Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas. |
A6 |
Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns. |
A7 |
Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades. |
A8 |
Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.). |
A9 |
Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro. |
A10 |
Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas. |
A11 |
Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física. |
A13 |
Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental. |
B3 |
Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo. |
B7 |
Xestionar a información. |
B11 |
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. |
B14 |
Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde. |
B15 |
Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…). |
B17 |
Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte. |
B18 |
Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar criticamente todas as circunstancias e feitos que rodean á educación |
A7 A8
|
B3 B4 B7 B11 B15 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Comprender as bases da educación e os principios da educación física e o deporte para a formación integral das persoas asumindo a importancia da escola como promotora de estilos de vida activos e saudables.
|
A4 A6
|
B15 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Comprender e aplicar os principios conductuales no contexto educativo, recreativo, da actividade física e a saúde e do adestramento deportivo |
A7 A8 A13
|
B3 B11 B15
|
C1 C3 C4 C7
|
Abordar reflexivamente as reformas educativas e as súas implicacións no ámbito das actividades físico-deportivas. |
A6 A8 A10
|
B14
|
C1 C3 C4 C7
|
Coñecer e comprender os fundamentos curriculares da educación física formal |
A6 A8 A9 A10 A11
|
B3 B14 B15 B17
|
C1 C3 C4 C7
|
Desenvolver actitudes favorables cara á colaboración interdisciplinar, o traballo en equipo e ao respecto á diversidade |
A4
|
B3 B4 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Da Pedagoxía a Pedagoxía da actividade física e do deporte |
-A educación, a Pedagoxía e as Ciencias da Educación
-A Pedagoxía da actividade física e do deporte: Educación Física e Pedagoxía Deportiva
- Teorías críticas da educación e a súa incidencia na escola actua e no contexto da EF e o deporte ( Ideoloxía, curículum oculto, perspectiva comunicativa) |
Tema 2. A educación física de Calidade
|
- Educación Física de Calidade e perspectiva ecolóxica da Educación Física.
- O centro educativo como exe do fomento dos estilos de vida activos e saudables
- Un/unha alumna ben educado físicamente
- Bo docente de Educación Física
- Competencias docentes necesarias para unha Educación Física de Calidade
|
Tema 3. Condicionantes do proceso de ensino-aprendizaxe
|
- Estilos de comunicación e estilos de ensino.
- O/A profesor/a de Educación Física
* O pensamento: Coñecemento profesional e preocupacións docentes
* O comportamento: Destrezas docentes
- O alumno/a ben educado/a fisicamente
* O pensamento do/o alumno/a: Autoconcepto, percepcións, motivación, atención e atribución causal
* O comportamento do/o alumno/a: Aspectos cuantitativos (variables de contexto, programa e diferenzas individuais) e cualitativos (estilos de participación)
|
Tema 4.- A Educación física na escola na lexislación actual.
|
- Introdución aos elementos curriculares
- Lexislación educativa
- Proceso de concreción curricular: desde a lei á aula
- Interdisciplinaridad e transversalidade
|
Tema 5. Atención á diversidade e educación en valores na Educación Física e no deporte en idade escolar
|
- Principios de individualización e socialización
-Integración e inclusión
- Atención á diversidade individual e social na Educación Física
- Aprendizaxe cooperativo
- Educación en valores
- Valores abordables desde a Educación Física e o deporte en idade escolar
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Portafolios do alumno |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B3 B4 B7 B11 B14 B15 B18 C1 C3 C4 |
20 |
40 |
60 |
Sesión maxistral |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B4 B7 B11 B14 B15 B17 B18 C4 |
20 |
20 |
40 |
Traballos tutelados |
A6 A7 A8 C7 |
14 |
28 |
42 |
Proba de ensaio |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 |
5 |
0 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
3 |
0 |
3 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Portafolios do alumno |
É un cartafol ou archivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo/a profesor/a o que permite visualizar o progreso do/a alumno/a. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o/a alumno/a, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, autoevaluaciones, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso, etc.
Consta de:
a. Material (traballado) de cada un dos temas. Trátase dos apuntamentos, esquemas, artigos, diapositivas, subliñados ou de elaboración propia, coas que cada estudante traballou o contido da materia. Pode estar en formato papel ou dixital, pero deberá optarse por un dos dous soportes.
b. Actividades realizadas nas clases interactivas (presenciais) e nas non presenciais. Recollerá todas as realizadas durante o desenvolvemento dos temas, elaboradas en horario lectivo e as propostas polo profesorado para o desenvolvemento do tema, en horario non lectivo.
Incluiranse neste apartado as actividades avaliables, unha ou dúas por tema (individuais e/ou por parellas), que se realizarán ou revisarán durante as clases interactivas. Estas serán entregadas en data e hora establecida para a corrección definitiva.
Débense refacer e incorporar no portafolio, tanto a orixinal como as súas correspondentes modificacións.
c. Rúbricas/lista de control do portafolio de cada un dos temas ou de actividades (auto e coevaluación).
(Este portafolios preferentemente realizarase en formato dixital)
|
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como Conferencia o método expositivo ou lección maxistral. Esta última modalidade adóitase reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Traballos tutelados |
Ao longo do curso irase elaborando un traballo en grupos de 3, que finalice nunha proposta de fomento de practica de actividade física nun centro escolar, que ira desenvolvéndose en paralelo cos contidos da materia.
Realizaranse clases prácticas de acompañamento do traballo e nas tutorías da materia poderán convocarse a grupos de alumnos para que vaian mostrando ao profesorado o traballo realizado. |
Proba de ensaio |
Proba na que se busca responder por escrito a preguntas de certa amplitude valorando que se proporcione a resposta esperada, combinada coa capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Utilízase para a avaliación diagnóstica, formativa e sumativa. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de redacción e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
Proba de ensaio |
|
Descrición |
As actividades reflectidas son aquelas que demandan a asistencia do/a alumno/a ás titorías. Nesta materia contémplanse 3 tipos diferentes de titorías:
- En pequeno grupo: son aquelas previstas no horario da materia que poderán utilizarse para revisar actividades que teñan que ver co contido do portafolios.
- Titorías individualizadas utilizando o moodle ou teams ou as horas de tutoría do profesorado.
- Titorías persoais/grupales e o despacho do profesorado ou por teams.
O alumnado que cursou a materia en cursos anteriores e aquelas/es con matrícula a tempo parcial, deberá falar co profesorado para acordar os criterios de asistencia e avaliación para cada unha das oportunidades.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A6 A7 A8 C7 |
Terá un valor de 3 puntos sobre a nota final. Para o seu desenvolvemento realizaranse actividades de explicación/seguimento no horario lectivo da materia, en horarios de tutorías de grupo e en tutorías do profesorado a petición dunha persoa ou grupo.
Si o traballo non pasou por actividades de seguimento polo profesorado da materia non será avaliado.
O alumnado de cursos anteriores que cumpra cos requisitos da avaliación continua, está excluído de realizar este traballo. |
30 |
Proba de ensaio |
A4 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A13 B7 B14 B15 B17 C1 C3 |
Se realizarán 4 probas (temas 1 e 2, tema 3, tema 4 e tema 5).
A primeira e segunda proba terán un valor de 2 puntos, os dous restantes 1,5 puntos cada unha (total 7 puntos)
Cada proba esixirá unha cualificación do 50% para ser superada e que non haxa ningunha pregunta cualificada con 0 (ou sen contestar).
As preguntas presentaranse en castelán, poderase realizar en calquera dos dous idiomas oficiais da Universidade da Coruña. O que desexe as preguntas en galego deberá solicitalo ao profesorado, polo menos cunha semana de antelación á data de realización.
O alumnado que non supere todas e cada unha destas probas, deberá presentarse (ás que non superen) na data do exame final (convocatoria oficial de exames). Manterase este criterio para as oportunidades de xaneiro/xuño-xullo. En futuras convocatorias, non se manterán as cualificacións.
O alumnado de cursos anteriores que cumpra cos requisitos da avaliación continua, pode optar por presentarse ás probas de ensaio ou á proba final. |
70 |
|
Observacións avaliación |
A realización fraudulenta de tarefas de avaliación, implicará
directamente a calificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia enque se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (notanumérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidadecomo na segunda. Para isto, procederase a modificar a súacualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. O alumnado que curse a materia en cursos anteriores, deberá dirixirse ao profesorado durante os primeiros 15 días do curso para valorar, en cada caso, o recoñecemento ou non da avaliación continua e por tanto a exención de asistencia e de realización das actividades contempladas neste programa. O alumnado con matrícula a tempo parcial ou con situacións particulares por temas deportivos ou laborais, deberán falar co profesorado para acordar os criterios de avaliación e asistencia para cada unha das oportunidades (si no mes de setembro non se comunica, esa posibilidade non se ofrecerá). Os que non se atopen nesa situación especial, poderán elixir entre un sistema de avaliación formativa continua (auto, co e heteroevaluación) ou de avaliación final (heteroevaluación). 1. AVALIACIÓN FORMATIVA (CONTINUA) Optar por este sistema de avaliación implica a asistencia polo menos ao 70% das clases presenciais, a elaboración e presentación do portafolio, a superación das probas de ensaio e a elaboración do traballo por proxecto. Consideracións de face ao mantemento de cualificacións e/ou partes da materia no caso de cumprir todos os criterios da avaliación formativa (continua): O alumnado que non supere todas e cada unha destas probas, deberá presentarse (ás que non superen) na data do exame final (convocatoria oficial de exames). Manterase este criterio para as oportunidades de xaneiro/xuño-xullo. En futuras convocatorias, non se manterán as cualificacións. Os que non alcance a metade da puntuación no apartado b, deberán reelaborarlo e presentalo na segunda oportunidade (xuño-xullo). Isto será igualmente de aplicación para o alumnado de cursos anteriores. 2. AVALIACIÓN FINAL Optará a ela, o alumnado que perda o dereito á avaliación continua e aquel que así o desexe. Non entregarán o portafolio, nin se presentarán ás probas de ensaio, pero están obrigados a asistir, polo menos, ao 50% das sesións. Os que opten pola avaliación final, deben realizar a proba na data marcada no calendario oficial de exames e para superar a materia deberá obter ou superar o 70% (7 sobre 10 puntos).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Tema 1.- Material de lectura obligatoria: Blázquez, D. (2020). Descubre como es la
educación física del siglo XXI. INDE, pp. 150-157. Flecha, R. y Puigbert, L. (2002). Las comunidades de
aprendizaje: Una apuesta por la igualdad educativa. REXE: Revista
de estudios y experiencias en educación, 1(1),pp.11-20 López
Pastor, V. (coord.) (2002). Algunas reflexiones sobre educación física y
pedagogía crítica. Retos, 2, pp.30-35 Vázquez, B.
(2001): La Pedagogía de la Actividad Física y el Deporte. En B. Vázquez
(coord.). Bases educativas de la actividad física y el deporte. Síntesis,
pp. 25-46 Vázquez, B.
(2001): El Currículum oculto y las nuevas orientaciones en el estudio del
currículum en la EF. En B. Vázquez(coord.). Bases educativas de la
actividad física y el deporte. Síntesis, pp. 277-287 Tema 2.- Material de lectura obligatoria: Beneficios de una EFC https://www.youtube.com/watch?v=P9BJ9ExyfFU&feature=youtube
Bull, F.
C., Al-Ansari, S. S., Biddle, S., Borodulin, K., Buman, M. P., Cardon, G.,
Carty, C., Chaput, J.-P., Chastin, S., Chou, R., Dempsey, P. C., DiPietro, L.,
Ekelund, U., Firth, J., Friedenreich, C. M., Garcia, L., Gichu, M., Jago, R.,
Katzmarzyk, P. T., … Willumsen, J. F. (2020). World Health Organization 2020
guidelines on physical activity and sedentary behaviour. British
Journal of Sports Medicine, 54(24), 1451-1462.
https://doi.org/10.1136/bjsports-2020-102955
Mayor, A.,
Cantero, P.; Fernández-Villarino, M.A., Toja, B. y González-Valeiro, M.A.
