Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Coñecer e comprender as bases que aporta a educación física á formación das persoas. |
A5 |
Fomentar a convivencia, estimulando e poñendo en valor a capacidade de constancia, esforzo e disciplina dos participantes nas actividades de educación física e deportiva. |
A6 |
Deseñar e ordenar estratexias e espazos de aprendizaxe que respondan á diversidade social (sexo, xénero, idade, discapacidade, culturas…) e ao respecto dos dereitos que conforman os valores que aporta a educación física e deportiva á formación integral dos cidadáns. |
A7 |
Promover e avaliar a formación de hábitos de actividade física e deporte ao longo do ciclo vital, considerando que a idade, o xénero ou a discapacidade son variables que necesitan da intervención consciente para favorecer a igualdade de oportunidades. |
A8 |
Deseñar, desenvolver, e avaliar os procesos de ensino – aprendizaxe, relativos á actividade física e o deporte, con atención e titorización segundo as características individuais e contextuais das persoas (xénero, idade, discapacidade, culturas, etc.). |
A9 |
Elaborar propostas curriculares para as distintas etapas no marco institucional dun centro educativo, desenvolvendo os elementos da programación didáctica da área de E. Física, con arranxo á lexislación vixente e ao proxecto educativo de centro. |
A10 |
Coñecer os distintos niveis da lexislación educativa e aplicar os fundamentos básicos que promove en canto á Planificación e Programación Didáctica da Educación Física nas etapas educativas. |
A11 |
Posuír o conxunto de habilidades ou competencias docentes que faciliten o proceso de ensino-aprendizaxe na aula de educación física. |
A12 |
Avaliar e elaborar instrumentos de recollida de datos que atendan aos aprendizaxes do alumno, ao proceso de ensino en sí e á función del docente. |
A13 |
Identificar as principais tarefas do profesor de educación física dentro e fóra da aula, resaltando as que fan referencia á súa labor titorial, orientadora e departamental. |
A14 |
Deseñar, planificar, avaliar técnico-cientificamente e desenvolver programas de exercicios orientados á prevención, a reeducación, a recuperación e readaptación funcional nos diferentes ámbitos de intervención: educativo, deportivo e de calidade de vida, considerando, cando fose necesario as diferenzas por idade, xénero, ou discapacidade. |
A16 |
Deseñar, programar e desenvolver actividades esenciais da motricidade humana: o xogo, a danza e a expresión corporal, o exercicio e as actividades no medio natural, no ámbito educativo, recreativo e da actividade física e saúde, promovendo a igualdade de dereitos e oportunidades e evitando a exclusión en función do xénero e a discapacidade. |
A17 |
Programar e desenvolver actividades físico-deportivas no medio natural, no contexto educativo e recreativo, favorecendo a participación á que todos teñen dereito e evitando a invisibilidade por razóns de xénero ou discapacidade. |
B1 |
Coñecer e posuír a metodoloxía e estratexia necesaria para a aprendizaxe nas ciencias da actividade física e do deporte. |
B2 |
Resolver problemas de forma eficaz e eficiente no ámbito das ciencias da actividade física e do deporte. |
B3 |
Traballar nos diferentes contextos da actividade física e o deporte, de forma autónoma e con iniciativa, aplicando o pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Trabajar de forma colaboradora, desenvolvendo habilidades, de liderado, relación interpersoal e traballo en equipo. |
B5 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán. |
B6 |
Dinamizar grupos nos diferentes ámbitos do exercicio profesional. |
B7 |
Xestionar a información. |
B8 |
Desenvolver hábitos de excelencia e calidade nos diferentes ámbitos do exercicio profesional. |
B10 |
Saber aplicar as tecnoloxías da información e comunicación (TIC) ao ámbito das Ciencias da Actividade Física e do Deporte. |
B11 |
Desenvolver competencias para a adaptación a novas situacións e resolución de problemas, e para a aprendizaxe autónoma. |
B12 |
Coñecer os principios éticos necesarios para o correcto exercicio profesional e actuar de acordo con eles. |
B13 |
Coñecer e aplicar metodoloxías de investigación que faciliten a análise, a reflexión e cambio da súa práctica profesional, posibilitando a súa formación permanente. |
B14 |
Comprender e aplicar a lexislación vixente relativa ao marco das actividades físicas e deportivas nos distintos ámbitos: educación, deporte, xestión, lecer e saúde. |
B15 |
Comprender e saber utilizar as importantes posibilidades que a educación física e o deporte teñen para xerar hábitos sociais e valores democráticos (coeducación de xéneros, respecto á diversidade social e cultural, cooperación, competición respectuosa, compromiso co contorno…). |
B16 |
Dominar habilidades de comunicación verbal e non verbal necesarias no contexto da actividade física e o deporte. |
B17 |
Promover e avaliar actividades de ampliación curricular, referentes á creación de hábitos autónomos de actividade física e deporte. |
B18 |
Comprometerse e involucrarse socialmente coa súa profesión e en concreto, coa situación actual da actividade física e o deporte na educación formal; coa xestión do centro educativo; cos seus compañeiros (traballo cooperativo) e con aqueles aos que educa. |
B19 |
Exercer a profesión con responsabilidade, respecto e compromiso. |
B20 |
Coñecer, reflexionar e adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e o traballo en equipo a partir das prácticas externas en algún dos principais ámbitos de integración laboral, en relación ás competencias adquiridas no grao que se verán reflectidas no traballo fin de grao. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as principais fases de formación da profesión de docente, e desenvolver, na medida do posible, estratexias para potenciar as habilidades ou competencias docentes con respecto á formación docente e os obxectivos e contidos do programa, co obxecto de vincular a súa futura actuación profesional con criterios de calidade educativa. |
A4 A8 A11 A13
|
B1 B2 B4 B5 B6 B8 B10 B11 B14 B15 B16 B18 B19 B20
|
C1 C3 C4 C6 C7
|
Identificar os distintos niveis do actual sistema educativo propostos nas Leis Educativas, as súas características fundamentais e, sobre todo, os aspectos máis relevantes que inciden na perspectiva da intervención didáctica. |
A4 A8 A9 A10 A11 A13 A17
|
B4 B7 B8 B11 B12 B14 B16 B18 B19 B20
|
C1 C3 C4 C7
|
Coñecer e comprender a teoría do currículo, as súas diferentes dimensións ideolóxico-teórico-prácticas e a súa aplicación práxica ao actual proceso educativo promovido pola lexislación educativa. |
A4 A7 A8 A9 A10 A11
|
B3 B5 B14 B15 B16 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Coñecer os fundamentos básicos da Planificación e Programación Didáctica da Educación Física, incidindo sobre todo nos que promove a lexislación educativa en canto ás diferentes etapas educativas en que se estrutura, incidindo prioritariamente na Educación Secundaria. |
A4 A7 A8 A9 A10 A11
|
B3 B5 B14 B15 B16 B18
|
C1 C3 C4 C7
|
Elaborar unha proposta curricular para unha etapa determinada no marco institucional dun centro educativo "tipo", desenvolvendo un ou varios elementos da Programación didáctica da área de E. Física, respectando os factores determinantes e condicionantes dun proxecto curricular de centro.
|
A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A14 A16 A17
|
B1 B2 B4 B5 B7 B10 B12 B14 B15 B16 B17 B19
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8
|
Conceptualizar, identificar e saber aplicar as habilidades docentes encamiñadas á consecución dunha práctica de "calidade" no ensino, relacionándoas coas fases do proceso de E/A e especialmente cos estilos de ensino. |
A4 A6 A7 A8 A11 A12 A13 A16 A17
|
B1 B2 B4 B5 B7 B8 B10 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B18 B19
|
C1 C3 C4 C6 C7 C8
|
Elaborar propostas e modelos de Avaliación e Control para os diferentes elementos do proceso didáctico, baseándose nunha análise sistemática da praxe enfocada cara á calidade docente , e tendo en conta as formulacións educativas propostos a nivel lexislativo. |
A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A14 A17
|
B1 B4 B5 B7 B8 B10 B12 B13 B14 B15 B16 B17 B18 B19
|
C1 C3 C4 C6 C8
|
Explicar cales son e como funcionan os diferentes niveis organizativos que configuran un centro educativo, incidindo prioritariamente nos aspectos concernentes aos departamentos didácticos e as súas propostas de actividades, tanto docentes, como complementarias e extraescolares. |
A4 A8 A10 A13
|
B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B12 B14 B15 B16 B18 B19
|
C1 C3 C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque I: O Curriculum e o Proceso de Ensino/Aprendizaxe da Educación Física e do Deporte |
Tema 1: O proceso de formación do Profesor de Educación Física e do Deporte
Tema 2: O Curriculum.
Tema 3: Características Básicas do Sistema Educativo.
Tema 4: Deseño Curricular da E.Física no Marco da Educación Formal, tanto a nivel Estatal como Autonómico.
Tema 5: Desenvolvemento Curricular: Planificación e Programación do Ensino na E. Física escolar, e na actidade física e o deporte.
Tema 6: A Unidade Didáctica. |
Bloque II: Observación, Análise e Avaliación do ensino da Educación Física e do Deporte |
Tema 7: A Avaliación na E. Física e nas actividades físicas e o deporte.
Tema 8: Identificación de habilidades docentes: Observación e análise do Ensino na E. Física como instrumento de mellora da práctica e a súa avaliación nas distintas fases do proceso de E/A. Estilos de ensino e habilidades do docente. |
Bloque III: Tarefas Docentes |
Tema 9: Estrutura funcional dos Centros Docentes: Regulamento Orgánico de Centro, NOF e a práctica educativa. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A4 A7 A9 A10 B1 B7 B10 B12 B13 B14 B15 B17 B18 C3 C4 C6 C7 C8 |
30 |
64 |
94 |
Aprendizaxe colaborativa |
A5 A6 A8 A9 A11 A12 A13 A14 A16 A17 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B14 B16 B18 B19 B20 C1 C3 C4 |
6 |
12 |
18 |
Discusión dirixida |
A5 A6 A8 A11 A13 B2 B4 B5 B6 B7 B10 B11 B12 B16 B18 B19 B20 C1 C3 C4 C6 C7 |
3 |
3 |
6 |
Presentación oral |
A9 B1 B2 B4 B5 B7 B8 B10 B11 B12 B16 C1 C3 C4 C6 |
4 |
8 |
12 |
Traballos tutelados |
A6 A8 A9 A10 A11 A12 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B10 B12 B14 B16 B18 B20 C1 C3 C4 C6 C8 |
4 |
10 |
14 |
Proba mixta |
A4 A10 A13 B7 B14 B16 C1 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Aprendizaxe colaborativa |
Realización de actividades de ensino-aprendizaxe guiadas de forma presencial e/ou apoiados con Tics., que se organizan en pequenos grupos de alumnos/as que traballan de forma conxunta na resolución de tarefas asignadas polo profesor, para optimizar o seu propio aprendizaxje e o doutros membros do grupo. |
Discusión dirixida |
Realizaranse grupos reducidos de traballo nos que se desenvolverán de forma autónoma por parte dos alumnos/as aspectos básicos do tema, discutiranse en pequeno grupo seguindo as pautas marcadas no guion do tema de discusión, e con posterioridade elaborarase un documento por escrito cos aspectos principais e as súas conclusións. Será obxecto de AVALIACIÓN tanto a discusión/presentación realizada como o documento elaborado. Poderase contemplar no apartado de avaliación como traballo voluntario, sempre e cando realícese na súa totalidade. |
Presentación oral |
Exposición oral, con utilización dos Tics., sobre traballos elaborados por parte dos alumnos de forma individual ou colaborativa. |
Traballos tutelados |
Traballo elaborado en pequeno grupo consistente na realización dun ou varios elementos dunha programación didáctica, enmarcada nunha Programación Didáctica de E. FÍSICA para unha etapa educativa determinada.
Este traballo e a súa presentación/defensa terá carácter de obrigatorio, e computará a efectos de avaliación e de cualificación final do alumnado. |
Proba mixta |
Constará da realización dun exame final na 1ª oportunidade de Xuño e, no seu caso, na 2ª oportunidade de Xullo, composto dunha parte conceptual, en 1ª oportunidade tipo test e en 2ª pregunta curta, e outra de preguntas de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo indispensable superar cada unha das partes nun 50% para a obtención do aprobado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
|
Descrición |
Seguimento da realización de traballos tutelados e de revisión sobre os temas da materia, así como a presentación e discusión pública dos máis relevantes.
Realizaranse titorías persoalizadas, ou en pequeno grupo, de seguimento da materia e sobre as posibles dificultades xurdidas no desenvolvemento das tarefas y traballos da mesma. Estas titorías realizaránse prioritariamente de xeito presencial, pero, en caso de necesidade ou continxencia, realizaránse vía Teams, complementándose coa utilización da plataforma Campus Virtual e o correo electrónico
Cando un alumno/a teña dificultades para o seguimento do curso, e polo tanto na avaliación, por ter matrícula parcial ou outras situacións, se valorará por ambalas partes a mellor maneira para adaptar as accións que se levarán a cabo, sen xerar disfuncións coas formulacións xerais nos diferentes apartados da presente Guía Docente.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A6 A8 A9 A10 A11 A12 A16 A17 B1 B3 B4 B5 B6 B10 B12 B14 B16 B18 B20 C1 C3 C4 C6 C8 |
Este apartado constará de:
A: Elaboración dun traballo obrigatorio, individual ou grupal, consistente na realización dun ou varios elementos dunha programación didáctica, enmarcada nun PROXECTO CURRICULAR de CENTRO para unha etapa educativa determinada, segundo o guion achegado polo profesor, publicado no Campus Virtual, e que en todo caso desenvolverase nas sesións prácticas de pequeno/mediano grupo. Poderase presentar de forma práctica na aula, podendo utilizar as TIC, e este proceso formará parte da avaliación do propio traballo, no caso de non levarse a cabo a defensa nas sesións ordinarias, poderase realizar nuha sesión específica unha vez rematadas as mesmas, de xeito presencial ou vía teams.
B: Realización de traballos voluntarios, individuais ou en grupos reducidos sobre temas de interese elixidos polo propio alumnado, previa consulta co profesor da súa temática e estrutura. (Este último apartado será de execución voluntaria e complementarase coa asistencia e participación nas actividades de grupo interactivo, Aprendizaxe Colaborativa e Discusión Dirixida, desenvolvidas na aula, podendo supor un complemento equivalente a un 10% sobre a cualificación final obtida nos apartados obrigatorios)
|
40 |
Proba mixta |
A4 A10 A13 B7 B14 B16 C1 |
Constará da realización dun exame final na 1ª oportunidade de Xuño e, no seu caso, na 2ª oportunidade de Xullo, composto dunha parte conceptual, en 1ª oportunidade tipo test e en 2ª pregunta curta, e outra de preguntas de desenvolvemento ou aplicativas da materia, sendo indispensable superar cada unha das partes nun 50% para a obtención do aprobado. |
60 |
|
Observacións avaliación |
Será obrigatorio asistir ás clases, polo menos ao 65% das sesións interactivas, pequeno/mediano grupo, para poder superar a materia, no caso de non cumprir os criterios de asistencia por razóns xustificadas, a criterio do profesor, poderase suplir a mesma coa elaboración dun traballo complementario sobre a temática desenvolvida nas devanditas sesións.
Para aprobar a materia será necesario superar cada un dos apartados obrigatorios contemplados na Avaliación, considerándose como NON PRESENTADO a aqueles alumnos/ as que non se presenten ao exame final na data prevista no calendario oficial da Facultade e que non presenten o traballo obrigatorio. Tanto o exame como o resto de documentos de avaliación estarán no idioma de impartición da materia, se se desexa noutro idioma deberase solicitar para a súa preparación, polo menos, unha semana antes da data de realización do mesmo. No caso de non levarse a cabo as probas de avaliación de xeito presencial realizaránse nas plataformas institucionais ou recoñecidas pola UDC.
Cando un alumno/a teña dificultades para o seguimento do curso, e polo tanto na avaliación, por ter matrícula parcial ou outras situacións, se valorará por ambalas partes a mellor maneira para adaptar as accións que se levarán a cabo, sen xerar disfuncións coas formulacións xerais nos diferentes apartados da presente Guía Docente. Na segunda oportunidade, e na convocatoria adiantada de decembro, respectaranse as partes aprobadas durante o curso en primeira oportunidade, debéndose realizar soamente as partes pendentes. En convocatorias de cursos sucesivos, teranse que realizar a totalidade dos requisitos de avaliación contemplados na guía docente oficial aprobado polo departamento para ese curso académico.
Poderanse conservar, previa solicitude por escrito por parte do alumno/a e valoración e autorización por parte do profesor, aqueles apartados do proceso de avaliación vencellados con criterios prácticos e/ou de presencialidad xa realizados e avaliados positivamente en cursos anteriores, a condición de que coincidan en temática e requisitos de realización cos solicitados no curso académico actual (requirirán en todo caso coñecemento previo e autorización expresa por parte do profesor da materia).
A realización fraudulenta de proba ou actividades de avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario (Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, art. 11, apdo 4 b). Entenderase por fraude académica calquera comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar unha materia ou acreditar o rendemento académico (Lei 3/2022, do 24 de febreiro, de convivencia universitaria; art. 11, apdo g).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
BIBLIOGRAFÍA BÁSICANeste apartado exponse as fontes documentais básicas para o seguimento da materia, que será complementada en cada tema coa súa bibliografía específica e documentos on-line presentados no inicio de cada apartado da materia.
- Anguera, M.T. (1988). Observación en la
Escuela (colección biblioteca del maestro). Graó. Barcelona.
- Antunez, S. y otros (1992). Del proyecto
educativo a la programación de aula. Graó. Barcelona.
- Arnold, J.P. (1991). Ed. física movimiento y
currículum. Morata. Madrid.
- Barberá Albalat, V.(1989). Proyecto educativo.
Plan anual de centro. Escuela Española, Madrid.
- Blázquez, D. (1990). Evaluar en educación
física. INDE. Barcelona.
- Blázquez, D. (2016). Diez competencias
docentes para ser mejor profesor de Educación Física. INDE. Barcelona.
- Blázquez, D. (director) (2016). Métodos de
enseñanza en Educación Física. INDE. Barcelona.
- Blázquez, D. (2017). Cómo Evaluar bien en educación
física. INDE. Barcelona.
- Blázquez, D. y Sebastiani, M.E. (editores)
(2009). Enseñar por competencias en Educación Física. Barcelona. INDE.
- Cano, E. (2005). Cómo mejorar las competencias
de los docentes. Barcelona. Graó.
- Carbonel, J. (1990). La reforma a la claro.
Jaume Carbonel. Ed. Popular.
- Carreiro da Costa, F. (1995). O suceso
pedagógico em educaâo física. Ediçôes FMH. Lisboa.
- Carreiro da Costa, F. (1996).Formaçâo de
professores em Educaçâo Física: Concepçôes, investigaçâo, práctica.
Ediçôes FMH. Lisboa.
- Casamayor, G. (coord.) (2007). Los trucos del
formador: arte, oficio y experiencia.  Barcelona. Graó.
- Castejón, F.J. (1996). Evaluación de programas
en E. Física. Gymnos. Madrid.
- Clerc, F. (1995). Débuter
dans l´enseignement. Hachette. Paris.
- Coll C. (1991). Psicología y currículum.
Paidós (obligatorio)
- Coll, C. y otros (1992). Los contenidos en la
reforma. Santillana. Madrid.
- Contreras, O. (1998). Didáctica de la E.
Física: un enfoque constructivista. INDE. Barcelona.
- Contreras, O. R. y Cuevas, R. (coords.)
(2011). Las competencias básicas desde la Educación Física. Barcelona.
INDE.
- Contreras, O. R. y Cuevas, R. (coords.) (2017).
El aprendizaje basado en proyectos en Educación Física. Barcelona. INDE.
- Del Valle, S y García, M.J. (2007). Cómo
programar en educación física paso a paso. Barcelona. INDE.
- Delgado Noguera, M.A. (1991). Los estilos de
enseñanza en la E. Física: propuesta para una reforma de la enseñanza.
Universidad de granada, ICE. Granada.
- Delgado Noguera, M.A. (1997). Formación y
actualización del profesorado de E. Física y del entrenador deportivo.
Wanceulen E. Sevilla.
- Devís, J. y Peiró, C. (1992). Nuevas
perspectivas curriculares en ed. física: la salud y los juegos
modificados. INDE publicaciones. Barcelona.
- Díaz Lucea, J. (1994). El currículum de la
educación física en la reforma educativa. INDE publicaciones. Barcelona.
- Díaz, Jordi. (2005). La evaluación formativa
como instrumento de aprendizaje en Educación Física.Barcelona. INDE.
- Elliot, J. (1990). La investigación acción en
educación. Morata. Madrid.
- Escamilla, A. Y Lagares, A.R. (2006). La LOE:
Perspectiva Pedagògica e Històrica. Barcelona. Graó.
- Estebaranz García, A. (1999). Didáctica e
innovación curricular. (Serie manuales Universitarios) U. de Sevilla.
Sevilla.
- Florence, J. (1991). Tareas significativas en
educación física escolar. INDE. Barcelona.
- Florence, J.; Brunelle,
J. y Carlier, G. (2000). Enseñar educación física en Secundaria. INDE. Barcelona.
- Galera, A. D. (2001). Manual de didáctica de
la educación física II, Una perspectiva constructivista moderada:
Funciones de Programación. Paidos: E. Física. Barcelona.
- García, L.M. y Gutiérrez, D. (2016).
Aprendiendo a enseñar deporte. INDE. Barcelona.
- García Ruso, H. Mª (1997). La formación del
profesorado de E. Física: problemas y expectativas. INDE. Barcelona.
- Gervilla Castillo, A. (1986). Proyecto
educativo de carácter curricular. Magisterio Español. Madrid.
- Gimeno Sacristán, J. y Pérez Gómez, A.I. (1996).
Comprender y transformar la enseñanza. Morata.Madrid.
- González, Carlos (coord.) (2010). Los secretos
del profesorado eficaz en educación física. INDE. Barcelona.
- González Cabanach, R. (1994). Psicología de la
instrucción: el profesor y el estudiante. Universidade da Coruña. A
Coruña.
- González, Carlos. (coord.). (2010). Los
secretos del profesor eficaz en educación física. Barcelona. INDE.
- González, M.A. (1995). Manual para la
evaluación en ed. física: primaria y secundaria. Escuela Española. Madrid.
- Guia de la LOGSE. Ed. Vicents Vives.
Barcelona. 1991.
- Hernández, J.L. y Velázquez, R. (coord.)
(2004). La evaluación en Educación Física: Investigación y práctica en el
ámbito escolar. Barcelona. Graó.
- Hopkins, D. (1.989). Investigación en el aula.
Guía del profesor. PPU. Barcelona.
- Januário, C. (1996). Do pensamento do profesor
à sala de aula. Livraria Almedina. Coimbra.
- Kirk, D. (1990). Ed. física y currículum.
Universitat de Valencia. Valencia
- Latorre, A. y González, R. (1987). El maestro
investigador (colección biblioteca del maestro). Graó. Barcelona.
- Ley Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de
Educación.
- Ley Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre, para
la mejora de la calidad educativa.
- López Pastor, V.; Coordinador (1999).
Educación física, evaluación y Reforma. Gráficas Ceide, Librería Diagonal.
Segovia.
- Maccario, B. (1986). Teoría y práctica de la
evaluación de las actividades físicas y deportivas. Lidium. Buenos Aires.
- Martínez, E.J. (2001). La evaluación
informatizada en la educación física. Barcelona. Paidotribo.
- Mosston, M. y Ashworth,
S. (1993). La enseñanza de la ed.
física: la reforma de los estilos de enseñanza. Hispano Europea.
Barcelona.
- Muñoz, A. y Noriega, J. (1996). Técnicas
básicas de programación. Escuela Española. Madrid.
- Muska Mosston.(1.982). La enseñanza de la
educación física. Paidós. Barcelona.
- Novack, J.D. y Gowin, D.B. (1988). Aprendiendo
a aprender. Martínez Roca. Barcelona.
- Pierón, M. (1988). Pedagogía de la actividad
física y deportiva. Unisport Andalucía. Málaga.
- Pierón, M. (1992). Asesoramiento pedagógico:
pedagogía de las actividades físicas y deportivas. B.I.D.U. Nº 20,
Unisport Andalucía. Málaga.
- Pierón, M. (1996). Formaçâo de professores:
Aquisiçâo de técnicas de ensino e superviçâo pedagógica. Ediçôes FMH.
Lisboa.
- Pierón, M. (1999). Para una enseñanza eficaz
de las actividades físico-deportivas. INDE. Barcelona.
- Postic, M. (1978). Observación y formación de
los profesores. Morata. Madrid.
- publicaciones. Barcelona.
- Ramos, L.A. y Del Villar, F. (2005). La
enseñanza de la educación física. Síntesis. Madrid.
- Robinson, K. y Aronica L. (2015). Escuelas
creativas. Barcelona: Editorial Grijalbo.
- Salgado López, J.I.; Carrera López, C.C. y Yáñez Garrote, M. (2021). Metodología de la enseñanza de las actividades físico-deportivas. Síntesis. Madrid.
- Sarmento, P. y otros (1993). Pedagogía do
deporto. F.M.H. Lisboa.
- Sicilia Camacho, A. (2001). La investigación
de los estilos de enseñanza en la educación física: Un viejo tema para un
nuevo siglo. Wanceulen. Sevilla.
- Sicilia Camacho, A. y Delgado Noguera, M.A.
(2002). Educación física y Estilos de enseñanza. INDE. Barcelona.
- Siedentop, D. (1998). Aprender a enseñar la
educación física. INDE. Barcelona.
- Target, C. y Cathelineau,
J. (2002). Cómo se enseñan los
deportes. INDE. Barcelona.
- Tiana Ferrer, A. (2012). Los motivos de las leyes.
Revista Escuela nº 3967 (p. 3). Recuperado de http://www.colectivolorenzoluzuriaga.com/PDF/Octubre%202012.pdf.
- Tinning, R. (1992). Educación física: la
escuela y sus profesores. Universitat de Valencia. Valencia.
- Triglia, A., Regader, B. y García-Aller, J.
(2018). ¿Qué es la inteligencia? Del CI a las inteligencias múltiples.
Barcelona: Editorial EMSE EDAPP, S. L.
- Ureña, F. (2010). La Educación Física en
Secundaria basada en Competencias: Proyecto curricular y programación.
Barcelona. INDE.
- Vázquez, B, (coord.) (2001). Bases educativas
de la actividad física y el deporte. Síntesis. Madrid.
- Varios (1987). Didáctica II. Elementos de
apoio. Ed. ISEF. Universidade Técnica de Lisboa.
- Viciana Ramírez, J. (2002). Planificar en Educación Física. INDE.
Barcelona.
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Proceso de ensino/aprendizaxe da actividade física e do deporte/620G01022 | Actividade física e deporte adaptado/620G01027 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo fin de grao/620G01041 |
|
Observacións |
“Coa finalidade de mellorar o sistema de garantía
interna de calidade do noso centro, sería convinte que o alumnado atendese á
solicitude realizada pola UDC, con periodicidade cuadrimestral, respecto a
participar no proceso de avaliación das materias cursadas” e cuxa chamada
realiza baixo o nome de “AVALÍA” consistindo en responder as enquisas que
avalían a docencia do profesorado en cada materia. |
|