Workshop |
A4 A5 A6 A12 A14 A18 |
No Obradoiro recóllese o método de avaliación dos TRABALLOS PRÁCTICOS reflectido na acta de verificación da titulación, consistente en:
- O alumnado deberá presentar diversos traballos na segunda etapa do curso e aplicar o Libro de Estilo. Nesta fase os exercicios serán utilizados para a avaliación do alumno.
- Elixirán un xénero xornalístico: entrevista, reportaxe, crónica de acontecementos, deportes, sociedade... e farán ese traballo para entregalo no xornal. Corrección dos textos segundo o Libro de Estilo.
-Decidirán en grupo cómo e onde deben ir estes temas: en qué apartado, en qué lugar da páxina, a qué tamaño... e deseñarán a primeira páxina do xornal do día seguinte.
- Realización de gráficos demostrando o manexo das ferramentas informáticas explicadas en clase.
- Anuncio de cuña publicitaria, transición a vídeo, noticias e/ou reportaxe.
|
80 |
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|