Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Seminarios de Especialización Aplicada I:Xénero, Poboación e Migracións Código 615545009
Titulación
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Ferrín Pereira, Mónica
Correo electrónico
monica.ferrin.pereira@udc.es
Profesorado
Cortés Vázquez, José Antonio
Ferrín Pereira, Mónica
Correo electrónico
j.a.cortes@udc.es
monica.ferrin.pereira@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia o alumnado entrará en contacto directo con distintos proxectos en curso, contribuíndo á súa formación complementaria no deseño e implementación da investigación. Abórdanse neste caso as necesidades da investigación desde os ámbitos do xénero, os retos demográficos e da poboación e a inmigración.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social.
A13 H3 Desenvolver unha investigación aplicada con fins de intervención relacionada con algún reto complexo da sociedade.
A16 H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A21 CP2. Aplicar os procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade.
A22 CP3. Elaborar e implementar proxectos de investigación en contornas novas ou pouco coñecidos.
A23 CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornas interdisciplinares.
A25 CP6. Desenvolver a capacidade de entender en profundidade os fundamentos teóricos e prácticos dos métodos estatísticos, as técnicas multivariantes e as ferramentas de software para a análise avanzada.
A26 CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social.
A29 CP10. Elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación que faga unha contribución significativa ao estado da cuestión no estudo dun problema complexo e/ou á súa resolución práctica.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Aprenderá como o coñecemento teórico avanzado adquirido sobre a investigación social se aplica no estudo das principais realidades sociais, marcadas por procesos e retos como a desigualdade de xénero, a migración, o avellentamento da poboación ou a distribución xeográfica da poboación (por exemplo, rural vs. urbano). AM10
AM13
Familiazarase con procesos e proxectos de investigación aplicados reais en entornos multidisciplinares no ámbito do xénero, da migración, do avellentamento da poboación ou a distribución xeográfica da poboación. AM16
AM22
AM23
Coñecerá exemplos da investigación social realizada na actualidade para saber, de forma práctica, como se implementa o coñecemento social para abordar a investigación dos restos sociais actuais. AM20
Aprenderá de forma aplicada o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemolóxicos e éticos da investigación, para os retos da sociedade. AM21
AM25
AM26
Saberá transmitir de forma clara os resultados da investigación a distintos públicos especializados ou non AM29
Terá a capacidade de desenvolver o seu traballo de investigación de forma autónoma en proxectos de investigación dentro do ámbito temático en contextos de alta transferencia de coñecemento AM19

Contidos
Temas Subtemas
1. Desigualdades de xénero Esta investigación propón abordar as causas da desigualdade de xénero en distintos ámbitos.
Para analizar este fenómeno emprégase unha metodoloxía mixta, que combina o enfoque cuantitativo e o cualitativo e integra a participación da cidadanía e de axentes políticos.
2. Inmigración e interseccionalidade Esta investigación propón abordar o estudo da inmigración desde un punto de vista interseccional, facendo énfase nas distintas crises que afectaron a este grupo poboacional.
A aproximación metodolóxica repousa nunha estratexia multimétodo que articula técnicas cuantitativas e cualitativas mediante unha estratexia de triangulación de carácter secuencial e que incorpora a participación dos principais axentes implicados.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Seminario A10 A13 A16 A20 A22 A26 12 22 34
Obradoiro A19 A21 A25 12 22 34
Traballos tutelados A23 A29 16 40 56
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Seminarios nos que se presentarán os distintos proxectos.
Obradoiro Actividades ou eventos vinculados aos distintos proxectos.
Traballos tutelados Elaboración de informes e traballos avaliables sobre os seminarios e os obradoiros.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Titorías baseadas na atención personalizada que fomentan a reflexión sobre temas específicos e facilitan o seguemento e a supervisión do alumnado.

No caso dos/as estudantes matriculados a tempo parcial, acordarase un horario de titorías acomodado ás circunstancias persoais do devandito alumnado.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A23 A29 Elaboración de informes sobre os seminarios e os obradoiros. 100
 
Observacións avaliación

Avaliación do traballo tutelado: memoria na que se realizará un
breve resumo comentado sobre cada seminario e obradoiro. 

 

 No caso
de detección de plaxio a cualificación será de suspenso (nota
numérica 0) en calquera das oportunidades. 


Fontes de información
Bibliografía básica

Pérez-Caramés, A.; Dominguez-Mujica,J. y Ortega-Rivera, E. (2021). Se hace caminoal andar. Reemigración de latinoamericanos desde España hacia otros paíseseuropeos (2006-2008). Revista Española de Sociología, 30 (4).

Pérez-Caramés, A. (2021). La diversificaciónde los patrones de movilidad en el cambio de ciclo migratorio: procesos emergentesen la nueva emigración desde España. Revista Española de Sociología,30 (4).

Alba Alonso and Marta Lois (eds.). 2022 . Género y política. Nuevas líneas de análisis ante la cuarta ola feminista , Valencia: Tirant lo Blanch

Ferrín, Mónica. 2022. “Reassessing Gender Differences in COVID-19 Risk Perception and Behavior.” Social Science Quarterly. 103: 31– 41. https://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/ssqu.13116 https://doi.org/10.1111/ssqu.13116

Ferrín, Mónica, Gema García-Albacete, and Irene Sánchez-Vítores. 2022. “How Long Does It Take to Admit That You Do Not Know? Gender Differences in Response Time to Political Knowledge Questions.” Research & Politics 9 (3): 20531680221117456. https://doi.org/10.1177/20531680221117454.

Ferrín, Mónica. 2023. “Self-Employed Women in Europe: Lack of Opportunity or Forced by Necessity?” Work, Employment and Society, September, 09500170211035316. https://doi.org/10.1177/09500170211035316.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Matrícula

Esta é unha do tres materias optativas que se ofertan no 2º cuadrimestre. Para superar a titulación, deberán cursarse polo menos dúas materias optativas, a elixir os seminarios de especialización e o complemento de formación "Análise estatística descritivo e inferencial" (1º cuadrimestre). Quen se matricule no complemento de formación, só necesitará matricularse nun seminario de especialización. Quen non se matricule no complemento de formación, necesitará cursar dous seminarios de especialización.

Unha aprendizaxe sustentabel, non sexista  e integradora

Nas actividades que se leven a cabo nesta materia respetaranse as normas da sustentanbilidade, igualdade de sexos e  integración das persoas por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais.

Sustentabilidade.

- A entrega dos traballos documentais realizarase en formato dixital e a través de Moodle.

- Cando se empregue papel, aconsellase que sexa reciclado e con formatos de impresión sinxelos e a doble cara.

- Evitarase a impresión innecesaria de borradores.

- Non se admitirán traballos con elementos plásticos (portadas, carpetas, etc).

Igualdade por razóns de xénero/sexo

- Evitaranse actitudes e expresións sexistas  

 Integración das persoas con problemas por razóns físicas, psiquicas ou socioculturales.

- Daraselles o apoio necesario tanto nas actividades programadas como na aprendizaxe en xeral da materia.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías