Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comunicar mensaxes audiovisuais. |
A2 |
Crear productos audiovisuais. |
A3 |
Xestionar proxetos audiovisuais. |
A4 |
Investigar e analizar a comunicación audiovisual. |
A7 |
Coñecelas técnicas de creación e produción audiovisual. |
A8 |
Coñecela tecnoloxía audiovisual. |
B3 |
Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que acheguen unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B6 |
Expresarse correctamente tanto de xeito oral como escrito en linguas oficiais da comunidade autónoma |
B8 |
Empregar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) precisas para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
B9 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida e solidaria capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e imprantar solución baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
C2 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C3 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C4 |
Valorar a importancia que ten a investigación, innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comunicar contidos mediante web |
A1 A2 A7 A8
|
B6 B8
|
C2 C3
|
Deseñar materiais e contidos multimedia para publicación en web |
A2 A4 A7 A8
|
B4 B8
|
|
Investigar e analizar a necesidades nun desenvolvemento multimedia así como xestionar os proxectos |
A3
|
B3 B8 B9
|
C4
|
Xestionar a creación dos contidos en función da contorna e obxectivo |
A2 A3
|
B8
|
C2 C3 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Sitios Web |
Características e evolución: web 1.0, 2.0, …
Análise e planificación dun sitio web.
Mapas de navegación.
Estrutura e guía de estilo.
Usabilidade e accesibilidade.
|
HTML5 |
Introdución ás linguaxes de marcado.
Etiquetas básicas de composición de texto.
Atributos da páxina.
Vídeos, imaxes, ligazóns e interactividade.
Etiquetas para a creación de listas e táboas.
Formularios.
|
Ferramentas de creación de sitios web |
Ambiente de traballo.
Inserción de etiquetas básicas.
Composición.
Follas de estilo.
Adaptación a diferentes dispositivos.
|
Publicación e xestión de sitios web |
Aloxamento
CMS.
Posicionamento en buscadores (SEO).
Analítica web. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A8 A7 B8 |
17 |
5 |
22 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 B3 B4 B6 B8 B9 C2 C4 |
7 |
25 |
32 |
Presentación oral |
A7 B8 C3 |
2 |
1 |
3 |
Proba obxectiva |
A7 A8 B3 B4 B8 B9 |
4 |
4 |
8 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A7 A8 B8 C2 C3 |
30 |
45 |
75 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación dos temas máis teóricos da asignatura e explicación dos conceptos necesarios para a realización posterior das prácticas. |
Traballos tutelados |
Proxectos propostos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas de laboratorio e coas sesións maxistrais da materia. |
Presentación oral |
Presentacións de traballos tutelados. |
Proba obxectiva |
Proba de avaliación centrada principalmente na parte teórica da materia, aínda que tamén se inclúen preguntas sobre a parte práctica. |
Prácticas de laboratorio |
Pequenas prácticas para comprender o desenrolo/creación de páxinas web. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
O alumnado terá que formular un proxecto web como traballo da materia.
Como parte dos traballos tutelados, o alumnado fará un seguimento durante o curso onde aplicará os coñecementos adquiridos nas aulas de teoría e prácticas para o desenvolvemento do seu proxecto.
O alumnado irá realizando en distintas fases os seus proxectos: deseño conceptual, deseño estrutural e desenvolvemento tecnolóxico. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 B3 B4 B6 B8 B9 C2 C4 |
Creación dunha web de forma individual ou grupal (en función do número de integrantes requerirase que a páxina sexa máis profunda, para que todos os participantes realicen tarefas de deseño e programación de forma equitativa). |
30 |
Prácticas de laboratorio |
A2 A7 A8 B8 C2 C3 |
Practicas individuais onde os alumnos exercita os coñecementos aprendidos durante a asignatura. |
20 |
Proba obxectiva |
A7 A8 B3 B4 B8 B9 |
Proba relacionada cos coñecementos teóricos da materia. |
50 |
|
Observacións avaliación |
É
imprescindible acadar
unha nota mínima de 4 sobre 10 no traballo tutelado, na media das prácticas de laboratorio (as cales deben entregarse todas obrigatoriamente) e na proba obxectiva para aprobar a materia. Se o traballo tutelado ou algunha práctica de laboratorio non se entregan no tempo e forma estipulados suporá unha calificación de "Non Presentado" (NP). Todas as tarefas deberán ser entregadas a través do Campus Virtual. As faltas de ortografía e gramática teranse en conta na calificación. Un traballo con faltas de ortografía non se considerará aceptable e se calificará cun suspenso. Realizarase unha presentación oral final do traballo tutelado. Todos os alumnos que se presenten a dita convocatoria deberán asistir á duración completa, chegando antes do comezo da mesma e asistindo a todas as presentaciones de dita convocatoria. A mala presentación dos traballos e prácticas (documentos mal estruturados, índices erróneos, fontes de texto de tamaño aleatorio, textos cortados, imaxes pouco lexibles, mala redacción, carencia de maquetación, diferencia no formato das páxinas, nomes de arquivos que inclúan espazos ou caracteres especiais, etc.) afectará negativamente á calificación dos mesmos ata o punto de poder ser calificados cun suspenso. Tan só se gardarán as notas das distintas partes se son superiores a 5 (un máximo dun ano sempre e cando a materia non se actualice e as actividades a realizar sexan distintas; caso no que non se gardarán as actividades nas que houbera modificación das condicións). Na segunda oportunidade a parte de prácticas de laboratorio corresponderá a unha nova pequena práctica resumo do curso que compute o 30% correspondente. PLAXIO: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto co profesorado da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Álvarez García, A. (2010) HTML 5 (guía práctica). Anaya Multimedia, Madrid. - Diego Gauchat, J. (2012) El gran libro de HTML5, CSS3 y JavaScript. Marcombo, Barcelona. - McFarland, D. (2010) CSS. Anaya Multimedia, Madrid. - Murphy, C. & Persson, N. (2009) HTML y CSS. Anaya Multimedia, Madrid. - Peña de San Antonio, Ó. (2010) CSS. Anaya Multimedia, Madrid. - Prat, M. (2009) Posicionamiento de su sitio web en Google y otros buscadores. ENI, Paris. - Ribelles, A. (2011). Digitalización, almacenamiento y transmisión de audio y vídeo. Plataformas de distribución de contenidos. Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya. - Salmond, M. (2014). Los fundamentos del diseño interactivo. Barcelona: Blume. ISBN : 9788415317883. - Wiedermann, J. (2007). Web design: studios 2. Koln: Taschen. ISBN : 978-3-8228-3009-3. - Wiedemann, J. (2008). Web design: interactive & games. Koln: Taschen. ISBN : 978-3-8228-4054-2. |
Bibliografía complementaria
|
|
http://www.w3.org/ http://www.htmlcodetutorial.com/ http://validator.w3.org/ http://www.w3.org/Style/CSS/ http://www.w3schools.com/css/ https://manz.dev/ https://ascii.cl/es/codigos-html.htm https://css-tricks.com/snippets/css/a-guide-to-flexbox/ https://css-tricks.com/snippets/css/complete-guide-grid/ https://getbootstrap.esdocu.com/docs/5.1/customize/overview/ https://www.linkedin.com/pulse/introducci%C3%B3n-los-formatos-de-codificaci%C3%B3n-video-h262-h264-guevara/?originalSubdomain=es |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Comunicación oral e escrita/616G01001 | Fundamentos tecnolóxicos dos medios audioviosuais/616G01003 | Expresión gráfica/616G01004 | Informática audiovisual/616G01008 | Comunicación corporativa/616G01013 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Deseño aplicado/616G01015 | Audio/616G01016 |
|
Materias que continúan o temario |
Ferramentas de creación multimedia/616G01027 | Ferramentas web avanzadas/616G01036 | Obradoiro de creación multimedia/616G01038 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable, a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
- Solicitaranse en formato virtual ou soporte informático. - Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. Incorpórase perspectiva de xénero na docencia desta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación e propoñeranse accións e medidas para corrixilas. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente dificultades a un acceso adecuado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
Recomendase ao alumnado, para un aproveitamento óptimo da materia, un
seguimento activo das clases así como participar nas distintas
actividades e o uso da atención personalizada para a resolución das
dúbidas ou cuestións que lle podan xurdir. |
|