Datos Identificativos 2023/24
Asignatura (*) Son Código 616G02034
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Rodríguez Fernández, Nereida
Correo electrónico
nereida.rodriguezf@udc.es
Profesorado
Rodríguez Fernández, Nereida
Correo electrónico
nereida.rodriguezf@udc.es
Web
Descrición xeral O son e a música son dous compoñentes fundamentais na comunicación audiovisual. Nesta materia facilitarase ao alumno coñecemento e experiencia nos múltiples procedementos e medios técnicos empregados na creación, produción, edición e integración de audio e música en distintos produtos audiovisuais.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Gravar, editar e mesturar pezas de audio A28
B1
B6
B7
B11
B13
C3
C6
C9
Coñecer e seleccionar os equipamentos de audio empregados nos produtos audiovisuais A29
B4
B5
B8
B10
C8
Insertar audio en diferentes produtos audiovisuais B2
B3
B12
C4
C7

Contidos
Temas Subtemas
1. Conceptos iniciais - Aprender a escoitar
- Gravar audio
- Qué é a mistura
2. Introdución ao son - Aspectos xerais
- Características do son
- Son dixital
3. Tecnoloxía do son - A mesa de mistura
- Procesadores de efectos
- Salas
- Micrófonos
- Cables e conectores
- Monitores
4. Son e computadores - Conexións
- Subsistema de son dixital
- Sintetizadores
- MIDI
- Compresión de audio
- DAW (Digial Audio Workstation)
5. O son nun proxecto audiovisual - Tarefas relacionadas co son
- Persoal nas diferentes etapas dun proxecto
- A banda sonora
6. O son nos videoxogos - Historia do son nos videoxogos
- Tendencias actuais
- Middlewares: FMOD e WWISE

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A28 A29 B8 B10 B11 B13 C3 25 46 71
Proba obxectiva B1 B2 B3 2 4 6
Sesión maxistral B1 C4 C8 12 10 22
Traballos tutelados A29 B6 B12 C7 C9 10 36 46
Presentación oral B1 B3 B4 B5 B7 C6 2 2 4
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Gravación de audio.
Uso básico dun secuenciador para gravar e editar audio
Mestura de audio e aplicación de efectos de son
Son para vídeo e videoxogos
Proba obxectiva Proba de avaliación, principalmente da parte teórica.
Sesión maxistral Exposición dos temas máis teóricos da materia.
Traballos tutelados Proxectos propostos relacionados coas técnicas empregadas nas prácticas de laboratorio.
Presentación oral Presentacións e defensa dos traballos e proxectos desenvolvidos na materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Presentación oral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Proba obxectiva
Descrición
Resolución de dúbidas de teoría ou prácticas, traballos tutelados, etc. en horario de titorías, presencialmente e de forma telemática mediante correo electrónico e Teams.

ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA: Deberá poñerse en contacto co profesorado para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual da materia. Este alumnado é responsable de estar ao corrente dos materiais colgados no Campus Virtual, así como das tarefas que por ese medio se propoñan para entrega. Estas entregas, de non ser telemáticas, serán acordadas co estudantado a tempo parcial de xeito que se compatibilice na medida do posible coa súa dispoñibilidade e a do profesorado.


Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A28 A29 B8 B10 B11 B13 C3 Avaliarase a calidade das prácticas relacionadas cos diferentes contidos teóricos e prácticos da materia. 30
Traballos tutelados A29 B6 B12 C7 C9 Avaliarase a calidade do proxecto realizado. No proxecto empregarase todo o coñecemento teórico e práctico da materia. 30
Proba obxectiva B1 B2 B3 Proba obxectiva sobre os coñecementos teóricos e prácticos da materia 40
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible entregar todos os traballos
tutelados e acadar unha nota mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10
puntos tanto nos traballos tutelados como nas prácticas de laboratorio e
na proba obxectiva.

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade serán os mesmos que os da primeira.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

De acordo coa normativa da UDC en relación ao
estudantado matriculado a tempo parcial, o réxime de asistencia a clase
non afectará negativamente ao proceso de avaliación, admitíndose nesta
materia a dispensa académica para a asistencia solicitada polas canles
institucionais habilitadas ao efecto. Porén, esta flexibilidade
asistencial non eximirá da entrega de traballos tutelados e prácticas
nos mesmos prazos fixados para o estudantado a tempo completo.


Fontes de información
Bibliografía básica Stanley R. Alten (2008). El sonido en los medios audiovisuales. Madrid, Escuela de Cine y Vídeo
Julio Crespo Viñegra (2003). Música Digital. Madrid Anaya
Manuel López Ibáñez (2021). Produccion musical y diseño de sonido para videojuegos.. Madrid: Editorial Sintesis
David Lewis Yewdall (2008). Uso práctico del sonido en el cine. Madrid, Escuela de Cine y Vídeo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

- Realizarase a través do Campus Virtual, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

- En caso de ser necesario realizalos en papel:

  • Non se empregarán plásticos
  • Realizaranse impresións a dobre cara.
  • Empregarase papel reciclado.
  • Evitarase a impresión de borradores.

Débese de facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En relación á perspectiva de xénero, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías