Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Historia das ideas e formas políticas Código 615G01402
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Cardesin Diaz, Jose Maria
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
Profesorado
Cardesin Diaz, Jose Maria
Correo electrónico
j.m.cardesin@udc.es
Web http://vices.udc.es
Descrición xeral Cal é o obxecto dunha historia das ideas políticas? Cal a relación entre as ideas desas minorías que quedan plasmadas en textos escritos, e as ideas da maioría da poboación, que en boa medida apóianse en textos orais ou de natureza audiovisual? Cal o papel que xogan os cambios nas tecnoloxías da información e a comunicación? Como se conxugan tradición e innovación no campo das ideas que gobernan a unha sociedade?
En cada unha das unidades temáticas, o estudo de textos e situacións de épocas pasadas serviranos de pretexto para abordar problemas similares que están presentes nas sociedades contemporáneas.
Cada época ou problema exemplificarase en cidade concretas. A fin de entender as implicacións que supoñen as circunstancias da época romana, medieval, moderna ou contemporánea, visitaremos cidades como Atenas, Roma, Londres, Xerusalén, Madrid, París ou Gaza... dun xeito virtual, a través de audiovisuais, presentacións de powerpoint ou de aplicacións como Google Earth.
Nas últimas aulas presentaremos o proxecto de investigación que na actualidade coordinamos: “Protesta popular e violencia colectiva nas cidades españolas: A Guerra de Independencia”. Atenderemos a tres grandes cuestións: a loxística do traballo en equipo; a interdisciplinariedade e a pluralidade das metodoloxías; e a pertinencia da investigación para contribuír aos debates da teoría social.

Competencias do título
Código Competencias do título
A3 Introducción a la evolución de las sociedades contemporáneas y de sus movimientos sociales y políticos.
A9 Análisis de los principales conceptos y generalizaciones sobre la sociedad humana y sus procesos.
A10 Introducción a las teorías sobre el poder, la legitimidad y el Estado. Formas de organización política y su evolución histórica, con especial atención a los sistemas contemporáneos.
A11 Aprendizaje de la historia de la teoría sociológica y sus principales escuelas hasta la actualidad.
A17 Conocimientos y habilidades en la búsqueda de información secundaria en las diferentes fuentes (instituciones oficiales, bibliotecas, internet, etc.).
A24 Conocimientos y habilidades en transmitir los conceptos, problemáticas y perspectivas sociológicas.
B3 Capacidad de análisis y síntesis.
B5 Capacidad de gestión de la información.
B12 Trabajo en equipo.
B25 Capacidades para relacionar los conocimientos de la sociología y de otras disciplinas afines.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Explicar a historia das ideas politicas como resultado dun proceso de acumulacion historica (como se conxugan tradicion e modernidade) A3
A9
A10
A11
B25
Analizar a relacion entre as ideas desas minorias que quedan plasmadas en textos escritos, e as ideas da maioria da poboacion, que en boa medida apoianse en textos orais ou de natureza audiovisual (papel dos cambios nas tecnoloxias de informacion e comunicacion) A9
A10
A11
A24
B3
Avaliar o contexto en que se foi construindo a teoria socioloxica e as teorias sobre o poder e a desigualdade social A3
A9
A10
A11
A24
B25
Xestionar as fontes de informacion primarias e secundarias e analizar os seus datos A17
A24
B3
B5
Desenvolver as habilidades de traballo individual e en equipo A17
B3
B5
B12

