Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Traballo de Fin de Máster Código 615545013d
Titulación
Máster Universitario en Métodos Avanzados de Investigación e Innovación na Análise Social (a distancia)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Non presencial
Prerrequisitos
Departamento
Coordinación
Santiago Gómez, Elvira
Correo electrónico
elvira.santiago@udc.es
Profesorado
Santiago Gómez, Elvira
Correo electrónico
elvira.santiago@udc.es
Web
Descrición xeral O Traballo Fin de Máster (TFM) constitúe a elaboración e defensa pública dun traballo de investigación que supoña (e demostre) a posta en práctica das competencias adquiridas polo alumnado ao longo do Máster e que lle capacitan para realizar as tarefas profesionais ás que este título vai dirixido.

Competencias do título
Código Competencias do título
A4 C4. Coñecer, comparar e combinar de forma creativa e nova as principais paradigmas e deseños de investigación (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa), recollendo os principais avances recentes en cada deseño.
A10 C10. Adquirir coñecementos avanzados sobre os aspectos teóricos e prácticos dos retos das sociedades actuais a través dos procesos de investigación e análise social.
A11 H1. Avaliar e seleccionar a paradigma metodolóxico adecuado (cuantitativa, cualitativa, mixta, prospectiva, participativa) para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada sobre fenómenos asociados aos retos sociais, económicos e políticos.
A12 H2 Adoptar as medidas adecuadas para a preservación dos principios éticos fundamentais e avanzados da investigación social, así como para a protección adecuada dos datos recompilados.
A13 H3 Desenvolver unha investigación aplicada con fins de intervención relacionada con algún reto complexo da sociedade.
A14 H4 Transmitir os resultados dunha investigación básica e aplicada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan, de modo claro e sen ambigüidades atendendo á diversidade de contextos, públicos e necesidades, usando distintas opcións de presentación e visualización.
A16 H6 Desenvolver capacidade para planificar a investigación, elixindo correctamente as fases e os procedementos que garantan a máxima rigorosidade e que sexan adecuados a distintos contextos dentro do ámbito público ou privado.
A19 H9 Desenvolver unha capacidade avanzada para avaliar a calidade e os resultados dos procesos de investigación.
A20 CP1. Contrastar a importancia da diversidade metodolóxica existente para a análise da realidade social, política e económica, abordando distintos problemas complexos das sociedades actuais a través de solucións creativas e novas.
A21 CP2. Aplicar os procesos e protocolos de captación de información de forma ética necesarios para observar e analizar de forma correcta e respectuosa a realidade social, política e económica, especialmente en contextos de alta vulnerabilidade ou complexidade.
A22 CP3. Elaborar e implementar proxectos de investigación en contornas novas ou pouco coñecidos.
A24 CP5. Ser capaz de traballar con fontes de datos, metodoloxías e técnicas de investigación científica e ferramentas informáticas avanzadas propias das ciencias sociais.
A29 CP10. Elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación que faga unha contribución significativa ao estado da cuestión no estudo dun problema complexo e/ou á súa resolución práctica.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
O alumnado adquirirá a capacidade de elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da investigación e análise social como demostración e síntese das competencias adquiridas nos ensinos do máster. AM4
AM10
AM11
AM12
AM13
AM14
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM24
AM29
O alumnado aplicará as competencias adquiridas á realización dunha tarefa de forma autónoma, identificando a necesidade da aprendizaxe continua e desenvolvendo unha estratexia propia para levalo a cabo. AM4
AM10
AM11
AM12
AM13
AM14
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM24
AM29
O alumnado planificará e utilizará a información necesaria para un proxecto ou traballo académico a partir dunha reflexión crítica sobre os recursos de información utilizados. AM4
AM10
AM11
AM12
AM13
AM14
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM24
AM29
O alumnado será capaz de empregar as técnicas, habilidades e ferramentas avanzadas da investigación e innovacións na análise social necesarias para a práctica da mesma. AM4
AM10
AM11
AM12
AM13
AM14
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM24
AM29
O alumnado comunicarase de maneira clara e eficiente en presentacións orais e escritas sobre temas complexos da realidade social, adaptándose á situación, ao tipo de público e aos obxectivos da comunicación. AM4
AM10
AM11
AM12
AM13
AM14
AM16
AM19
AM20
AM21
AM22
AM24
AM29

Contidos
Temas Subtemas
Trabajo Fin de Master (TFM) O traballo consistirá no estudo de calquera ámbito da investigación e análise social e estará dirixido, preferentemente, á resolución dun problema real. Para o seu desenvolvemento existirán dúas opcións: (i) A realización vinculada a unha práctica desenvolvida no período de prácticas en empresas ou institucións; (ii) a realización dun proxecto de investigación orixinal partindo dunha idea propia ou a proposta do profesorado que dirixa o TFM.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Presentación oral A29 2 0 2
Investigación (Proxecto de investigación) A4 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A19 A20 A21 A22 A24 A29 0 140 140
 
Atención personalizada 8 0 8
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Presentación oral Defensa pública online via TEAMS do TFM frente a un tribunal
Investigación (Proxecto de investigación) Desenvolvemento dunha investigación orixinal coa supervisión dun/ha titor/a docente no máster

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Descrición
O TFM desenvolverase coa axuda de titorías individuais ou colectivas coa persoa titora para definir o marco teórico, os obxectivos, a metodoloxía, a análise e a presentación de resultados. As titorías serán vía TEAMS

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A4 A10 A11 A12 A13 A14 A16 A19 A20 A21 A22 A24 A29 Avaliación do traballo presentado para a defensa do TFM, que contén unha investigación orixinal desenvolvida polo/o alumno/a 80
Presentación oral A29 Defensa pública de traballo fin de máster, seguindo as instrucións que se publicarán para a ocasión, vía TEAMS 20
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías