Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas. |
A6 |
Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns. |
A7 |
Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades. |
A8 |
Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.). |
A9 |
Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro. |
A11 |
Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física. |
A12 |
Avaliar e elaborar instrumentos de recollida de datos que atendan aos aprendizaxes do alumno, ao proceso de ensino en sí e á función del docente. |
A13 |
Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental. |
A16 |
Deseñar, programar e desenvolver actividades esenciais da motricidade humana: o xogo, a danza e a expresión corporal, o exercicio e as actividades no medio natural, no ámbito educativo, recreativo e da actividade física e saúde, promovendo a igualdade de dereitos e oportunidades e evitando a exclusión en función do xénero e a discapacidade. |
B1 |
Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte. |
B2 |
Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte. |
B3 |
Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo. |
B5 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán. |
B6 |
Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional. |
B7 |
Xestionar a información. |
B8 |
Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional. |
B10 |
Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. |
B11 |
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. |
B12 |
Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles. |
B15 |
Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…). |
B16 |
Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte. |
B18 |
Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa. |
B19 |
Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar e explicar o marco teórico relacionado cos procesos de E/A na actividade física e o deporte, e os seus modelos nos diferentes ámbitos de actuación |
A4 A13
|
B1 B4 B10 B12 B15 B16
|
C1 C2 C4 C6 C7
|
Distinguir e analizar os elementos do proceso de E/A e os seus ámbitos de aplicación |
A7 A9 A11 A12 A16
|
B1 B2 B7 B10 B12 B15 B16 B18
|
C1 C2 C6
|
Coñecer, deseñar e desenvolver os aspectos metodolóxicos específicos aplicables á actividade física e o deporte, principalmente no concernente aos estilos de Ensino-Aprendizaxe |
A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13
|
B2 B3 B4 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B16 B18 B19
|
C1 C2 C4 C6
|
Programar, desenvolver e levar ás práctica sesións de Educación Física e Deportes, contemplando todos os elementos do proceso de Ensino-Aprendizaxe, e avaliando as diferentes fases e tarefas que a compoñen. |
A6 A8 A9 A11
|
B1 B2 B7 B10 B12 B18
|
C1 C2 C4 C6 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Marco teórico do proceso de ensino-aprendizaxe na educación física e o deporte |
1.O proceso de ensino aprendizaxe da educación física e do deporte
2. Modelos pedagógicos aplicados a educación física e o deporte |
Elementos estructuráis e metodolóxicos do proceso de ensino-aprendizaxe no contexto da educación física e o deporte |
1 Contexto de desenvolvimiento do proceso de ensino-aprendizaxe
2. Elementos estructurais do proceso de ensino-aprendizaxe
3 A interacción no proceso de ensino-aprendizaxe. |
Diseño e aplicación da intervención no proceso de ensino-aprendizaxe |
1 Elaboración e planteamiento de obxectivos/resultados de aprendizaxe na educación física e o deporte.
2 Deseño e desenvolvemiento de sesións na educación física e deportes.
3 Avaliación de sesións na educación física e deportes. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A7 A9 A11 A12 A13 A16 B1 B2 B7 B10 B12 B15 B16 C1 C2 C4 C6 C7 |
32 |
64 |
96 |
Prácticas a través de TIC |
A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 |
4 |
12 |
16 |
Traballos tutelados |
A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 |
4 |
8 |
12 |
Proba práctica |
A6 A7 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B15 B12 B11 B10 B8 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 |
4 |
10 |
14 |
Discusión dirixida |
A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B3 B4 B5 B6 B8 B10 B11 B12 B15 B16 B18 B19 C1 C2 C4 C6 C7 |
3 |
3 |
6 |
Proba mixta |
A11 A12 A13 B1 B2 B3 B5 B11 B12 B15 B16 C1 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Documentos desenvolvidos para introducir o tema e presentación de contidos teóricos prácticos. O alumno deberá buscar información relativa aos contidos expostos na sesión maxistral. Deberá ler comprensivamente a información atopada, asentando as ideas fundamentais.
|
Prácticas a través de TIC |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Traballos tutelados |
Exporanse traballos de reforzo aos contidos teóricos da materia. Exporanse sesións utilizando os elementos didácticos expostos na materia.
|
Proba práctica |
Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. |
Proba mixta |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Proba práctica |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
As tutorías e os demais medios de comunicación profesorado/alumnado, realizaránse personalmente no despacho da profesora, correo electrónico, moodle o teams
Os traballos tutelados, requirirán a tutorización personalizada para adecuar a elección do modelo de práctica e o caso obxecto de estudo, para adecuar a elección de obxectivos, o contido e guiar a totalidade do proceso. Para iso disporanse de clases prácticas, tutorías e a atención contínua.
Realizaranse presentacións orais dos traballos e materias desenvolvidos polo alumno na materia.
Ó alumnado con matrícula parcial organizaráselles-adaptaráselle individualmente a materia ás súas características para que poidan cumprir os mesmos requisitos que o resto do alumnado
As titorías e demáis medios de comunicación profesor/alumno realizaránse por correo electrónico, teams, moodle, ou presencial no despacho do/a profesor/a.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba práctica |
A6 A7 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B15 B12 B11 B10 B8 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 |
Deseño e desenvolvemento de sesións de intervención relacionadas cos diferentes elementos do proceso de ensinanza-aprendizaxe |
20 |
Proba mixta |
A11 A12 A13 B1 B2 B3 B5 B11 B12 B15 B16 C1 |
Realización dunha proba escrita desenvolta na plataforma da Universidade da Coruña sobre os contidos desenvoltos nos diferentes sesións teóricas e prácticas da materia |
30 |
Prácticas a través de TIC |
A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 |
Levaranse a cabo diferentes actividades no propio desenvolvemiento das sesións nas que, de xeito individual ou por grupos, se profundizará nos contidos relacionados con diferentes temas. |
10 |
Traballos tutelados |
A6 A7 A8 A9 A11 A12 A13 B19 B18 B16 B12 B11 B10 B8 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C2 C4 C6 C7 |
Presentación dun traballo de deseño, análise e avaliación dos diferentes aspectos relacionados cos procesos de ensino-aprendizaxe levados a cabo na proba práctica
|
40 |
|
Observacións avaliación |
Considérase obrigatoria a asistencia ás diferentes actividades lectivas da materia A porcentaxe requirida para a superación da materia será do 70% considerado en relación á participación proporcionalmente ás diferentes sesións presenciais (expositivas e interactivas) A superación da materia implicará a superación dos seguintes apartados tanto na 1ª como na 2ª oportunidade, ou convocatorias posteriores nas condiciones que se expoñen a continuación: PARTICIPACIÓN - Enténdese por participación nas prácticas de actividade física ou sesións maxistraís e o desenvolvemento en prazo e forma das tarefas que se expoñan en relación aos contidos relacionados coas sesións. O non cumprimento por motivos xustificados do 70% da asistencia pode implicar a non superación da materia, constando o estudante como "Non Presentado" na cualificación final. Dita falta de participación non xustificada pode inhabilitar igualmente para a superación da materia na segunda oportunidade ou sucesivas convocatorias, ata que esta cúmprase. No caso de que non se alcance o 70% de asistencia e participación por motivos xustificados na avaliación da 1ª oportunidade poderase establecer para a/o estudante unha alternativa equivalente en relación ao desenvolvemento de tarefas e alcance de competencias relacionado cos contidos desenvolvidos nas sesións ás que non asistiu. A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias, en canto se mantéña a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente. PROBAS PRÁCTICAS - Nas tres primeiras semanas do cuadrimestre os estudantes confirmarán o grupo e as datas de participación na/s proba/s práctica/s. A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias, en canto se manteña a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.
TRABALLOS TUTELADOS Proporase os primeiros días de clase unha rúbrica para a elaboración, supervisión e corrección de dito traballo tutelado, que poderá ser moficado a proposta d@s estudante e co visto bo do profesor A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias, en canto mantéñase a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente.
PROBA MIXTA A proba mixta terá lugar nas datas asignadas no calendario oficial, como parte de avaliación final da materia. Esta proba poderáse levar a cabo ben sobre papel presencialmente na facultade, ou ben no campus virtual ou Teams, para o que os/as estudantes deberán traer e utilizar os seus propios computadores portátiles ou tabletas dixitais. As diferentes preguntas ou tarefas desta proba mixta distribuiranse de maneira ponderada considerando os diferentes temas, prácticas ou traballos da materia. O idioma escrito desta proba será o de impartición da materia; facilitarase noutro idioma (español, galego) aos estudantes que o soliciten con dúas semanas de antelación. A superación deste apartado manterase de cara á 2ª oportunidade, e sucesivas convocatorias, en canto mantéñase a presente distribución metodolóxica, avaliacións e cualificación na guía docente correspondente. Entenderase en calquera caso que para a superación da materia será preciso ter superados os diferentes apartados da avaliación
ESTUDANTES DE DEDICACIÓN A tempo PARTCIAL En función das suas posibilidades de asistencia e participación acordarase, por escrito, cos/as estudantes de dedicación a tempo parcial, un modelo alternativo das diferentes actividades de desenvolvemento e avaliación dos diferentes temas e apartados de avaliación, atendendo a un plantexamento de horas de dedicación equivalente aos/as estudantes de matricula a tempo completo. En concordancia cos plantexamentos de sosteniblidade que está a promover a Universidade da Coruña, na medida do posible seguiránse as seguintes pautas: 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 1.2. Realizarase a través de Moodle ou Teams, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 1.3. De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores. 2.- Débese facer un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural 3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
En termos xerais, ao realizar probas on-line, empregarase a plataforma da UDC ou sistemas recoñecidos por esta A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Famose, J. P. (1992). Aprendizaje motor y dificultad en la tarea. Barcelona. Paidotribo
Ruiz Pérez, L. M. (1995). Competencia motriz. Elementos para comprender el aprendizaje motor en la educación física escolar. Madrid. Gymnos |
Blázquez Sánchez, D. (2013). Diez competencias docentes para ser mejor profesor de Educación Física. INDE. Fernandez-Río, J., Calderón, A., Hortigüela Alcalá, D., Pérez-Pueyo, A., y Aznar Cebamanos, M. (2016). Modelos pedagógicos en educación física: consideraciones teórico-prácticas para docentes. Revista Española De Educación Física Y Deportes, 413:55–75. Ferriz, R., Gonza?lez-Cutre, D., y Sicilia, A. (2015). Revisio?n de la Escala del Locus Percibido de Causalidad (PLOC) para la inclusio?n de la medida de la regulacio?n integrada en educacio?n fi?sica. Revista de Psicologi?a del Deporte, 24, 329-338. Fierro-Suero, S., Almagro, B. J., Castillo, I., & Sáenz-López, P. (2020). Herramienta de Observación del Clima Interpersonal Motivacio-nal (OCIM) para docentes de Educación Física. Cultura, Ciencia y Deporte, 15(46), 575-596. Fuentes García, J. P., García González, L., Sanz Rivas, D., Moreno Arroyo, M. P., y Del Villar Álvarez, F. (2005). Estudio del feedback docente de los entrenadores de tenis de alta competición. Kronos: Revista Universitaria de la actividad física y el deporte, 4(7), 57-62. García-González, L., Abós Catalán, A., y Sevil-Serrano, J. (2020). Acción docente en educación física y actividades físico-deportivas. Teoría basada en evidencias científicas. Prensas de la Universidad de Zaragoza. Labrandero, M., Pompa Mansilla, M., Hernandez, F., y Sánchez-Mendiola, M. (2019). Una experiencia de formación: La Educación basada en evidencias A training experience: Evidence-Based Education. Revista Digital Universitaria, 20(6). Moreno, J. A., González-Cutre, D., Chillón, M., y Parra, N. (2008). Adaptación a la educación física de la escala de las necesidades psicológicas básicas en el ejerci- cio. Revista Mexicana de Psicología, 25(2), 295–303. Navarro, D., Collado, J.A., y Pellicer, I. (2020). Modelos pedagógicos en educación física. Autor editor. Pieron, M. (1988). Didáctica de las actividades físicas y deportivas. Gymnos Editorial. Sánchez-Oliva, D., Leo, F.M., Amado, D., Cuevas, R., y García-Calvo, T. (2013). Desarrollo y validación del cuestionario de apoyo a las necesidades psicológicas básicas en educación física. Motricidad. European Journal of Human Movement, 30, 53-71. Sicilia, A. (2004). La interacción didáctica en EF. En Fraile, A. (coord.), Didáctica de la Educación Física. Una perspectiva crítica y transversal (pp. 237-263). Biblioteca Nueva. Velázquez, C. (2013). Análisis de la implementación del aprendizaje cooperativo durante la escolarización obligatoria en el área de educación física (Tesis Doctoral). UVA. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Cara
mellorar o proceso docente,
recomendase aos estudantes levar a cabo as enquisas “AVALÍA” propostas dende os
servizos centraís da UDC. |
|