Contidos
Temas Subtemas
A CIDADE ANTIGA: A INVENCION DA POLITICA NA GRECIA CLASICA 1.- O contexto histórico: a polis grega.
1.1.- A cidade de Atenas.
1.2.- Economía de mercado e democracia: a invención da política.
2.- A invención da escritura alfabética.
2.1.- Cultura letrada vs. cultura oral.
2.2.- Lugares da memoria e políticas de memoria.
3.- Platón e A República.
3.1.- A crítica aos sofistas: o papel da ética.
3.2.- Unha teoría do coñecemento: o "mito da caverna".
3.3.- A polis ideal: a formulación da utopía.
TEMA 2.- A CRISE DO IMPERIO ROMANO: A SUBSTITUCION DA POLITICA POLA RELIXION 1.- O Imperio Romano.
1.1.- A Cidade de Roma, Caput Mundi
1.2.- Ser romano en provincias: A cidade de Lugo.
1.3.- Relixións mistéricas e milenarismo.
2.- O cristianismo e a ruptura co pensamento clásico
2.1.- De seita perseguida a igrexa vitoriosa.
2.2.- Pablo de Tarso: a Carta aos Romanos
TEMA 3.- A CRISTIANDADE MEDIEVAL: A REFORMULACION DOS MODELOS DE REPRODUCION SOCIAL 1.- A relixión e as súas funcións.
1.1.- Mito e ritual: Que hai nunha misa?
2.- O parentesco.
2.1.- Producir e reproducir: unha diversidade de alternativas.
2.2.- Os sistemas de parentesco romanos
2.3.- O sistema de parentesco cristián.
3.- A cidade medieval
3.1.- A cidade de Santiago de Compostela
TEMA 4.- EUROPA E OCCIDENTE, ENTRE AS IDADES MODERNA E CONTEMPORANEA 1.- Tres séculos de grandes transformacións.
1.1.- A expansión europea e a construción dun sistema mundial.
1.2.- Da Ilustración ao Liberalismo.
1.3.- O século das revolucións.
1.4.- Do modelo keynesiano ao triunfo do neoliberalismo.
2.- Protesta popular e conformación dunha vontade colectiva
2.1.- As formas “tradicionais” da protesta: motín, insurrección e folga.
2.2.- Os novos movementos sociais
2.3.- As vellas violencias do século XXI.
2.4.- Occidente fora de Occidente: o exemplo de Palestina.
3.- Presentación dun proxecto de investigación sobre violencia colectiva

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Lecturas A3 A9 A10 A11 B3 B5 B12 B25 8 16 24
Proba obxectiva A3 A9 A10 A11 A17 A24 B3 B5 B25 2 20 22
Traballos tutelados A17 A24 B3 B5 4 12 16
Sesión maxistral A3 A9 A10 A11 B5 B25 12 0 12
Discusión dirixida A3 A9 A10 A11 B5 B25 20 10 30
 
Atención personalizada 8.5 0 8.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Ao principio de curso fornecerase un conxunto de textos de lectura obrigatoria, que se discutirán en clase como apoio aos distintos apartados do programa e poderan servir de base para Traballos colectivos que se exporán oralmente na aula e que se encomendarán previamente a grupos de 3 alumnos
Proba obxectiva A avaliación basearase nun exame por escrito a final de curso, en torno á materia impartida nas aulas e aos textos de lectura obrigatoria. O exame basearase en preguntas teóricas e de comentario de texto.
Traballos tutelados Todos os alumnos deberan, de maneira obrigatoria, asistir a unha representacion ritual de caracter relixioso, e entregar dun xeito individual un informe de 5 a 6 paxinas sobre o devandito ritual. Estes informes seran debatidos dun xeito conxunto nunha aula que tera lugar na segunda quincena de novembro
Sesión maxistral Docencia maxistral
Discusión dirixida A partir dos materiais expostos no aula e do traballo persoal dos alumnos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Sesión maxistral
Descrición
A atención personalizada realizarase de xeito individual nos traballos tutelados e na solución de problemas cando sexa preciso. Tamén se producirá no aula no contexto da docencia presencial.
As titorías terán lugar a través da aplicación Teams no horario establecido

Para aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a atención personalizada realizarase no horario de titorías (na aplicación Teams) ou a través de correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A3 A9 A10 A11 B5 B25 Baseado na avaliación permanente realizada polo profesor a partir da participación activa por parte dos alumnos na aula, e na reflexion colectiva en torno as lecturas obrigatorias 30
Lecturas A3 A9 A10 A11 B3 B5 B12 B25 Baseado na avaliación realizada polo profesor a partir da exposicion en grupo por parte de 3 alumnos dalgunha das lecturas obrigatorias. 15
Proba obxectiva A3 A9 A10 A11 A17 A24 B3 B5 B25 A avaliación basearase nun exame por escrito a final de curso, en torno á materia impartida nas aulas e aos textos de lectura obrigatoria. O exame basearase en preguntas teóricas e de comentario de texto. 40
Traballos tutelados A17 A24 B3 B5 Todos os alumnos deberan, de maneira obrigatoria, asistir a unha representacion ritual de caracter relixioso, e entregar dun xeito individual un informe de 5-6 paxinas sobre o devandito ritual. Estes informes seran debatidos dun xeito conxunto nunha aula que tera lugar en torno a segunda quincena de novembro 15
 
Observacións avaliación

1.- As cualificacións finais serán o
resultado da suma de 2 bloques de notas:

a.- A proba obxectiva, que
estará baseada nun exame por escrito ao final do curso, e que aportará o 40% da
nota. Non presentarse ao exame final conlevará a cualificación de "Non
Presentado" na matéria.

b.- A participación activa
en clase (discusión dirixida, estudo de casos, reflexion sobre as lecturas), a
exposicion (voluntaria) das lecturas con cargo a grupos e o traballo
obrigatorio sobre un ritual, que aportarán conxuntamente o 60% da nota

Atención:
O prazo para apuntarse para facer a exposición na aula duhnha lectura rematará
o 5 de outubro. Se un membro do grupo non asiste a presentación oral, non
poderá recibir cualificación por este concepto.

Caso
de que o estudante non se presentase a exame ou non superase a convocatoria de
xaneiro, as cualificacións correspondentes a este segundo concepto
(participación activa en clase, exposicion voluntaria e traballo obrigatorio)
gardaranse para a convocatoria de xullo.

2.- UNICAMENTE
para aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación final
dependerá exclusivamente da proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao
final do curso, que aportará o 100% da nota.

Caso
de que o estudante con dispensa académica de exención de asistencia non se presentase a exame ou non superase a convocatoria de
xaneiro, manteranse os mesmos criterios de avaliación para a convocatoria de xullo.

3.-A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda
do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que
se tivese cometido.


Fontes de información
Bibliografía básica

A.- Os seguintes textos servirán de introdución aos diferentes temas do programa. Estes textos debateranse en clase e entrarán como materia de exame, xunto ás explicacións de clase

1.- BORGES, Jorge Luis: “Funes el Memorioso”, en Artificios. Madrid, Alianza, (1944) 1993, p. 7-18. Data aproximada de comentario: 25/Setembro.

2.- FINLEY, Moses: “Sócrates y Atenas”, en Aspectos de la Antigüedad, Barcelona, Ariel, (1960) 1975, p. 80-99. Data aproximada de comentario: 02/Outubro.

3.- HARRIS, Marvin: "Mesías", e “El secreto del Príncipe de la Paz”, en Vacas, cerdos, guerras y brujas, Madrid, Alianza, 1981, p. 138-180. Data aproximada de comentario: 23/Outubro.

4.- GOODY, Jack: “El cambio en los países germánicos”, en La evolución de la familia y el matrimonio en Europa, Barcelona, Herder, (1983) 1986, p. 59-76. Data aproximada de comentario: 13/Novembro.

5.- CARDESIN, José María: “Protesta popular y violencia colectiva en la España urbana contemporánea: del motín a los nuevos movimientos sociales”, Historia Social, 103, 2022, p. 69-93. Data aproximada de comentario: 27/Novembro.

6.- PIQUERAS, José Antonio: “El furor de una multitud anónima: la masacre de franceses de 1808 en Valencia”, ponencia al 2º Simposio Violencia Colectiva y Protesta Popular en la Guerra de la Independencia, A Coruña, Junio/2022. (37’ de duración). https://www.youtube.com/watch?v=Bm6b-EQxVdY&t=2s Data aproximada de comentario: 04/Decembro.

7.- LAMELA, Carmen: “La violencia vigilantista en el siglo XXI. Casuística y comparativa internacional”, ponencia al 2º Simposio Violencia Colectiva y Protesta Popular en la Guerra de la Independencia, A Coruña, Junio/2022 (23’ de duración). https://www.youtube.com/watch?v=1ehJYrU4bPM&t=2s Data aproximada de comentario: 11/Decembro.

8.- SACCO, Joe: Notas al pie de Gaza, Literatura Random House, (2009) 2015, selección de 50 páxinas. Data aproximada de comentario: 18/Decembro.

Bibliografía complementaria (). .

Bibliografía Tema 1

CONNOLLY, Peter y Hazel DODGE: La Ciudad Antigua. La vida en la Atenas y Roma clásicas, Madrid, Acento, 1998.

FINLEY, Moses: Aspectos de la antigüedad, Barcelona, Ariel, 1975.

GOODY, Jack: La domesticación del pensamiento salvaje, Madrid, Akal, 1977.

LURI, Gregorio: El proceso de Sócrates. Sócrates y la transposición del socratismo, Madrid, Trotta, 1997.

POLANYI, Karl: "Comercio, mercados y dinero en la Antigua Grecia", El sustento del hombre, Barcelona, Mondadori, 1994, pp. 227-371.

RODRIGUEZ ADRADOS, F.: La democracia ateniense, Madrid, Alianza Universidad, 1980.

RUIZ, Alicia: Historia de Grecia y el Mundo Helenístico, Santander, Ediciones TGD, 2016.

Bibliografía Tema 2

BERMEJO, Fernando: La invención de Jesús de Nazaret, Madrid, Siglo XXI, 2018.

CONNOLLY, Peter y Hazel DODGE: La Ciudad Antigua. La vida en la Atenas y Roma clásicas, Madrid, Acento, 1998.

HARRIS, Marvin: "El cargo fantasma"; "Mesías"; "El secreto del Príncipe de la Paz", en Vacas, cerdos, guerras y brujas, Madrid, Alianza, 1981, p. 121-180.

Sagrada Biblia, Madrid, Biblioteca de Autores Cristianos.

SANCHEZ FERLOSIO, Rafael: "La música celestial de la verdad", Le Monde Diplomatique, III/1999.

WEBER, Max: “La rutinización del carisma”, en Economía y Sociedad.


Bibliografía Tema 3

COHN, Norman: En pos del milenio. Revolucionarios milenaristas y anarquistas místicos de la Edad Media, Madrid, Alianza Universidad, 1989.

ECO, Umberto: El nombre de la rosa, Barcelona, Lumen, 1982.

GINZBURG, Carlo: El queso y los gusanos. El cosmos según un molinero del siglo XVI, Barcelona, Muchnick, 1981.

GOODY, Jack: La evolución de la familia y el matrimonio en Europa, Barcelona, Herder, 1986.

VIGNAUX, Paul: El pensamiento en la Edad Media, Madrid, Fondo de Cultura Económica, 1993.

Bibliografía Tema 4

CARDESIN, José María: “Protesta popular y violencia colectiva en la España urbana contemporánea: del motín a los nuevos movimientos sociales”, Historia Social, 103, 2022, p. 69-93.

CASANOVA, Julian: "Viejos y nuevos retos sobre las revoluciones de 1917", en Historia Social, 88, 2017, pp. 87-103.

DAVIS, Mike y Monk, Daniel B.: Evil Paradises. Dreamworlds of Neoliberalism, New York, The New Press, 2007.

MARGALIT, Meir: Jerusalén, la ciudad imposible. Claves para comprender la ocupación israelí, Madrid, Catarata, 2018.

POLANYI, Karl: La gran transformación. Crítica del liberalismo económico, Madrid, La Piqueta, 1989.

RAMOS, Jorge: Una historia contemporánea de Palestina-Israel, Madrid, Catarata, 2020.

TILLY, Charles: Coerción, capital y los estados europeos, 990-1990, Madrid, Alianza, 1992.

Bibliografía Xeral

BLACK, Anthony: El pensamiento político en Europa, Cambridge U.P., 1996.

BOBBIO, Norberto: La teoría de las formas de gobierno en la historia del pensamiento político, México, Fondo de Cultura Económica, 1987.

GAARDER, Jostein: El mundo de Sofía. Novela sobre la historia de la filosofía, Madrid, Siruela, 1994.

HALL, Peter: Cities in Civilization. Culture, Innovation and Urban Order, Londres, Weidenfeld and Nicholson, 1998.

MACINTYRE, Alasdair: Historia de la ética, Buenos Aires, Paidos, 1970.

MANN, Anthony: Las fuentes del poder social, Madrid, Alianza, 2 vols.

NAREDO, José Manuel: La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Madrid, S. XXI, 1987.

ORY, Pascal: Nueva historia de las ideas políticas, Madrid, Mondadori, 1992.

PRIETO, Fernando: Lecturas de historia de las ideas políticas, Madrid, Unión Editorial.

SENNETT, Richard: Carne y piedra. El cuerpo y la ciudad en la civilización occidental, Madrid, Alianza, 2003.

FILMOGRAFIA:

Tema 1:

Documental: Atenas: el rostro público del Estado.

Andrew W. Hadrill (2018): Atenas, vivir en la ciudad antigua.

https://www.youtube.com/watch?v=sYaBcrLw8Ho

Roberto Rossellini (1970): Sócrates

Tema 2:

Ridley Scott (2000): Gladiator.

Pier Paolo Passolini (1964): El evangelio según San Mateo.

Alejandro Amenábar (2009): Agora.

Tema 3:

Jean-Jacques Annaud (1986): El nombre de la rosa

Tema 4:

Peter Watkins (1964): Culloden.

https://www.youtube.com/watch?v=mkxW-nB0nNU

Carles Bover y Julio Pérez del Campo (2019): Gaza.

https://www.elboletin.com/noticia/169669/contraportada/gaza-cortometraje-dirigido-por-carles-bover-y-julio-perez-preseleccionado-a-los-premios-goya-2019.html

Emad Burnat y Guy Davidi (2011): 5 Broken Cameras.

https://vimeo.com/ondemand/5brokencameras2


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Hª política e social contemporánea/615G01109

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Hª política e social contemporánea/615G01109

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías