Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Economía política Código 615G01104
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Bruna Quintas, Fernando
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
Profesorado
Bruna Quintas, Fernando
Picatoste Novo, José María
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
j.pnovo@udc.es
Web
Descrición xeral Detrás ou diante de cada fenómeno social hai un transfundo o una vertente de carácter económica. O enfoque da Economía convencional céntrase nos incentivos económicos a axentes racionais. Aínda que existen outros enfoques, como o da Economía Marxista ou a Institucional, neste curso centrámonos en entender os principios básicos da ciencia económica no referido a incentivos privados a axentes racionais, oferta e demanda de merca-do, medición da economía e flutuacións da renda ou do nivel de prezos. Ao tempo, preténdese proporcionar un aparato metodolóxico que axude a pensar en termos de modelos sobre a sociedade, o que inclúe algo de ferramentas gráficas e matemáticas simples.

Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Conocimientos básicos de macroeconomía.
A20 Capacidades para adecuar los objetivos a los recusos económicos, temporales y humanos.
A32 Capacidades en contribuir al diseño de políticas públicas orientadas a abordar problemas sociales.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B4 Resolución de problemas.
C8 Valorar la importancia que tiene la investigación, la innovación y el desarrollo tecnológico en el avance socioeconómico y cultural de la sociedad.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os fundamentos da análise económica e as súas implicacións sociolóxicas. Introducirse no uso de metodoloxías e das diferentes técnicas de análise. A20
C8
Adquirir coñecementos básicos de microeconomía e macroeconomía con especial atención á aplicación de políticas económicas. A6
A32
Avaliar as capacidades de análise e sintese do/a alumno/a en relación á materia impartida a partir da resolución de problemas e supostos prácticos. B3
B4

Contidos
Temas Subtemas
1) Introdución O enfoque económico, historia do pensamento económico, modelos e incentivos. Introdu-ción matemática e gráfica.
Bloque I: Microeconomía
2) O mercado
Oferta, demanda e equilibrio de mercado. Estruturas alternativas de mercado.
3) O consumidor Restrición orzamentaria, preferencias, elección.
4) O produtor Custes, ingresos, elección.
Bloque II: Macroeconomía
5) Agregados económicos
Contabilidade nacional. Outros indicadores económicos.
6) Renda nacional e flutuacións Determinación da renda nacional. Multiplicadores.
7) O diñeiro Sistema bancario e creación de diñeiro. A inflación.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A20 A32 C8 35 42 77
Solución de problemas B4 6 18 24
Proba obxectiva A6 B3 B4 4 40 44
 
Atención personalizada 5 0 5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As actividades de docencia presencial do curso abranguerán clases maxistrais, ademais das clases prácticas. Nas clases maxistrais explicaranse os temas centrais do curso de forma detida, proporcionando toda a información para que o/a alumno/a poda desenvolver o correcto seguimento do curso. A asistencia, de acordo coa guia da titulación, se considera obrigatoria e de fundamental importancia para o correcto seguimento do curso e das actividades propostas polo/a profesor/a. Os/as profesores/as encargados da docencia determinarán as tecnoloxías da información e comunicación que os/as alumnos/as poden utilizar para o desenvolvemento e seguimento das mesmas.
Solución de problemas Os/as alumnos/as realizarán diferentes traballos sobre temas especificos e supostos prácticos recomendados polo profesor/a. Estes traballos valoraran a capacidade de recompilar e sintetizar, e a aportación que cada alumno/a poda facer en canto ao estilo, enfoque e procedemiento segundo orientación do profesor/a.
Proba obxectiva A materia terá os exames finais ordinarios nas convocatorias e datas programadas pola Facultade. No caso de que os/as alumnos/as superasen os exames e probas parciais programadas ao longo do curso, quedarían exentos da súa realización.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Descrición
- Podemos ter sesións de titoría ao final das aulas prácticas, no despacho ou de xeito online, a través de Teams. Prégase que se solicite unha cita antes por e-mail, indicando a dispoñibilidade horaria, despois de considerar os horarios de titoría do profesor. Por favor, non use os chats de Teams ou do Campus Virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 B3 B4 Probas de respuesta múltiple.
90
Solución de problemas B4 Exercicios prácticos para entregar en clase.
10
 
Observacións avaliación

- Os criterios de avaliación do alumnado con dedicación a tempo parcial
ou dispensa de asistencia poderanse adaptar de xeito que o exame final
pondere un 100% ou poda facer tamén traballos que non estean
relacionados con presencialidade.
- En caso de detectarse plaxio nun
traballo ou que se copiou nun exame, obterase a cualificación de
"suspenso" (nota numérica 0) nesa convocatoria, incluso si iso require
modificar as actas da convocatoria.


Fontes de información
Bibliografía básica Acemoglu, Daron; David Laibson & John A. List (2017). Economía: un primer curso inspirado en el mundo real . Barcelona: Antoni Bosch
Acemoglu, Daron; David Laibson; John List (2020). Economics, Global Edition (3rd edition). Pearson

Hai moitos libros sobre Introdución á Economía. Este curso vai seguir este. Por favor, consulte ao profesor si quere mirar outras fontes.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

- Nesta materia trátase de incorporar a perspectiva de xénero e promover valores de respecto e igualdade. Suxírese compartir co profesor e/ou titores do Grao calquera dúbida ou posibilidade de mellora neste senso.
- Por favor, use o correo electrónico oficial para contactar co profesor, non o chat de Teams ou do Campus Virtual.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías