F. J. (2002). Estadística para las Ciencias Sociales. México: McGraw-Hill

- SÁNCHEZ CARRIÓN, J. J. (1999). Manual de Análisis Estadístico de los Datos. Madrid: Alianza Editorial

- Crawley, M. J. (2005). Statistics: an introduction using R. Ed. John Wiley and Sons.

- Crawley, M.J. (2013) The R book. Jonhn Wiley and Sons.

- James, G., Witten, D., Hastie, T. and Tibshirani, R. (2013). An Introduction to Statistical

- Zumel, N., Mount, J. (2014). Practical Data Science with R. Manning Publications

- Zuur, A., Ieno, A., Meesters, E. (2009) A Beginners`s Guide to R. Springer




Bibliografía complementaria

- Corbetta, Piergioigio (2003). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw-Hill

- García Ferrando, Manuel (Comp) (2015). El análiis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación.

Madrid: Alianza

- VISAUTA VINACUA, B. (2007). Análisis estadístico con SPSS 14. Estadística básica. Aravaca:

McGraw-Hill/Interamericana


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Análise Estatística Descritiva e Inferencial/615545001d

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Big Data para as Ciencias Sociais/615545008d
Análise Estatística Avanzada/615545007d

Observacións

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso correcto, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías