Para axudar a conseguir unha contorna
inmediata sostida: 1. A entrega dos traballos
documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou
soporte informático. 1.2.
Realizarase a través
de Moodle, en
formato dixital sen
necesidade de imprimilos 1.3. De se realizar en papel: Non se empregarán
plásticos. Realizaranse impresións a dobre
cara. Empregarase papel
reciclado. Evitarase a impresión de
borradores. 2. Débese facer un
uso sostible dos
recursos e a
prevención de impactos
negativos sobre o medio
natural. 3. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sostenibilidade nos
comportamentos persoais e profesionais. Segundo se
recolle nas distintas
normativas de aplicación
para a docencia
universitaria deberase incorporar
a perspectiva de
xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista,
utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e
alumnas…). Traballarase para identificar e
modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de
discriminación por razón de xénero e proporanse
accións e medidas para corrixilas. Facilitarase a
plena integración do
alumnado que por
razón físicas, sensoriais,
psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso
axeitado, igualitario e proveitoso á
vida universitaria. Recoméndase seguir a siguinte
estrutura para a elaboración da memoria do TFG:
1. Portada
2. Información
3. Agradecementos
4. Índice
5. Introducción e descripción
6. Estudio previo e documentación
7. Elaboración do produto
8. Conclusións
9. Listado de anexos e apéndices
10. Bibliografía |