(2016). Condiçoes que deve cumprir uma escola para se converter em promotora de
estilos de vida activos para os alumnos. Gymnasium 1(2), p
1-12
Sánchez,
A, Villaverde-Caramés, E., González-Valeiro, M.A. & Fernández-Villarino,
M.A. (2021). Physical Literacy and teacher training: Pilot study. Education
Sciences, 11(2), 42. https://doi.org/10.3390/educsci11020042
Villaverde-Caramés,
E., Fernández-Villarino, M.A., Toja-Reboredo, B. & González-Valeiro, M.A.
(2021): Revisión de la literatura sobre las características que definen a un
buen docente de Educación Física: consideraciones desde la formación del
profesorado. Retos, 41, 471-479.
https://doi.org/10.47197/retos.v0i41.84421
UNESCO
(2015). Educación Física de Calidad.
http://unescoittralee.com/wp-content/uploads/2017/11/QPE-for-policy-makers-Spanish.pdf Tema 3.- Material de lectura obligatoria:García-González,
L; Abós Catalán, A. y Sevil-Serrano, J. (2020). Acción docente en educación
física y actividades físico-deportivas. Teoría basada en evidencias
científicas. Prensas de la Universidad de Zaragoza Tema 4.- Material de lectura obligatoria: Arufe, V.
(2011). La educación en valores en el aula de EF. ¿Mito o realidad? EmásF,
Revista Digital de Educación Física. Año 2, Num. 9 (marzo-abril 2011)
https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=3618413 Blázquez, D.
(2020). Descubre como es la educación física del siglo XXI.
INDE, pp. 101-112. Fernández-Río,
J. (2017) El Ciclo del Aprendizaje Cooperativo: una guía para implementar de
manera efectiva el aprendizaje cooperativo en educación física. Retos,
32, 264-269 https://recyt.fecyt.es/index.php/retos/article/view/51298 Pinheiro,
V.; Camerino, O. y Sequeira; P. (2013) Recursos para potenciar el fair play en
la iniciación deportiva. Retos, 24, pp. 97-99 Sánchez
Alcaráz, B., López, J., Valero Valenzuela, A. y Gómez-Marmol, A. (2017). Los
programas de educación en valores a través de la Educación física y el deporte.
Actividad física y deporte. Ciencia y profesión, Vol.28, pp.
45-58 Velázquez
Callado (2015). Aprendizaje cooperativo en Educación Física: estado de la
cuestión y propuesta de intervención. Retos, 28, pp.234-239 Tema 5.- Material de lectura obligatoria: Gobierno de
España (2020) Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica
la Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación. BOE.es - BOE-A-2020-17264
Ley Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, por la que se modifica la Ley Orgánica
2/2006, de 3 de mayo, de Educación. Gobierno de
España (2022) Real Decreto 217/2022, de 29 de marzo, por el que se establece la
ordenación y las enseñanzas mínimas de la Educación Secundaria
Obligatoria. Zapatero,
J.; González, M.D. y Campos, A. (2017) Programar por competencias en EF. Tamdem
didáctica de la EF, 57; pp 68-73 |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Psicoloxía da actividade física e do deporte/620G01011 | Socioloxía da actividade física e do deporte/620G01015 | Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01022 | Planificación do proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01035 | Prácticum/620G01040 |
|
Observacións |
Pór en coñecemento do profesorado os posibles aspectos que impidan levar con normalidade o establecido nesta guía.
Manter con regularidade tutorías co profesorado (presenciais ou on-line) para o seguimento da materia.
Co fin de mellorar a materia e o sistema de garantía interna de calidade do noso centro, sería conveniente que o alumnado atendese á solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto de participar no proceso de avaliación da materia e cuxa chamada realiza baixo o nome de "AVALIA" consistindo en responder os cuestionarios que avalían a docencia do profesorado.
|
|