Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Seminarios de Especialización Aplicada III Código 615545011d
Titulación
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Santiago Gómez, Elvira
Correo electrónico
elvira.santiago@udc.es
Profesorado
Cotillo Pereira, Alberto
Rodríguez Teijeiro, Ariadna
Roman Masedo, Laura
Santiago Gómez, Elvira
Correo electrónico
a.cotillo@udc.es
ariadna.rodriguez@udc.es
laura.roman@udc.es
elvira.santiago@udc.es
Web http://www.sociologia.udc.gal
Descrición xeral Esta materia ofrece ao alumnado unha aprendizaxe centrada no coñecemento de como a investigación social aplícase a ámbitos tales como: a/ o estudo do desenvolvemento tecnolóxico e cambio socio-cultural; b/ as transformacións nos sistemas económicos e do mercado de traballo; c/ a comunicación e percepción social do risco; ou d/ a mobilización e desmovilización política.
Tamén, os estudantes familiarizaranse con procesos e proxectos de investigación aplicados reais e coñecerá exemplos da investigación social e cultural realizada na Facultade. Iso permitiralles achegarse, de forma práctica, á implementación do coñecemento para abordar os retos sociais actuais, o uso do método científico, así como a aplicación dos fundamentos epistemológicos e éticos da investigación social.

Competencias do título
Código Competencias do título
A10 C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social.
A13 H3 Desenvolver unha investigación aplicada con fins de intervención relacionada con algún reto complexo da sociedade.
A16 H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A21 CP2. Aplicar os procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade.
A22 CP3. Elaborar e implementar proxectos de investigación en contornas novas ou pouco coñecidos.
A23 CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornas interdisciplinares.
A25 CP6. Desenvolver a capacidade de entender en profundidade os fundamentos teóricos e prácticos dos métodos estatísticos, as técnicas multivariantes e as ferramentas de software para a análise avanzada.
A26 CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social.
A29 CP10. Elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación que faga unha contribución significativa ao estado da cuestión no estudo dun problema complexo e/ou á súa resolución práctica.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social. AM10
H3 Desenvolver unha investigación aplicada con fins de intervención relacionada con algún reto complexo da sociedade. AM13
H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado. AM16
H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación. AM19
CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas. AM20
CP2. Aplicar os procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade. AM21
CP3. Elaborar e implementar proxectos de investigación en contornas novas ou pouco coñecidos. AM22
CP4. Desenvolver a capacidade para aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos adquiridos á actividade profesional en contornas interdisciplinares. AM23
CP6. Desenvolver a capacidade de entender en profundidade os fundamentos teóricos e prácticos dos métodos estatísticos, as técnicas multivariantes e as ferramentas de software para a análise avanzada. AM25
CP7. Desenvolver a capacidade de xerar teorías de alcance intermedio e, por tanto, potencialmente aplicables/transferibles á sociedade, interpretando os inputs que xeran as técnicas de análise social. AM26
CP10. Elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación que faga unha contribución significativa ao estado da cuestión no estudo dun problema complexo e/ou á súa resolución práctica. AM29

Contidos
Temas Subtemas
2. Aplicacións da investigación social sobre transformacións dos sistemas económicos e o mercado de traballo. -
3. Aplicacións da investigación social ós estudos sobre medios de comunicación e percepción do risco. -
4. Aplicacións da investigación social ós estudos sobre movilización e desmovilización política. -

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 A19 A20 A22 A23 A25 A26 25 0 25
Obradoiro A13 A16 A21 A29 66 30 96
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A través de clases teóricas os estudantes familiarizaranse con procesos e proxectos de investigación aplicados reais no ámbito do desenvolvemento tecnolóxico e cambio socio-cultural, a comunicación e percepción social do risco, así como a mobilización e desmovilización política.
Obradoiro Nos talleres aplicaranse os coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais a través de exercicios prácticos e exemplos da investigación social e cultural realizada na Facultade de Socioloxía para saber, de forma práctica, como se implementa o coñecemento á hora de abordar a investigación dos retos sociais actuais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Descrición
Na modalidade a distancia os estudantes poderán seguir as clases maxistrais e talleres de maneira síncrona a través Teams, así como de maneira asíncrona a partir da visualización das gravacións de cada unha das sesións.

Realizarase atención personalizada nas tutorías individuais a través de Teams. O material utilizado tanto nas sesións maxistrais como nos talleres estará dispoñible no Campus Virtual, así como os materiais necesarios para a realización das diferentes prácticas e traballos.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A13 A16 A21 A29 Avaliación das memorias sobre os contidos dos seminarios. O alumnado deberá redactar un breve resumo comentado de cada seminario. 100
 
Observacións avaliación

Convocatoria de segunda oportunidade: Manterase o mesmo sistema de avaliación para as convocatorias de segunda oportunidade. 

Fontes de información
Bibliografía básica Medina, I.; Castillo, P.; Alamos-Concha, P- (2017). Análisis cualitativo comparado. Madrid, CIS
Rodríguez, Mª. J.; Garrigós, J.I. (2017). Análisis sociológico con documentos personales. Madrid, CIS
Conde Gutiérrez, F. (2009). Análisis sociológico del sistema de discursos. Madrid, CIS
Yin Robert (2009). Case study research. Design and Methods. CA: SAGE
Coller, X. (2000). Estudio de casos. Madrid, CIS
Creswell, John (2007). Qualitative Enquiry and Research Design: choosing among five approaches. CA: SAGE
Ellet, W. (2018). The case study handbook_ a student´s guide. Boston

Durante o curso se compartirán no campus virtual as fontes de información adicional específicas de cada unha das sesións que poidan resultar necesarias para o correcto seguimento do curso.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Matrícula

Esta é unha do tres materias optativas que se ofertan no 2º cuadrimestre. Para superar a titulación, deberán cursarse polo menos dúas materias optativas, a elixir os seminarios de especialización e o complemento de formación "Análise estatística descritivo e inferencial" (1º cuadrimestre). Quen se matricule no complemento de formación, só necesitará matricularse nun seminario de especialización. Quen non se matricule no complemento de formación, necesitará cursar dous seminarios de especialización.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías