Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Crecemento e desenvolvemento económico Código 615G01404
Titulación
Grao en Socioloxia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Bruna Quintas, Fernando
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
Profesorado
Bruna Quintas, Fernando
Correo electrónico
f.bruna@udc.es
Web
Descrición xeral Todo fenómeno social ten como transfundo o desenvolvemento económico existente no contexto social relevante. E como aspecto chave dese desenvolvemento económico está o nivel de renda das persoas. Por tanto, o cambio social, a dinámica de valores e roles sociais, as características das organizacións e institucións, ou as demandas e problemáticas sociais están mediadas polo crecemento económico. É mais, os conceptos propios da teoría do crecemento económico son útiles para entender moitos fenómenos sociais e económicos: tipos de bens tanxibles e intanxibles, rendementos decrecentes dos factores, rendementos crecentes de escala, incentivos privados á innovación, razóns para a intervención pública...

Este curso consolida e amplía o estudo da Economía, iniciado na materia de Economía Política do primeiro curso do Grado en Socioloxía. Porase o acento en manexar conceptos e estatísticas para avaliar a dinámica económica, especialmente o crecemento a longo prazo. O curso é un bo complemento para a cultura profesional dos sociólogos e para outras materias optativas ou TFGs relacionados con globalización, sustentabilidade medioambiental, migracións, demografía, coñecemento, cambio social, movementos sociais, políticas públicas ou metodoloxía de análise. Pero está especialmente deseñado para "aprender a pensar" en
termos de modelos mentais e de mecanismos de incentivos.


Competencias do título
Código Competencias do título
A6 Conocimientos básicos de macroeconomía.
A14 Capacidades en elaborar, utilizar, e interpretar indicadores sociales e instrumentos de medición social.
A23 Capacidades en evaluar los costes y beneficios ecológicos y sociales (presentes y futuros).
A32 Capacidades en contribuir al diseño de políticas públicas orientadas a abordar problemas sociales.
B11 Compromiso ético.
B13 Razonamiento crítico.
C4 Desarrollarse para el ejercicio de una ciudadanía abierta, culta, crítica, comprometida, democrática y solidaria, capaz de analizar la realidad, diagnosticar problemas, formular e implantar soluciones basadas en el conocimiento y orientadas al bien común.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Comprender os fundamentos da análise económica e as súas implicacións sociolóxicas. Introducirse no uso de metodoloxías e das diferentes técnicas de análise. A6
A14
Adquirir coñecementos de macroeconomía para explicar os diversos modelos de crecemento e desenvolvemento económico. A6
A32
Avaliar as capacidades de análise e síntese do alumno en relación á materia impartida a partir da resolución das cuestións formuladas e a elaboración de traballos. A14
A23
B11
B13
C4

Contidos
Temas Subtemas
1) Introdución e medición Preguntas, prazos, supostos, modelos e incentivos ao axente económico individual Taxas de crecemento, PIB, crecemento económico real e outros indicadores.
2) Explicacións clásicas do crecemento Función de produción, factores capital e traballo, capital humano (educación), rendimentos constantes de escala, lei dos rendimentos decrecentes, crecemento esóxeno baseado no progreso técnico.
3) Economía da ideas Crecimento endóxeno baseado en incentivos a innovar, complementariedades, externalidades, efectos contextuais, rendimentos crecentes de escala, propiedades do coñecemento, difusión, estrutura e institucións de mercado, intervención pública.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A14 A32 B11 21 21 42
Discusión dirixida A6 A14 A23 A32 B13 C4 10.5 0 10.5
Proba práctica A6 A14 A23 A32 4 0 4
Traballos tutelados A14 A23 5 40 45
Proba obxectiva A6 A14 A23 4 0 4
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición do profesor en diálogo cos estudantes.
Discusión dirixida Debate sobre datos da economía galega, española e internacional, e sobre outros aspectos do temario.
Proba práctica Como complemento ás clases impartiranse diferentes actividades que inclúen videos e debates. Igualmente poderán programarse conferencias e charlas con especialistas na materia.
Traballos tutelados Proporciónase unha lista de capítulos de libros seleccionados, que permita inspirar distintos temas para traballo tutelados.
Proba obxectiva Probas presenciais para poder aprovar na avaliación continua, ou ben, nos exames de primeira e segunda oportunidade.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
- Podemos ter sesións de titoría ao final das aulas prácticas, no despacho ou de xeito online, a través de Teams. Prégase que se solicite unha cita antes por e-mail, indicando a dispoñibilidade horaria, despois de considerar os horarios de titoría do profesor. Por favor, non use os chats de Teams ou do Campus Virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A6 A14 A23 Probas tipo test na avaliación continua ou nos exames de 1ª e 2ª oportunidade.

60
Traballos tutelados A14 A23 Ensaios sobre un tema dos propostos.
30
Proba práctica A6 A14 A23 A32 Exercicios en clase.
10
 
Observacións avaliación

- Adicionalmente, é posible que se avalíe a presentación de tarefas voluntarias.

- Os criterios de avaliación do alumnado con dedicación a tempo parcial ou dispensa de asistencia poderanse adaptar de xeito que o exame final pondere un 100% ou poda facer tamén traballos que non estean relacionados con presencialidade.

- En caso de detectarse plaxio nun traballo ou que se copiou nun exame, obterase a cualificación de "suspenso" (nota numérica 0) nesa convocatoria, incluso si iso require modificar as actas da convocatoria.


Fontes de información
Bibliografía básica Haindl Rondanelli, Erik (2021). Desarrollo económico: un libro de texto. Washington: Amazon
Ray, Debraj (2002). Economía del desarrollo. Barcelona: Antoni Bosch
Acemoglu, Daron; David Laibson; John A. List (2017). Economía: un primer curso inspirado en el mundo real . Barcelona: Antoni Bosch
Todaro, Michael P. (2020). Economic development . Harlow (England): Pearson education
Warsh, David (2006). El conocimiento y la riqueza de las naciones: el enigma del crecimiento económico, su historia y su explicación moderna. Barcelona: Antoni Bosch
Galor, Oded (2022). El viaje de la humanidad. El big bang de las civilizaciones: el misterio del crecimiento y la desigualdad . Barcelona: Destino
Easterly, William (2003). En busca del crecimiento: andanzas y tribulaciones de los economistas del desarrollo [Recurso electrónico o texto impreso]. Barcelona: Antoni Bosch
Giménez, Gregorio; Leonardo Caruana; Mariano Castro (2017). Introducción al crecimiento económico y desarrollo. Madrid: Pirámide
Sachs, Jeffrey (2022). La era del desarrollo sostenible "Nuestro futuro está en juego: incorporemos el desarrollo sostenible a la agenda política mundial. (3ª edición).. Barcelona: Deusto
Jones, Charles I.; Esther. Rabasco; Luis Toharia (2009). Macroeconomía. Barcelona: Antoni Bosch
Jones, Charles I. (2020). Macroeconomics. New York; London: W. W. Norton
Acemoglu, Daron (2012). Por qué fracasan los países: los orígenes del poder, la prosperidad y la pobreza. Barcelona: Deusto

A biblioteca ten copia dalgúns destes libros en Inglés. A través da biblioteca pódese acceder a algúns deles online.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

- Nesta materia trátase de incorporar a perspectiva de xénero e promover valores de respecto e igualdade. Suxírese compartir co profesor e/ou titores do Grao calquera dúbida ou posibilidade de mellora neste senso.
- Por favor, use o correo electrónico oficial para contactar co profesor, non o chat de Teams ou do Campus Virtual.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías